Esta madrugada un grupo de mozas e mozos sacharon nos buratos dos campo de golf de varias vilas galegas. Tamén en Pontevedra houbo accións esta noite contra as corridas de touros.
Os activistas empregaron o sacho
Na madrugada da quinta feira 9 de agosto un grupo de mozos e mozas independentistas de Vigo sacharon no campo de golf do Real Aero Club da cidade baixo o lema "A terra é nossa", para deste xeito denunciaren a destrución da terra, "unha realidade produto da alteración do territorio galego para o deleite e gozo dos turistas e burgueses que utilizan a nosa terra como unha colonia", nas palabras dos activistas, escritas nun seu comunicado.
Segundo os mozos e mozas independentistas, estes xeitos de turismo non producen máis que precariedade laboral, en sectores relacionados con el, alén de especulación inmobiliaria e unha "invasión cultural".
Por problemas técnicos, os mozos e mozas que fixeron activismo co sacho, non puideron fotografar o campo de golf, polo que non podemos saber cómo quedou após a acción.
Da que si hai fotos é da sachada de Lugo, tamén feita por outro grupo de mozos e mozas independentistas, polas mesmas horas. Na Toxa tampouco puideron tirar fotos, segundo din, porque o flash da cámara chamaría moito a atención. O que si din dende A Toxa é que con esta acción puideron atrasar un torneo de golf que se ía desputar nos próximos días.
Pontevedra tamén amenceu chea de pintadas anti-taurinas
Na mañá da quinta feira os carteis que publicitan a feira taurina da cidade estaban todos pintados con lemas contra as corridas de touros. Tamén a praza de touros estaba pintada, en caracteres de imprenta, con frases como: "se as touradas som arte, o canibalismo é gastronomía" e tamén, "nom á festa do fascismo". Tamén se reivindicaba, nos carteis dos actos "por umhas festas galegas".
Segundo din os veciños, un grupo de mozos foi visto pintando, e estaba sendo buscados pola policía pontevedresa, mais este é un das ducias de actos que se desenvolven por todo o país coa chegada do verán e as corridas de touros móbiles ás vilas, e, sobre todo, a Pontevedra, a única cidade galega con praza de touros.
Apoio totalmente a estes patriotas, os seus actos mostran o camiño a seguir, a acción directa, pero sen violencia. Hai que molestar todo o que se poida aos inimigos do noso país para que non se sintan cómodos. Viva Galiza libre!
dende o corazón da sacra ribeira todo o meu apoio.
a proxima vez que aproveitem pra botar umhas patacas!
NON os TOUROS!!
Xa esta ben da cultura de maltratar touros española. Fora matadores-maltratadores de touros da Galiza.
Se un non se da a respeitar, empezan levantando hoteis e urbanizacions na costa, seguen cos campos de golf para os señoritos da meseta, logo a festa da tortura do touro española, e cando te des de conta, xa non es dono do teu pais, e estas totalmente colonizado.
Noraboa os patriotas galegos!
Hahaha! Que noticia!
A min non me gusta nada o vandalismo pero desta vez contan co meu apoio! olé olé olé hahaha Que vaian os pighos españois xogar na casa da súa nai ao golf!
Isto ten que ser máis habitual. Estou completamente de acordo cos motivos que alegan!
Mentres se enchen as nosas vilas e cidades de instalacións de alleación mental, seguen sen existir infrastruturas tan básicas como casas de cultura onde poder impartir clases de baile, canto, etc; e se as hai morres de frio ou calor; os mozos artistas non teñen onde se expresar ou crear música...
Fóra as instalacións alienantes!
a ver se pra próxima avisan, eu apuntome. sobor de todo en lugo, onde tiven a desventura de traballar, os fatos estes nos denunciaban diante dos xefes se nos vían descansar aínda que fóra un minuto, ademais xogaban por riba das nosas cabezas e nen sequera avisaban cando lanzaban as pelotiñas do carallo. pijos da merda!!!
adiante os activistas do sacho!!
Bem feito, tudo será para não serem engolidos. Adiante !!
Touradas fóra da Galiza !!!
http://breo.blogaliza.org/2007...
Ei! que tamén sacharon en Ourense e en Compostela... e hai boas fotos! en Ourense até fixeron un bosquexo primeiro cos sachos, e logo déronlle ben para poñer "a terra é nossa" en letras ben grandes... ollái as afotos: http://galiza.indymedia.org/gz...
E para outra volta, de día e cos fachas dentro. Revolta popular a sachazos cos burqueses españoles.
Touros si, toreros non.
Golfiños si, golfistas non.
Gaivotas si, gavioteros non.
É umha autêntica vergonha para o nosso País que as leis consintam o maltrato e tortura até à morte de animais como os touros, para desfrute doutros animais que parecem gozar vendo o sangue correr.
Para além da selvajaria que isto supõe, é um acto de colonizaçom cultural, já que na Galiza nom existe nem existiu nunca tradiçom destas práticas de crueldade, ignorância e sadismo.
Que vai fazer o governo galego actual ao respeito? Proibirám definitivamente as touradas?
Já o dizia Castelão: lástima de bois.
Non estivo nada mal o dos sachazos nos campos de golf,sobre todo no da Toxa. O que tamén se debería correxir nesa illa tódolos carteis que están en castelán e tanta bandeirita españolita por tódolos lados. A ver si deste xeito baixanselles tódolos fumes a tanto estirado que hai na illa.
En Ourense tamén se sachou o campo de golfe segundo apunta Indymedia Galiza.
Parabéns aos compañeiros!!!
Coido que aos touros hai que soltalos no campo de Golf, en pleno campionato. Así teremos os Sanfermines galegos e o morto ao foio e o vivo ao bolo (de Carral).
Tamos cheios de vândalos... ;-)
Pero o pior é que están tolos estes "romanos"... que veñen eiquí meterse cos de Asteríx! Fóra romanos!
Estos delincuentes son unos desgraciados que encima les están jodiendo la partidita de golf a sus padres...les daría con el pico por el culo para que sufrieran en sus propias carnes la agresión burguesa...¡jajaja!
Los que pintaron en Pontevedra son gente de Revira. La policía lo tiene fácil. Que tomen nota de ellos, los sigan y los detengan. No hará falta mucho más para que se empiecen a mear en los pantalones estos gilipollas, niñatos de papá.
NINHADA DE RATOS!!!!!! APOLOGIA DO TERRORISMO ESTA BICHERIA!
Gaviotero, sabes o que é un sacho? Algunha vez traballaches na túa vida? Ou é que sempre estiveches no teu despachito de pepero fascista?
Que dirían os teus avós que deixaron a pel sachando oíndo o que dis, aínda que sexa parapetado no "anonimato" dun nick?
Sementa xenreira, español, que o pobo galego ha de sachala lixeiro.
Vai pedíndolle a Mariano un posto en Madriz, que aquí estás politicamente morto, facha.