Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sacerdote antifranquista e independentista

Pesar en Cataluña pola morte de Lluís Xirinacs

O activista, de 75 anos, apareceu morto o sábado nun bosque despois de deixar unha nota anunciando a súa intención de rematar coa súa vida.

Redacción - 17:55 13/08/2007
Lluís Maria Xirinacs / Foto: Vilaweb.cat

Lluís Maria Xirinacs / Foto: Vilaweb.cat

Este luns á tarde coñecerase a hora e o lugar dos funerais por Lluís Maria Xirinacs, sacerdote, ex-senador e defensor do pacifismo, da amnistía e do independentismo. O cadáver de Xirinacs, de 75 anos, apareceu o sábado á tarde nunha zona de bosque de Ogassa (Ripollès). Todo parece indicar que se suicidou.

Segundo fontes policiais, o activista antifranquista deixou no seu despacho unha nota manuscrita datada o día do seu aniversario, o 6 de agosto, na que amosaba o seu desexo de quitarse a vida nun acto de soberanía. No texto, Xirinacs critica a situación dos Països Catalans, “oprimidos durante anos por España, Francia e Italia”, e censura a “actitude covarde” dos dirixentes políticos cataláns. O sacerdote estivera encarcerado dúas veces durante a ditadura e mais no ano 2005, por orde da audiencia nacional española.

Á espera de se coñeceren os resultados da autopsia, só se pode confirmar que o pasamento aconteceu sen violencia. Todos os partidos políticos cataláns, agás o Popular e Citadans, amosaron o seu pesar polo pasamento de Xirinacs. O ex-presidente da Generalitat, Jordi Pujol, definiuno como “un profeta bíblico”. Tamén a blogosfera ofreceu mostras de dor pola perda dun dos máis senlleiros defensores da liberdade en Cataluña.

O loitador antifranquista probabelmente será enterrado o luns á tarde ou o martes en Barcelona ou en Ripoll, onde actualmente repousan os seus restos. Diversos colectivos están a organizar unha homenaxe a Xirinacs para o once de setembro no Fossar de les Moreres, cinco anos despois de que pronunciase no mesmo lugar un discurso en que se declaraba “inimigo do estado español e amigo de ETA e de Batasuna”.


Ligazóns

4,54/5 (13 votos)


Comentarios (5)

Gaviotero #1 13/Agosto/2007 Gaviotero

Este tío era un desequilibrado, que se autoproclamó "amigo de la ETA"...Y encima cobarde y narcisista hasta en su suicidio.

En Cataluña no hay pesar, sólo lo hay en la Cataluña naci y totalitaria.

Confiemos en que no nos lo reconviertan en "mártir" o en "profeta" como ya ha sugerido alguno de los prohombres totalitarios del catalanismo naci.

xacataca #2 13/Agosto/2007 xacataca

Mala herba nunca morre, Gaviotero.

A túa mascarada non ha de durar moito. Cando remate o teu chollo na Galiza, vas irlle chorando a Rajoy para que che dea un puestecito en Madriz?

Ao PP qédalle un telediario na nosa terra. Fóra españois da Galiza!

Ningunha agresión sen resposta!

Gaviotero #3 15/Agosto/2007 Gaviotero

Sigue soñando xacataca...antes te irás tú que yo, te lo aseguro.

Aunque lo deseable sería que los dos pudiéramos seguir viviendo en Galicia. ¡Acepta la democracia, hombre! Que aquí cabemos todos...incluso tú.

ecoe #4 15/Agosto/2007 ecoe

Foi senador POR DESIGNACIÓN REAL, mais tamén máis tarde defensor dos dereitos nacionais de Catalunya e de Euskal Herria, polo que lle vale o aprecio de moitas xentes!

ecoe #5 15/Agosto/2007 ecoe

Encarcerado duas veces na Dictadura Franquista en 1972 e 1974
Fixo 5 folgas de fame nos 60 por motivos políticos e contra a connivencia Igrexa-€$tado
Seguidor de Ghandi e da non violencia
Elexido senador independente ás Cortes Españolas no 1977 ca maior cantidade de votos que ningún outro senador acadou nunca.
Premiado en 2004 pola Universitat Catalá de Estíu
etc.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: