Un día despois de que a Consellaría de Presidencia avanzase o proxecto, o alcalde de Vigo, Abel Caballero asegura ter o compromiso para que a área metropolitana de Vigo siga o modelo estabelecido anteriormente.
O rexedor vigués saiu esta quinta feira ao paso da iniciativa presentada o día anterior en Pontevedra, segundo a cal a reformulación do proxecto de área metropolitana de Vigo inclúe o estabelecemento dunha área conxunta Vigo-Pontevedra.
Abel Caballero afirmaba ter falado xa sobre o asunto co conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, e di contar co compromiso do Goberno para que a área metropolitana acolla unicamente os 28 concellos xa fixados no seu momento no contorno da comarca de Vigo. Caballero indicou ademais que "a ratificación e aprobación" do proxecto se produciría "de xeito inmediato". Caballero opina que a área metropolitana de Vigo tal e como se deseñara con anterioridade responde ao compromiso que o PSdeG defendera durante a última campaña electoral.
Así e todo, na mañá deste mesmo xoves e nos micrófonos da Radio Galega, o conselleiro de Presidencia reiteraba que a vontade da Xunta é estender o proxecto inicial e insinuaba que "Vigo debe ser consciente de que alén da complexidade, o obxectivo debe ser máis ambicioso e corresponderse co momento actual do desenvolvemento económico de Vigo e a súa área de influencia".
pelexa PSOE-viguesa? pelexa PSOE coruñés-viguesa? lio bipartitico?
E logo que esperabamos, se non se coordina o bipartito, van coordinar Caballero e Romeu?
Xa estamos co localismo de sempre!!!
Ao final pedirá que Vigo e comarca sexan a 5ª provincia galega coma o PG de Soto; como me amola a xente esta corta de vista e de entendedeiras.
pois pra a gente corta vista: vigo é a cidade mais grande de galiza e importante economicamente. nom se lhe pode frear como o estam a fazer con isto. ja vai no tempo que deveria estar estavelecida o área metropolitana. e agora estam coa de corunha e ponte-vedra pq nom sei, estas cidades teram envexa, ou algo asi. com esta tardanza nom vamos a ningures.
e o da capital é outro tema porque por ser capital há mais cartos, cartos que seria melhor investidos em vigo que em ponte-vedra. o mesmo que si se superam os 300000 censados pero claro assi vamos.
Hai dous proxectos de área metropolitana un Pontevedra-Vigo e outro A Corunha-Ferrol. Se Vigo quédase coa área metropolitana que quere Caballero (sen Pontevedra e outros municipios) terá mais habitantes e poder económico a área Corunha-Ferrol. ¿Entendes alexinho?
O tema é complexo. Por unha banda é lóxica a area Pontevedra-Vigo, pero por outra, Vigo ten capacidade para ser cabeza dunha area propia. Nas dúas opcións, onde quedarían situados concellos como Tui, Porriño, Ponteareas, Salvaterra...etc...?
Estamos ante unha complexa situacion, pero que hai que abordar. As provincias non teñen sentido, as deputacións non teñen sentido, pero hai que diseñar entre todos/as un novo mapa administrativo sen caer nos típicos localismos que non conducen a nada máis que a empobrecernos a todos/as.
Lo de Méndez Romeu fue una ocurrencia del momento y sin pensar, como los 2.500 euros de Zapatero, y ahora pasa lo que pasa, que le tienen que ir dando forma, rectificar, cambiar lo dicho, un poco hacia adelante, otro poco hacia atrás...
El caos socialista de siempre, vamos.
Joder Gaviotero, o teu éche incorrexible; nunha nova na que se pode opinar sen ter en conta a cor política e simplesmente comentar que che parece a decisión dun ou doutro, xa aproveitas pra meter caña e dicir "el caos socialista de siempre".
Coma sen non houbera caos no PP ou no BNG...
De tódolos xeitos non creo que sexa unha opinión do momento, senón que é unha cousa ben pensada e da que nos poderíamos beneficiar moitísim@s galeg@s a moitos níveis, o que ocorre é que hai moit@s que seguen a pensar en clave minifundista nunha Galiza urbá do século XXI.
Mágoa.
Saude e a ser máis constructiv@s!!!
zi zeñó!!!
aí aí
a galicia cidade única que quería Don Manuel...
merda de civilización extremo-acidental!