ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A SITUACIÓN NA PRIVADA É AÍNDA PEOR

As aulas galegas entre as que menos computadores teñen en todo o Estado

Un estudante galego ten que compartir un ordenador con nove compañeiros, segundo os últimos datos do Ministerio

Redacción - 10:00 13/08/2007

Un computador por cada 10,5 estudantes. Este é o equipamento informático nas aulas do ensino galego, o que sitúa ao sistema educativo do país como un dos que menos ordenadores ten en todo o Estado, só por detrás das Baleares.

Así o indica a nova “Estatística sobre Sociedade da Información” que acaba de actualizar o Ministerio de Educación. Os datos mostran que en España existen oito ordenadores para cada alumno de primaria e secundaria, máis de dous puntos por riba da media galega.

O atraso da privada
Unha constante que se repite en todo o Estado é que o equipamento informático das escolas públicas (7 equipos por rapaz) é mellor que o das privadas (11 equipos). Igualmente, nos centros que dependen directamente da Consellería de Educación hai 9,9 ordenadores por alumno, mentres que nas aulas privadas hai 13; segundo datos do curso 2004-2005.

Cómpre sinalar ademais que unicamente a metade dos computadores nas aulas do país son de última xeración, pois nos institutos galegos, por exemplo, aínda son maioría os procesadores Pentium II e III.


3,33/5 (6 votos)

Comentarios (5)

Gaviotero #1 13/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El número de ordenadores por alumno es intrascendente por sí solo...lo importante es el equipamiento general del aula, la obsolescencia de los equipos y sobre todo el uso que se les da.

xacataca #2 13/Agosto/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ogallá que non se lle dea o uso que lle das ti, caro Gaviotero, sementando xenreira por onde pasas.

rufus #3 13/Agosto/2007 rufus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"El número de ordenadores por alumno es intrascendente por sí solo..."tan instrascendente como o que escribe o comentario...

rufus #4 13/Agosto/2007 rufus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mola o formato no que nos presenta a versión editabel da información o MEC, en ".xls"; todo un avance. Moita computadora para presumir e despois rematar usandoa para transmitir información dese xeito así. Vergonhento.

ecoe #5 15/Agosto/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O único intrascendente é...o único intrascendente. A que sí!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: