Solicita unha xuntanza con Benigno López para que "aclare se ten algún tipo de fobia contra o idioma do país".
A Mesa pola Normalización Lingüística esixiulle este luns ao novo Valedor do Pobo, Benigno Sánchez, que rectifique as súas declaracións sobre o galego ou, de non facelo, que presente a súa dimisión.
Ademais, de non frutificaren as súas reclamacións, a Mesa ameaza cunha campaña específica de mobilizacións.
O presidente deste colectivo, Carlos Callón, proclamou que "non deixará pasar estas afirmacións", onde "cuestionaba o uso do galego, na Xustiza, no ensino, a dobraxe de películas...". "Non é un tema menor; é quen ten que defender os dereitos de todos os cidadáns, tamén os lingüísticos", sentenciou.
Xa que logo, informou de que solicitaran unha entrevista con Benigno López, onde, ademais de pedirlle que rectifique publicamente, daranlle a coñecer "todas as vulneracións dos dereitos lingüísticos" que se producen en Galiza.
Xuntanza cos grupos da Cámara
Tamén reclamarán que defenda o uso do galego e difunda a súa normalización e que "aclare se ten algún tipo de fobia contra o idioma do país". Neste senso, asegurou que nas súas sentenzas como xuíz, o novo Valedor databa os escritos "na cidade na que ten sede este tribunal, por non escribir o único topónimo oficial", A Coruña.
Ademais, Callón afirmou que "cada día a súa situación é máis insostíbel" polo que, en última instancia, se reunirán cos grupos parlamentarios e coa presidenta da Cámara, Dolores Villarino, para esixir a súa destitución, xa que é o Parlamento o que decide este cargo.
Así mesmo, tamén se referiu ao "silencio" da Secretaría Xeral de Política Lingüística e doutras institucións, como a Real Academia Galega (RAG) sobre esta cuestión. "Haberá que preguntarlles a eles por que non se posicionan, esperemos que o fagan", aseverou.
Críticas a unha agrupación da Garda Civil
Por outra parte, o presidente da Mesa pronunciouse con respecto á polémica xurdida estes días polas críticas dunha asociación de gardas civís ás esixencias do BNG, para que os cidadáns poidan cursar as súas denuncias en galego. Así, censurou a esta agrupación (UFGC), que cualificou de "moi minoritaria e non representativa", e saudou o pronunciamento doutro colectivo (ASIGC) en favor do idioma de país.
Porén, lembrou que as administracións "deben financiar a formación necesaria" para que os axentes estean en disposición de atender os cidadáns en ambas as dúas linguas. De feito, denunciou que no ámbito dos corpos de seguridade a presenza do galego se atopa "moi por debaixo dos mínimos da cooficialidade".
Nesta liña, aludiu a varios casos, "acontecidos este mesmo ano, non hai 30", nos que algunhas persoas "se atoparon con problemas e impedimentos" para presentar as súas denuncias no idioma propio. Puxo o exemplo de varias policías locais e da Policía Nacional en Santiago, onde padeceu esta situación en primeira persoa, segundo denunciou.
O Valedor debe ser exemplo de imparcialidade e neste tema defende unha postura reaccionaria que máis parece que pertence a outros tempos. VALEDOR DEMISIÓN
¡Jajajaja! ¿La Mesa? ¿Pero quiénes sois? ¿Quién os ha elegido? Ahora van a venirnos con exigencias los de la Mesilla de la Falsificación Lingüística...¡jajaja! Pandilla de intolerantes sectarios...
A ti non, Gaviotero. Esíxenllo ao representante do Pobo Galego perante as institucións.
Os españois coma ti xa tedes o voso propio Defensor del Pueblo.
Ora vas e cóntasllo aos teu coleguillas de PPartido.
Marcha para o exilio de Madriz (eu mesmo acompañaríate de vagar). Alí podes escribir un libro sobre o oprimido e falto de dereitos que estabas no gulag galego.
Ollo.
Maligno Lopez: se nom demites, por favor, vai a Venezia e compra umha mascara. Nom quiser ver essa face nunca mais ;-)
Reiterar que este valedor do trinque foi confeccionado polo tripartito parlamentar (BNG, PSOE E PP). Daquela, dos defectos que poida ter o produto debe responder o fabricante, o Parlamento, declarando a súa manifesta incapacidade ou inidoneidade para a función encomendada.
Insistir tamén en que por moito que negue a súa incapacidade un incapaz, incapaz queda! Non procedendo condicionamento ningún de rectificación para recoñecerlle lexitimidade no desempeño do cargo.
Dito iso, cabe salientar a inutilidade do complexo de superioridade moral que cacarexa o Carlos Callón no nome da Mesa. Ó meu ver, é incoherente que por unha banda a Mesa pida a demisión do Valedor, negándolle lexitimidade para o desempeño do cargo (ó mellor non se atreve a pedir a dos parlamentarios que o escolleron!), e que simultaneamente, por outra, deveza por xuntarse con el, repoñéndolle a lexitimidade negada, para ilustralo sobre "TODAS AS VULNERACIÓNS DOS DEREITOS LINGÜÍSTICOS" (para sabidos os da Mesa!) que se producen na Galiza.
Os da Mesa, e remato, deberan explicarnos ós destinatarios das súas mensaxes que entenden por iso "dos mínimos da cooficialidade". E, poñámonos farrucos!, se non nolo explican satisfactoriamente que DEMITA alguén, o Carlos Callón por exemplo!
Caralho, Lois. Anda você forte... Se não é pela grafia vão-no confundir com um desses reintegracionistas malucos...
É así de simple, os que gobernan son os que deciden, así que como o goberno suponse que ten a un partido nacionalista (aínda que eu o dubido dende que Beiras o deixou) pois simplemente teñen que cesalo.
Igual deberían facer co presidente da federación galega de fútbol que é outro español.
Se os nacionalistas no poder (volvo repetir que dubido do nacionalismo de Quintana) queren lograr algo por este país que comecen a limpar as nosas institucións de escoria española.
"meloespliquen"
Tomouse o seu tempo a Mesa para pedir a demisión, que agora pola noticia, tampouco está claro se o que piden é iso ou unha explicación. Porque pedir pedir a demisión e unha entrevista para que dea unha explicación o personaxe, é que non me queda nada claro.
Por certo, a quen lle había que pedir explicacións en primeiro lugar é a todos os que o puxeron aí, é dicir, o parlamento por unanimidade (PP,PSOE e BNG). Extraño? Non. Agardade que volo explico: o PPOE (PP+PSOE) non teñen problema nin contradicción ningunha co españolismo do señor e o BNG ten que tragar para poder manter a súa cota de poder, é dicir, a Domingo Merino como Vicevaledor, que, por certo, está a chocar unha boa xubilación a conta do "puestito" de estar e non dar pancada.
asi nos vai os ghalleguiños, que se tal, que se nates , que se despois, que a mesa, que a artesa,... Só se xubilan os do BNG?. Considero que os/as do Bloque teñen moitas cousas criticabeis, pero chegados aqui...
O problema é que ese Señor con ese sentido a carón do galego (tamén, polo tanto, cara os/as galegos/as) non tería que ser nomeado valedor. Responsabeis todos que o nomearon, na súa cuota de proporcionalidade.
É certo que ao BNG (e penso que tamén ao PSOE) lle meteron un gol clarísimo co Valedor do Pobo. O problema está na lei de creación, que exixe un nivel de aprobación por parte do Parlamento que fai condición sine qua non o voto tamén por parte do PP. Así e todo, eu tamén penso que era mellor quedar co anterior até dar encontrado alguén mellor que este Benigno López.
Sobre as posturas nihilistas e autodestrutivas de sempre que saen neste foro, mellor nin falar.
O Valedor non debe pedir disculpas nin rectificar o dito, porque se o fai, o fará de cara a galería, pero seguirá a pensar o mesmo, os que deben pedir disculpas son os políticos que o propuxeron para o cargo e rectificar quitandoo do seu posto, e nomear a outra persoa máis válida para dito cargo público.
Non pode ser que se nomee Valedor do Povo a quen non defende unha Lei que lexitima o uso do noso idioma.A consecuencia debería ser a de demisión a petición propia.É ben certo o que dí Anxo, non valen desculpas, pois seguirá pensando do mesmo xeito.En canto aos políticos, xa lles vale nomear un Valedor para o que non vale o Galego.Xa veremos o que dá de sí este asunto.
Mas como vai rectificar o Valedor do Povo????
Não vedes que se o povo (bom, A Mesa) lhe pede que rectifique estaria a reconhecer que não agiu bem???
E não vedes que se reconhece que não agiu bem os partidos que o votaram ficam, por sua vez, deslegitimados???
Não vai rectificar nem nada disso!
Pois é un caso estraño e curioso que o novo goberno no que por primeira vez participan os nacionalistas do BNG poña un valedor do pobo que pide que o galego no ensino non sexa tratado como unha materia demasiado rigorosa, ou sexa, non como as materias "normais", máis ben como unha "maría".
Isto resulta sorprendente, e voltamos ao de sempre: ¿en que mans está o Bloque? Eu si que creo que o goberno galego debería rectificar cambiando de valedor do pobo, aínda que o simple feito de que semellante valedor fose nomeado di ben pouco en favor do goberno galego e, principalmente, dos que se din nacionalistas. Porque hai que saber a quen se nomea. E no caso de que se saiba a quen se nomea e precisamente un valedor así sexa o que se buscaba, peor aínda.
O problema, unha vez máis é que clase de xente dirixe o BNG coa compracencia do partido que coido aínda é a "alma" do BNG, a UPG.
A dirección do Bloque, liderada por Anxo Quintana es os seus "rapaces" paréceme lamentable ou pouco menos.
En relación a la pregunta de Xeonllo, ¿en qué manos está el Bloque? Pues ayer, al menos, el señor Francisco Rodríguez y su grupo el BNG fue uno de los pocos que no pidió la dimisión de una de las ministras más nocivas para Galicia, ya sea esta considerada Comunidad Autónoma, nación o sistema intergaláctico...
Resulta muy curioso que el antaño combativo Paco Rodríguez esté hoy tan acomodadito a su poltrona en Madrid...
Por cierto, xacataca, te vas a quedar con las ganas de que me exilie a "Madrid".
Antes te exiliarás tú al infierno. Porque yo y muchos como yo somos una gran mayoría en Galicia que jamás permitiremos que antigallegos totalitarios y fascistoides como vosotros nos digáis ni nos impongáis cómo ni dónde tenemos que vivir.
Así que ya sabes...como "Castilla" te produce urticaria, tira en dirección al mar y cuando veas el agua salta. Galicia te lo agradecerá.
Non tomarás o nome de Galicia en vano, tómao en conta gaviotero, non vaia a ser que algún día te atragantes ou te mordas a lingua e te envenenes, víbora. Gaviotero, cal foi o momento no que abandonaches a cordura para sumirte nas sombras? Ademais, non deberías pedir que nionguén vaia ao inferno porque só os que buscan o mal da xente acaban nel segundo a relixión católica e ti non fas máis que buscar o mal dun colectivo de persoas que queiras ou non existe.
Váilles valer á Mesa ESTE VALEDOR? despois de todo o acontecido? Todo polo bng e polo poder e as suas regalías?
Guillerme, abandona ese tono a lo Harry Potter, que conmigo no funciona y volvamos a la noticia.
¿Qué legitimidad tiene el valedor del pueblo gallego? Toda. Ha sido elegido unanimemente por el Parlamento y aún hoy, a pesar de vuestras discrepancias, es apoyado por una gran mayoría del Parlamento (recordad que el BNG es el partido con menos diputados del Parlamento, aunque forme parte del gobierno).
¿Qué legitimidad tiene la Mesa por la Falsificación Lingüística? Ninguna. Son una plataforma independiente que tienen todo el derecho del mundo a intentar influir e interferir en la política y sociedad gallegas, de la misma forma que los demás, incluidos PSOE y PP, pueden pasar olímpicamente como yo lo hago de las recomendaciones totalitarias y fascistoides, basadas en falsedades, de los miembros de dicha Mesa. O por su tamaño, Mesa-Camilla.
NINHADA DE RATOS!!!!!!!!
DE TODO FALA E ENTENDE!
LISTON!!!!
FALTON!!!!!!!!!!!!!!
ELE SOZINHO "SE LO GUISA Y SE LO COME":
#30 hai 7 horas e 34 minutos morrigan
Qué interesante o debate¡¡¡.Pois paréceme que neste caso compre defender a Gavioteiro; os "queridos" elementos asoballadores nazionalistas de Revira tomaron da sua propia menciña; a violencia nunca e solucion pa estas cousas,pero onde as dan.....a ver se os fumes dalgúns baixan de nivel
#31 hai 5 horas e 27 minutos Gaviotero
Gracias, morrigan...si al final hasta los galleguistas me empiezan a defender. Cuidado, chicos, ¡soy peligroso! A ver si al final se os va a venir abajo el sistema de lavado de cerebro que tenéis montado y Vieiros se convierte en una web españolista!!!!...¡jajaja!
NINHADA DE RATOS!!!!!
ES MAIS LISTO E MAIS GUAP@ TAMBEM SE QUERES...