Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tras a "chamada á desobediencia" por algúns dos seus membros

A Garda Civil asegura que "numerosos axentes" fixeron cursos de galego en colaboración con Política Lingüística

Moitos dos cursos fanse on line, e o corpo de seguridade español asegura que nun futuro todos os gardas, estean onde estean, poderán aprender todas as linguas do Estado.

Redacción - 17:45 10/08/2007

Segundo aseguraron fontes do Instituto Armado, a Garda Civil en Galiza colabora dende hai anos coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para facilitar a realización de cursos de galego entre os seus membros. Tamén din que até hoxe, "numerosos axentes" fixeron cursos de formación e de perfeccionamento do galego, superior ou administrativo.

A polémica xurdía esta semana, cando a Unión Federal de Gardas Civís ameazaba con facer "campañas de desobediencia" se os obrigaban a empregar o galego, escudándose na "imposibilidade" que lle ben ao feito de que todos os membros do corpo coñezan todas as linguas do Estado. A UFGCS respondía así, ao seu xeito, a unha iniciativa parlamentaria promovida no Congreso por Francisco Rodríguez, deputado do BNG, quen lle pedira ao goberno español que as denuncias da Garda Civil fosen redactadas en todas as linguas cooficiais do Estado.

Unha parte do colectivo non chegará á "desobediencia"

Mais hoxe outro colectivo da Garda Civil dixo estar a traballar coa Xunta para que "aproveitando ao máximo as posibilidades que actualmente ofrece a tecnoloxía dixital do Instituto Armado, todos os gardas civís de calquera emprego ou unidade de destino poidan coñecer e ampliar os seus coñecementos" de galego.

Tamén dixeron que no que agora están a traballar é en salvar as dificultades informáticas, que atrasan os cursos de galego on line. Pasados estes atrancos, aseguran que lles van permitir "a todos os seus axentes" -independentemente de onde se atopen- a realizar estes cursos, tendo só que desprazarse fisicamente para facer o exame final, esixido en cada titulación.

Con isto, os membros do corpo de seguridade español pensan chegar, nas súas propias palabras, a unha "mellora na calidade do servizo e atención ao cidadán en Galiza".


4/5 (1 votos)

Comentarios (2)

ecoe #1 10/Agosto/2007 ecoe

Está sobradamente demostrado que os cursiños non sirven para nada, pero que llos den tamén de DEREITOS HUMANOS e TRATO CA POBLACIÓN que son os primeiramente máis URXENTES que precisan, inda qsue non estamos pola sua labor nin pola sua existencia.

LOIS_DE_SILAN #2 10/Agosto/2007 LOIS_DE_SILAN

"iniciativa parlamentaria promovida no Congreso por Francisco Rodríguez, deputado do BNG, quen lle pedira ao goberno español que as denuncias da Garda Civil fosen redactadas en todas as linguas cooficiais do Estado".

MMMM, supoño que quererá dicir :"nas oficiais en cada territorio", e non en catro ou máis linguas oficiais españolas cada impreso de denuncia.

Con todo, o dos impresos bilingües, tan caros para o BNG!, véñeno aceptando sen maior problema os órganos e Administracións do Estado nos territorios con dúas linguas oficiais (por iso o pide o BNG!, para dicir logo que foi exitosa a súa acción!!); o que xa non ven con tan bos ollos é ter que usar a lingua propia do territorio distinta do castelán normalmente, xeralmente, habitualmente, e de xeito EXCEPCIONAL!!, o castelán (lingua común ou universal no cativo universo das linguas españolas) en territorio alleo e con quen aínda lexitimamente descoñeza a lingua propia do territorio.
O que supón usar impresos monolingües na respectiva lingua territorial propia, e amais, tamén monolingüe (castelán) ou bilingüe (propia/castelán) con quen lexitimamente descoñeza a propia distinta do castelán.

Isto é o conforme co ordenamento xurídico, pois NON IGUALA O QUE É DISTINTO, a lingua propia á allea, e si O QUE É IGUAL, a lingua propia de Castela en Castela á lingua propia da Galiza na Galiza.

O BNG ten doutrinalmente un deficiente manexo do valor, principio xeral do Dereito e dereito fundamental á igualdade e á non discriminación e por iso inconscientemente, espero!!, fai propostas antixurídicas, mais con certas posibilidades de éxito entre quen conscientemente implementa o castelanismo anticonstitucional (contrario ó art. 14 CE): buscando o rédito electoral consegue a ruína dos dereitos lingüísticos!!

Por outra banda, con independencia da colaboración, cooperación e boas maneiras que poda e deba haber entre a Garda Civil e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Garda Civil, coma o resto dos servidores públicos, debe usar NA GALIZA A SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA A SÚA, e isto sen prexuízo de usar linguas alleas, nomeadamente o castelán cos outros españois, con quen lexitimamente aínda descoñeza a propia do territorio.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: