Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A prensa internacional protesta

Putin reclúe nun psiquiátrico unha xornalista tras escribir un artigo crítico contra o centro

A prensa internacional protéstalle a Putin pola reclusión nun psiquiátrico dunha activista opositora rusa, que está pechada á forza dende hai un mes.

Redacción - 17:45 09/08/2007
A xornalista era crítica co goberno de Putin

A xornalista era crítica co goberno de Putin

Larisa Arap, xornalista rusa contraria ao réxime do presidente dese país, Vladimir Putin, está internada á forza no psiquiátrico de Múrmansk, a 1.500 quilómetros ao norte de Moscova. Pouco antes de entrar no centro, tiña denunciado nun artigo o trato vexatorio que se lles daba aos enfermos do mesmo centro psiquiátrico.

Agora a prensa internacional, encabezada pola Asociación Mundial de Xornais (WAN) e o Foro Mundial de Editores (WEF), protéstanlle a Putin pola detención da súa colega. Na carta que lle enviaron ao presidente ruso as dúas asociacións din que a detención pola forza da xornalista "lembra os abusos dos dereitos humanos na era soviética", xa que neste época, segundo din, empregábanse os hospitais psiquiátricos para illar e castigar os presos políticos, e para desacreditar as súas ideas, contrarias ao réxime.

As dúas asociacións tamén piden que entre no asunto o mediador dos dereitos humanos Vladimir Lukin, e a conselleira presidencial para os dereitos humanos, Ella Panfilova.


5/5 (3 votos)


Comentarios (11)

Sara_Mago #1 10/Agosto/2007 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vladimir Putin presidente da Galiza ja!

ecoe #2 10/Agosto/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei, podia que sexa certo, mais semella a bazofia da guerra contra as Rusias que os USA impoñen e están a implementar!

Barcelos #3 10/Agosto/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É que hai que estar tolo para criticar a Putin en Rusia. E tivo sorte que non a mataron con Plutonio.

Xeonllo #4 10/Agosto/2007 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dáme a impresión de que algúns aínda pensan que en Rusia seguen a vivir no réxime da Unión Soviética.

Hoxe Rusia é un país capitalista e opresor das nacionalidades que aínda non se independizaron, malia chamarse ironicamente o seu sistema coido que "Unión de Estados Independentes". O que ocorre en Chechenia é unha masacre e unha violación dos máis elementais dereitos dun pobo que, lamentablemente e como reacción, vai caer nas mans do integrismo islámico. Putín (nada de "Putin" sen til) ou Putón enfréntase cos ianquis porque as potencias capitalistas teñen enfrontamentos polos seus intereses, ¿e que?

O Putín, o envelenador de voces críticas ou adversarios, asasino por encargo de xornalistas opositores, é un individuo que me produce náuseas.

Sara_Mago #5 11/Agosto/2007 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coincido com que Putin é um cabrom cobiçoso. Mas, sofrindo como sofrimos a impressa galega (ou impressa espanhola na Galiza) e espanhola, acho irresistivel a ideia de meter uns quantos num psiquiatrico.

Blanco Valdes, Calaza, Navaza,...

Barcelos #6 12/Agosto/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E onte a URSS era un país comunista opresor das nacionalidades e das persoas, que na vida podíanse independizar, incluídos os países de Europa que nada tiñan que ver con eles: Polonia, Hungría, Bulgaria, Alemaña DDR...

"O fillo de Putín ese" non é peor nin mellor que Stalin.

Xeonllo #7 12/Agosto/2007 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Barcelos:

A URSS tiña na súa constitución o dereito de autodeterminación das nacionalidades. Iso, o primeiro. Os países da Europa do leste de fóra da URSS eran independentes, aínda que a URSS teña intervido nalgúns casos (Hungría, Checoslovaquia) cando se quixeron facer cambios supostamente procapitalistas. Mais, por exemplo, Albania non só se independizou totalmente da infulencia soviética senón que foi antisoviético e trataba á URSS ao mesmo nivel que calquera país capitalista.

Por outro lado, ningún país "comunista" -que nunca houbo un- ou "socialista" -que é dubidoso que o teña habido- oprime ningunha nacionalidade porque iso vai contra o socialismo por definición. Houbo, si, certos países que se achegaron algo ao socialismo e que conseguiron cousas moi interesantes aínda que non son máis que un pálido reflexo do que realmente ten que ser o socialismo: por exemplo, unha medicina de calidade e gratuita para todo o mundo, medicina pública, se existir a privada. Pleno emprego tamén. Ou erradicación total do analfabetismo. O que pasa é que temos que ter en conta que, mentres o capitalismo é un sistema demostradamente inxusto (non todo nel é "democracia", nin moito menos), o socialismo ou comunismo está historicamente falando na prehistoria, os seus primeiros intentos de aplicación precisan moita mellora e conseguir esa mellora e que realmente se aplique algunha vez é unha necesidade imperiosa e, non obstante, o pensamento único consiste en dicir que o bo é o capitalismo, que o comunismo "xa se demostrou" que non serve, etc.

É dicir, non podemos agardar que os grandes intereses económicos non vaian utilizar todo o que teñen na súa man (que é moitísimo) para defenderen os seus privilexiados intereses e denigraren precisamente o que vai contra eles, que é o socialismo. Trátase, por tanto, de que a xente non se deixe manipular.

Gaviotero #8 12/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cualquier día Angelito Quintana o su lugarteniente Antonio Losada nos recluyen en un psiquiátrico a cualquier periodista crítico...:)

teixugo #9 12/Agosto/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NÃO VOS ENGANEDES DE MANEIRAS, NINHADA DE RATOS!!!!!!!!!!

xacataca #10 13/Agosto/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nin Quintana nin Losada, ha de ser o pobo galego soberano o que decida o que facer cos fascistas coma ti, Gaviotero.

Bule, que aínda estás a tempo de que che busquen un posto en Madriz, a beiriña de Acebes ou mesmo na FAES.

Aquí estás politicamente morto.

Barcelos #11 14/Agosto/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O comunismo e socialismo están moi ben e o cristianismo tamén. Os que non están ben son os fanáticos que se autoproclaman así mesmo representantes de devanditas doutrinas e acaban con todos os que non pensan como eles.

Nin a URSS foi socialista nin a Igrexa católica é cristiá. Así terminou unha e non tardará en rematar a outra que xa lle vai durando bastante, logo de máis de 1.000 anos de inquisicións e barbaridades.

Non por estar contra as barbaridades de Bush e dos seus amigos de Israel, hai que crerse que os seus inimigos son mellores. Nin os países mal chamados comunistas nin os fanáticos musulmáns, nin a nova Rusia de Putín son a panacea.

Que é o bo entón?. Non o sei. Segue buscando como fago eu e a ver se hai sorte e atopas a alguén.

No poder hai poco bon.

O mellor: o porco. Non ten nada de desperdicio

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: