Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crónica dende a India (10)

Crónica dunha inxustiza anunciada

María Reimóndez fálanos das escasas axudas que están a recibir da Dirección Xeral de Cooperación, e cóntanos un accidente que sufriu que, ao final, quedou nun susto.

María Reimóndez - 09:30 10/08/2007
O alpendre derrubado pola chuvia / Foto: María Reimóndez

O alpendre derrubado pola chuvia / Foto: María Reimóndez

A semana comeza mal. Comeza moi mal, en realidade. Comeza cunha inxustiza anunciada e da que terei que escribir mellor noutro momento e noutro lugar con máis vagar. Hai meses, antes de vir planificar o proxecto que debe dar continuidade ao noso traballo e ao de PDI en Tamil Nadu despois do remate de Tiruchy recibín unha estraña chamada dun dos asesores da Directora Xeral de Cooperación na que insistía moito na posibilidade de que este ano (despois de oito, se non recordo mal, cofinanciando os nosos proxectos na India) non se nos financiase o proxecto. A proposta aínda nin se presentara e as razóns comentadas non eran nin sequera verdadeiras (que a India non é país prioritario e que pensaban limitar os fondos só aos países prioritarios en breve: a India NUNCA foi país prioritario e os fondos non os poden limitar polo Plan Director aprobado no Parlamento que indica claramente que só poden investir o 70% dos fondos nos "países prioritarios"). Pero a Dirección Xeral ten un interese que non lle corresponde ao noso entender de "organizar" (tamén denominado noutros contextos coloquiais "mangonear") o traballo das organizacións con certos discursos que aparentemente son moi bonitos (calidade e transparencia, sen problema pola nosa parte cando se fan dende o coñecemento do terreo que se traballa e dunha forma participativa, que é o que nos esixen a nós no traballo coas comunidades) pero que no fondo agochan a posibilidade enorme de manipular.

O problema é que hai algunhas organizacións que non nos deixamos. Porque entendemos que o papel da administración non é tomar decisións sobre onde debemos realizar o noso traballo nin moito menos minar a nosa capacidade crítica e de mobilización social (como por exemplo propoñendo que invistamos en campañas de publicidade no canto de en actividades que traballen realmente coa poboación, pouco a pouco pero en profundidade). A ignorancia da administración chega a puntos irritantes. Pois ben, tal e como esperabamos despois das sutís indicacións mesmo antes de presentar o proxecto, e malia a afirmación feita nunha reunión comigo polo mesmo asesor de que somos unha das organizacións que mellor traballamos, non se financiou. Si nos financiaron unha pequena iniciativa en Etiopía, un país neste momento moi interesante dende o punto de vista político (hai que ver unicamente o número de adoptantes que xa hai na nosa comunidade autónoma), cun proxecto que tecnicamente era máis pobre (se ben digno, pero non comparable) có do Corredor de Desenvolvemento para o estado de Tamil Nadu onde o obxectivo é poñer en marcha un proxecto integral (como este de Tiruchy) en tres distritos e traballar con 32.000 persoas no rural e no urbano.

Temos opinións expertas sobre o proxecto para dicir o contrario desa decisión contra a cal non cabe reclamación e sobre todo temos a enerxía suficiente para facer máis aínda pola nosa parte. Da nosa parte tamén a honestidade de que non nos vaia no que dicimos nin o traballo nin os cartos, que é a vantaxe que temos as persoas que facemos este traballo de maneira profesional pero non remunerada, porque nos sae de dentro e porque entendemos estar no mundo dunha forma rebelde. Pero necesitamos máis rebeldes, agora máis ca nunca. A vós que estades aí do outro lado, se algunha vez pensastes en formar parte de Tiruchy, destas pequenas ventás que se poden facer máis grandes, é o momento. Necesitamos máis que nunca socias e socios e doazóns que nos axuden a cubrir o obxectivo dos 60.000 euros que se precisan para o proxecto.

A diferenza entre un susto e unha desgraza (ou de como non nos matamos de milagre)

Onte comprendín que a diferenza entre un susto e unha desgraza son uns meros segundos de sorte. Estamos a mércores pola mañá e non sei se esta semana fatídica se vai endereitar. Dicir a frase aínda me dá susto pero onte case me mato. E comigo Yanira e un grupo de nenas e nenos e mulleres de Mahalakshmipuram. Como cada día estaba co meu traballo no suburbio e xusto ao rematar a pequena dinámica que fago coas mozas e os mozos comezou a chover unha choiva grosa de monzón así que nos fomos refuxiar no alpendre que a comunidade construíu para dar as clases de apoio. A auga arreciaba e non tiña moita traza de ir parar en horas. Unha muller, xa enchoupada, foi buscar uns paraugas e comezou a levar as nenas e nenos de tres en tres para as súas casas. Foi no medio dese proceso cando en cuestión duns segundos notamos que o alpendre comezaba a abanear e efectivamente a virse abaixo.

A miña primeira reacción foi termar do teito, que me foi arrastrando ata o interior da estrutura, que por sorte aguantou a altura suficiente para non esmagarnos de todo. Yanira e mais eu comezamos a levantar o teito co pánico de que algunha nena ou persoa maior estivese esmagada debaixo do alpendre, e axiña viñeron un par de homes axudar e saímos de alá abaixo entre a confusión da noite, o susto das nenas que choraban e a auga que non deixaba de caer. Fomos correndo a unha casa contigua despois de comprobar que os choros eran de nervios e que todo mundo estaba ben. Excepto Fatima, a animadora, e Jeyalakshmi, a nosa traballadora social, que as dúas levaran golpes, a perna de Fatima quedara atrapada uns intres e Jeyalakshmi levara un golpe cunha das trabes (podo asegurar que ben pesadas) na cabeza e no ombreiro. Cando demos conseguido que chegase un rickshaw no medio de tal choiva levámolas ao médico. Polo camiño o rickshaw quedou atorado nunha poza (de feito pensamos que ía dar a volta completa), tivemos que baixar empurrar coa auga ata os xeonllos. Visita ao hospital, alivio ao comprobar que non había nada roto, nada máis golpes que tratar con analxésicos. Cando chegamos á casa co susto no corpo teño lama nos pés, no pelo e nos brazos e o sari, as enaugas, a blusa, as bragas e o suxeitador enchoupados de auga, e Yanira comenta que por primeira vez dende que chegou agradece a calor que fai ao chegar á casa. Hoxe dóeme a gorxa, pero iso non é nada comparado con que a unha a esmague un alpendre. E así queda demostrado que non fai falta unha tsunami para matar ás persoas que non viven en condicións dignas (na época das choivas son moitas as casas que caen nos suburbios porque teñen uns alicerces inexistentes ou teitos que non resisten). E tamén que despois de contar todo isto aínda non me pasou o susto de pensar que non chegaría ao venres, que fago os trinta e dous. Mandade unha figa!


4,17/5 (6 votos)


Comentarios (4)

IgnacioMargall #1 10/Agosto/2007 IgnacioMargall
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Teniendo en cuenta que en 2006 habia 61 empresas de la India en el ET 500, ya podian ellos tambien invertir un poquito en su pais. Digo el ET 500 como podria decir cualquier otro indicador. La India no es un pais pobre, es un pais muy rico donde la riqueza esta muy mal repartida. Claro, este es tambien el caso de muchos otros paises del llamado Tercer Mundo. Si, pero la diferencia es que en otros paises la mayor parte de los recursos estan explotados por empresas extranjeras (de una forma tipicamente colonial). En la India tambien, pero la India tiene ademas enpresarios autoctonos que amasan algunas de las mayores fortunas del mundo, mientras sus conciudadados viven en la miseria. Lo que haga o deje de hacer la Xunta en la India es irrelevante.

Xiurisma #2 11/Agosto/2007 Xiurisma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dá a impresión de que non coñeces a realidade da India, un país inmensamente grande e variopinto... E o que faga ou deixe de facer a Xunta onde sexa NON é irrelevante, porque a Xunta está financiada e financia os proxectos cos cartos de contribuíntes, cos nosos cartos, cos meus cartos. E se hai un Plan Director aprobado no Parlamento galego, como di María Reimóndez, que estipula canto se debe gastar en que cousa (70% en países prioritarios, 30% restante en proxectos que as ongds galegas presenten e que se valorarán pola súa capacidade organizativa e número de persoas beneficiarias), entón ese Plan débese cumprir.
Tamén en Galiza temos empresas autóctonas, algunhas delas das máis importantes do mundo (Inditex, Pescanova) (que entre outras cousas fan a súa riqueza a base da explotación). E cando uns nefastos e necios politicuchos nos mandan a merda e o chapapote dun petroleiro errante (Prestige), ben que AS E OS VOLUNTARIOS viñeron a Galiza botar unha man. Se fosen coma ti ben poderían ter dito: "Galiza xa ten empresas ricas".
Está claro que os indicadores que manexas son simples de máis para reflectir unha realidade complexa.

Sara_Mago #3 11/Agosto/2007 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Perdona, pero esas empresas de las que hablas no son gallegas. Hace mucho tiempo que tienen domicilio fiscal en Madrid. Por lo tanto, son empresas madrilenas. Ademas, Amancio Ortegas, segun los limites geograficos oficiales, no es gallego. Que empezase su carreras explotando a las costureras gallegas para pasar despues a explotar a las de otros paises tercermundistas, fue solo una cuestion de oportunidad.

Lo que yo digo es que si no se atacan las causas estructurales de la pobreza no podemos hablar de "solidaridad" si no de simple caridad tipo "apadrina a un negrito" que no soluciona nada y ademas contribuye a perpetuar el problema. Dado que el dinero que pueda invertir la Xunta en obras caritativas va a ser siempre ridiculo y no a solucionar nunca nada en ningun sitio, yo lo que propongo es que se utilice en paises en los que existe un mayor compromiso con la reparticion de la riqueza y/o en paises realmente pobres (o en situaciones de emergencia). Invertir en paises ricos en los que la gente se muere de hambre porque la riqueza esta mal repartida es tirar el dinero y premiar la explotacion. Hay que premiar la solidaridad y el igualitarismo. Como hace Cuba. Aunque ya se que me va a caer una lluvia de piedras por decir esto.

http://www.cubainformacion.tv/

Y, tienes razon, no se nada de la India. Solo lo que leo en la prensa, que ya sabemos que es una pesima fuente de informacion. Pero, segun The Economist, hay mas millonarios en la India que en muchos paises occidentales. Y no solo hay mas, si no que tienen mas dinero.

IgnacioMargall #4 11/Agosto/2007 IgnacioMargall
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El mensaje anterior fue enviado por mi. No me habia dado cuenta de que otro usuario habia dejado su sesion abierta ;) Pido disculpas y me responsabilizo de las opiniones vertidas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: