En entrevista para o diario El Progreso, Francisco Cacharro acusara de mentireiro a Xaquín García Díez. Este respóndelle con reproches á súa actitude.
Así resumiu o actual voceiro do PPdeG no Concello de Lugo, e candidato durante as últimas eleccións municipais, no seu balance sobre a figura de Cacharro Pardo. Outros persoeiros do PPdeG lugués se referiran criticamente nos últimos tempos ao ex presidente da deputación luguesa, a quen lle atribúen non pouca responsabilidade na perda de amplas cotas de poder na provincia.
Cacharro dispara desde El Progreso contra Barreiro e a dirección galega
"É unha solemne mentira", respondía Francisco Cacharro nas páxinas de El Progreso á pregunta do xornalista Ángel Vaqueiro, quen o interrogaba sobre a súa presunta intervención para evitar que Xaquín García Díez fose o candidato do PPdeG á alcaldía luguesa en 1999. "Dinlle a opción de repetir, e dinlla diante de testemuñas", asegura Cacharro, "o demais foi unha lenda que el se montou, de que eu lle impedía repetir como candidato. Iso non é verdade, e el saberá por que se quixo facer a vítima".
Na mesma entrevista, Cacharro renuncia a ser considerado o "padriño" de Xosé Manuel Barreiro en política, reprochándolle que "dimitiu desde o primeiro día como presidente provincial para ser un boneco dirixido por control remoto desde Santiago e desde Madrid". "Díxoo o señor Fraga o ano pasado, que eu era un desobediente. Claro, si. A miña función non era ser obediente, senón reivindicar o que fose necesario, para o partido e para a provincia", defende Cacharro durante a entrevista.
Y efectivamente, eso fue lo que sucedió. Que no supo irse. Pero al que no sepa irse, se le echa y encima se le pone de vuelta y media. Y este Cacharro es un sinvergüenza que se ha aprovechado de la política y del Partido Popular. Y esto se lo dice un compañero de partido.
O importante é que marchou. Xa era hora de desprendernos dun dos maiores caciques dos últimos tempos, en Lugo quedamos descansados. Ós do pp decirlles que mentres lles acadou votos, ninguén lle tusía, cando empeza a molestar porque non mantén as súas prebendas, pois xa se ve...
Como lucense que padeceu o cinismo, a chularia e o caciquismo cacharristas, só esperar que volte para o seu Jaén natal e que nom venha por aqui NUNCA MAIS.