Desde computadores da axencia de espionaxe estadounidense cambiáronse entradas sobre Irán. Desde o Vaticano alteraron datos sobre Gerry Adams.
O Wikipedia Scanner é un novo instrumento desenvolvido pola enciclopedia libre que permite saber con exactitude cal é o enderezo IP do computador desde o que se realizou unha determinada modificación na base de datos do proxecto.
A través desta ferramenta atopáronse algunhas paradoxais sorpresas que dan conta do interese desde algúns centros de poder pola forma en que se ofrecen os contidos dalgúns artigos da Wikipedia. Así por exemplo, e segundo explica a BBC esta semana, desde un computador na sede da CIA, a axencia estadounidense de espionaxe, realizáronse cambios nas biografías dun ex xefe da propia axencia, na do actual presidente iraní, Mahmud Ahmadinejad, ou mesmo de Oprah Winfrey, coñecida presentadora de televisión dos EUA. Tamén da entrada sobre Gerry Adams, líder do Sinn Fein, foron borrados datos referentes á súa presunta implicación nun delito hai trinta anos, modificacións que ao parecer se fixeron desde o Vaticano.
Outras peculiaridades son por exemplo a introdución de adxectivos pouco agradábeis sobre un senador republicano, realizados desde un computador dunha sede do Partido Demócrata. Doutra banda tamén se encontro que desde un computador da empresa Diebold, responsábel das máquinas electrónicas de voto das polémicas eleccións presidenciais de 2000 nos Estados Unidos, borrouse parte do artigo sobre o propio xefe da empresa, Walden O'Dell. O parágrafo revelaba que o individuo en cuestión tivera responsabilidades na recadación de fondos para a campaña de Bush.
Máis no artigo da BBC: A Wikipedia amosa edicións de páxinas da CIA
Remexen... Hahahaha. Non atopáchedes outro verbo para o titular?
Xa escoitei a noticia no telexornal pero en cal "remexeron"? Na inglesa? na castelá?...
E quen escribe os datos iniciais que aparecen en Wikipedia?
E por que permiten que llos cambien?
Mira que se aburren no Vaticano, que se pasan todo o día no computador. Amén e intro.
Non andará por aí detrás, a man negra de Paco Vázquez ("de La Coruña ao ceo").
A ver, el titular, que no es de Vieiros sino de la agencia que lo ha difundido y que prácticamente todos los medios han calcado, es intencionadamente manipulador.
Mete la CIA y el Vaticano por un lado y el verbo (en castellano) pervertir, por el otro. De forma que los progres ya tienen un titular que les gusta, aunque la realidad sea otra.
Habría que hacer las siguientes aclaraciones:
1) Nadie pervierte Wikipedia, sino que precisamente esta enciclopedia en internet funciona por el mecanismo de contribuciones de los usuarios, que convenientemente moderadas le van dando forma a cada entrada.
2) Las intervenciones de la CIA o el Vaticano no son tales a nivel de organismos, sino que se sabe que hubo contribuciones de usuarios desde ordenadores de la CIA o el Vaticano, pero que bien pudieron ser hechas por usuarios a nivel particular.
3) Como el caso de la CIA o el Vaticano hay multitud de instituciones más (ya dentro del artículo se cita al Partido Demócrata), pero cuya inclusión en el titular probablemente desvirtuaría el impacto mediático para progres despistados...
En fin...que a día de hoy haya que estar haciendo este tipo de aclaraciones...