Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Infraestruturas eléctricas

O PPdeG alerta da perda de liderado de Galiza no sector eólico

Segundo Ángel Bernardo Tahoces, a planificación do goberno español está a impedir que se cumpran os obxectivos para o 2016.

Redacción - 19:05 15/08/2007
Ángel Bernardo Tahoces

Ángel Bernardo Tahoces

O voceiro de Industria do Grupo Popular do Parlamento, Ángel Bernardo Tahoces, afirmou que os atrasos van impedir que se cumpran os obxectivos de infraestruturas de transporte da enerxía eléctrica no país para o período 2007-2016, que prevé a autorización de 6.500 megavatios de produción eólica.

Segundo Tahoces, a liña da que depende a evacuación da electricidade producida polos parques eólicos cara á meseta, entre Aparecida e Trives, non estará rematada até, polo menos, 2012. Este adiamento está a impedir, para o PP, que avance a produción deste tipo de enerxía en Galiza.

O voceiro pediulle ao conselleiro de Innovación e Industria que aclare se a planificación do goberno español vai facer que Galiza perda a súa posición de liderado na enerxía eólica. Segundo os datos manexados por Tahoces, o noso país pasará a representar o 15,87% da potencia instalada no estado no ano 2012, fronte ao 22,41% actual.

Para o voceiro popular, estes atrasos débense á preferencia do goberno español por que os centros de xeración de electricidade estean próximos aos centros de consumo: Cataluña e Madrid. Por iso, pediulle a Fernando Blanco que explique se está de parte dos intereses de Galiza ou dos do goberno español.


1/5 (1 votos)


Comentarios (5)

ecoe #1 15/Agosto/2007 ecoe

Que lles fagan ós dos PP e toda a sua ralea unha implantación de eólicsos nos collóns a eles, polo menos

Jatopardo #2 15/Agosto/2007 Jatopardo

Desde que Galicia é líder mundial en enerxía eólica noto unha mellora na miña economía que mesmo estou pensando deixar de traballar e vivir das rendas que os muiños nos reportan aos galegos.

O día que as eólicas e as empresas acuícolas puxeron os seus ollos en Galicia, tocounos a lotería, o que pasa e que non os sabemos apreciar. Mimadriña, no monte a produsir electrisidade cos muiños e na costa a criar rodaballos, imos ser todos millonarios.

¿Naturalesa para qué? xa temos o Amazonas e os documentais de La Dos para disfrutar do medio ambiente e da fauna. Aquí cartiños é o que queremos, polo de agora non os vemos porque están amortisando a inversión (maquinaria, desbroces, sobornos...), pero cando se poñan a repartir beneficios... la ostia.

Barcelos #3 15/Agosto/2007 Barcelos

As eólicas levoullas o vento.

Estou canso de ver estes muiños que escarallan o paisaxe.

Gaias #4 16/Agosto/2007 Gaias

Señores do PP ainda estamos esperando explicacions polas anomalias nas contas do goberno de Fraga na Xunta de Galiza.
Ademais da politica antigalega de Feijoo opoñendose o un estatuto galego de primeira, e o ensino da lingua galega.
Ben poderian vostedes tomar nota de UPN ou dos lideres do PP en Valencia e Andalucia, que polo menos si apoiaron estatutos de primeira para as suas comunidades.

Tino #5 17/Agosto/2007 Tino

Jatopardo, noraboa polo comentario, mesmo daria para a letra da cansión do verán A polo ghit!
Respeito a notícia: o PP di q GAliza perde o liderado na industria eólica... E logo desde cando o tiñamos? Desde q eles se dedicaron a repartir as concesións para familiares, amigos e achegados? Tiñamos o LIDERADO DO MANGONEO EÓLICO.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: