O Sindicato de Xornalistas pide que se cree unha categoría laboral, aproveitando a reforma da Lei da Función Pública.
Un cento de xornalistas traballa para os diferentes departamentos dependentes da Xunta de Galicia e a súa contratación ou despido “depende exclusivamente da decisión do dirixente político de turno”, segundo denuncia o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG).
O Sindicato reclama á Xunta que, aproveitando a recente reforma da Lei de Función Pública, cree unha categoría laboral para que estes profesionais poidan ser contratados dun xeito transparente, en función da súa formación e experiencia, e non de “supostas filacións políticas”. Nun comunicado difundido hoxe, o SXG argumenta que así aumentaría a transparencia da información que se facilita dende o Goberno aos medios.
"Aplicar as súas propostas"
Segundo a organización, PSdG e BNG, cando estaban na oposición, defendían no Parlamento o fin da precariedade nestes postos de traballo. “Agora que ocupan o poder en San Caetano tócalles aplicar as súas propostas”, advirte o Sindicato.
O certo é que a gran cantidade de informadores contratados polas diferentes consellerías e organismos públicos converten á administración autonómica nun dos principais empregadores do sector na comunicación en Galiza, circunstancia que non cambiou despois da subida ao poder do bipartito.
Ou! Señor! Señor!,.... canta cafrada no bipartito!
E cando se vaian da Xunta, levaránse unha "misérrima" pensión de 14.800 € ao ano por non facer nada ata a súa xubilación! En Galicia nótase o cambio do bipartito, .... van covertir esto en Arxentina e van montar co "corralto". Un funcionario por cada 20 galegos!... manda cojones!
Pero o Sindicato de Xornalistas non quererá que fagan funcionarios aos que hai xa metidos dentro? ou que lles dean puntos nun concurso-oposición por cada ano traballado? Veña funcionarios, que agora son dos nosos...
Non se precisa adocenar á población facendo -elaborando meticulosa e manualmente- unha falsa creación de noticias, que non é máis que un LAVADO DE IMAXEN.
Os medios de comunicación, preferiblemente sempre públicos, deben cumprir a misión de nos INFORMAR, non facerse eco, como os privados cando tal consellería ou doutro xeito, lles colle unha plana enteira, ou tal.
Para nada INFORMATIVO son necesarios nin máis de un cento, nin medio cento nin unha ducia: como moito un ou dous SOBRAN!
O demáis e a realidade entran no mesmo saco de gastos que a "cidade da cultura!!!", AVEs de mal agoiro, soldos vitalicios para os cidadáns "preferidos" da, con P, constitución, ou esta historia de "Ilustración periodística"
Ahora me explico algunas noticias de El País (ed. Galicia), La Voz de la Xunta...¿y Vieiros? ¿No habrá alguno en Vieiros? :)