Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Situado a 600 quilómetros da costa

O BNG esixe unha inspección do cemiterio nuclear da Foxa Atlántica

Advírtelle ao goberno español da necesidade de que a Axencia Internacional da Enerxía Atómica revise o estado dos bidóns con 140.000 toneladas de residuos radioactivos.

Redacción - 09:30 11/08/2007
Olaia Fernández Davila

Olaia Fernández Davila

A deputada do BNG no parlamento español Olaia Fernández Davila presentou unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentaria, onde lle insta ao goberno de Madrid a demandar á Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA) unha inspección submarina do cemiterio nuclear da Foxa Atlántica.

Situado a uns de 600 quilómetros da costa galega, este depósito alberga 140.000 toneladas de residuos radioactivos en bidóns dende hai máis de 25 anos. Os científicos en materia nuclear sinalaron que "estes poden comezar a acusar os primeiros síntomas de deterioración", segundo afirmou a deputada nacionalista.

Calendario de expedicións

Ademais, o BNG reclamou que a AIEA estabeleza un "calendario de futuras expedicións de seguimento e control dos restos radioactivos para así coñecer o seu estado".

Fernández Dávila lembrou que os tanques, somerxidos a uns 3.000 metros de profundidade, "hai máis de 25 que foron depositados no mar", polo que "o seu estado debería ser obxecto de preocupación e interese por parte do goberno español".


5/5 (6 votos)

Comentarios (3)

Gaias #1 11/Agosto/2007 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que nos faltaba os galegos, ademais de Prestiges tamen cemiterios nucleares diante da nosa costa. O logo hai que di que quere ser español!!
Xa vemos o ben que defende España os nosos intereses, e os agasallos que nos trae frente das nosas costas.
Acaso non habia outro sitio en todo o mundo, sen ter que ser enfronte da nosas costas?. Precisamente en Galiza, unha das comunidades menos poboadas, donde non se produce enerxia nuclear, e donde somos potenza na creacion de enerxia eolica, hidraulica,etc.
Agora mais ca nunca, Viva Galiza ceive!

OBSERVADOR #2 11/Agosto/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

FOSSA ou FOSA, mas isso de "foxa" é uma caralhada. E nada de "foxo"!

Jatopardo #3 12/Agosto/2007 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os bidóns afundidos frente ás costas galegas son unha espada de Damocles que un día ou outro vannos dar un disgusto. Que acabarán abríndose a soltando a súa mortal carga ninguén o dubida, pode ser dentro dun ano ou de dez, pero que os residuos tóxicos acabarán contaminando o mar é unha certeza, por iso faise urxente controlar o estado dos bidóns, e empezar a planear como sacalos de ahí.

Estou dacordo co comentario de Gaias de que toda a "merda" que ninguén quere, nola traen a Galicia: parques eólicos, urbanizacións costeiras, macropiscifactorías, centrais hidroeléctricas... Aquí non é cuestión de protestar por todo, pero que unha marabilla como Galicia sexa constantemente agredida para beneficio duns poucos xa empeza a cheirar. E se os galegos non dicimos ¡basta!, seguiremos sendo o vertedoiro peninsular.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete