Consideran que as investigacións sobre as decisións políticas da Xunta durante o mandato do PPdeG deben ser promovidas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A Fiscalía Anticorrupción rexeita así pronunciarse sobre a denuncia posta polo Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol. Hai un mes, o Comité solicitara que se investigasen as decisións da Xunta no momento en que a presidía Manuel Fraga ao respecto da instalación da planta de gas na ría.
A denuncia incluía entre outros o convenio de colabora que Fraga asinara en xullo de 2000 cos socios de Reganosa e onde se estabelecía unha cláusula de confidencialidade pola cal o Goberno se comprometía a asegurar a viabilidade económica da planta no caso de existiren problemas. Así, o executivo do PPdeG prometía, segundo denuncia do Comité, axilizar subvencións e trámites en favor da empresa.
A denuncia implica tamén ao ex conselleiro de Economía, Xosé Antonio Orza, quen admitiu a súa participación en empresas do Grupo Tojeiro, principal impulsor da regasificadora. Ademais, sublíñase de novo a denuncia pola escolla de localización para a planta mesmo antes de existir estudo de impacto ambiental e malia haber xa informes de Enagas que desaconsellaban o lugar que ocupa actualmente.
Outra volta pasándose a pataca quente!
Esperemos q o TSXG emita sentenza antes de q morra ese corrupto.
Canta inxenuidade, confiar na "xustiza" para resolver problemas de raiz política ou calquera outro problema. Tentar encausar ao PPeros é perder o tempo e crer en paxariños preñados.
Menos mal que, coma sempre, estas ti para abrirmono-los ollos e facernos cair da pola.
Que se leve a loita ata onde se poida. Non é inxenuidade, é xustiza. E se cadra no futuro os que fan estos apaños pénsano duas veces antes.
Pero vos credes que algún xuiz/tribunal vai meter a Fraga nun xuizo??...En serio :-(), pensaba que era todo unha broma. Mima!
Xa vedes que as unicas "sentenzas" duras son as do tribunal de contas, e porque non ten efectos penais... senon o Pérez Varela debería estar co traxe de listas. Pero claro, ademais de que é un túzaro, hai que demostrar que cometeu delicto e iso é máis complicado. A dilapidación de cartos deste señor suma máis que o todo os presos da cadea e non pasa nada.....
As cousas se conseguen por presión popular e ou resultados eleitorais, e se se quer trasladar reganosa a manifestarse tocan. Esquecede os tribunais que non vai levar a nada, máis que pensar que se fai algo e desmobilizar. Moi habitual nos nosos conflictos patrios.
E neste caso REGANOSA se trasladará se hai presión popular e efectos eleitorais, senon nin se moverá.
Ala, a traballar!
o final vaise descubrindo todo o que fixeron estes caciques!
han pagar por elo, ou iso espero.
e ainda lles queda moito!
Todo o que se faga nesta dirección contribuirá a que, dalgún xeito, os ladróns paguen. A presión popular é importante, por non dicir imprescindíbel, pero o uso dos tribunais tamén, sobre todo para os inxenuos que aínda damos algún crédito á democracia e malia a que o poder xudicial dá mostras cada día de posicionamento político... Non gaña o que corre moito, gaña o que non cansa nunca (proberbio galego).
A ver, imos poñer un exemplo ven clariño e moi coñecido pola pelicula recente "HEROINA".
Que condeou e meteu na cadea ao narcos galegos, a xudicatura, si... mais despois de anos de loita incansábel de nais e pais de rapaces e rapazas enfermos e mortos pola droga.
E isto segue a ser así con todos os "delictos" que inda non son considerados como tais na sociedade. E o que Fraga e os seus piratas fixo non é considerado delictivo. Hai que seguir pelezando para que o sexa e aos xuices non lle quede máis que cumprir a demanda da presión da sociedade manifestada de todos os xeitos posibeis.
Repito: a traballar na rúa e esquecer os escritorios dos señores (e señoras) da toga....