Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Forte incremento tamén en Peinador

O aeroporto de Alvedro medra un 43% respecto a xullo de 2006

Lavacolla segue líder en canto a número de viaxeiros, malia que o seu incremento quedou nun 5%.

Redacción - 09:30 17/08/2007

A comparativa de cifras do pasado mes de xullo respecto ao mesmo período do ano anterior amosa que o aeroporto compostelán segue sendo o primeiro en canto a tráfico en Galiza, cun total de 206 mil pasaxeiros.

E porén, segundo indica o informe de Aena coñecido esta semana, destacáronse nese treito as instalacións aeroportuarias da Coruña, cun incremento do 43% cara a un total de 125 mil pasaxeiros. Con todo, aínda por riba de Alvedro aparece o aeroporto vigués de Peinador, con 135 mil usuarios, un 28% máis ca en xullo de 2006.

No caso de Lavacolla hai un significativo número de pasaxeiros usuarios de voos internacionais, 41 mil viaxeiros, cun incremento de até o 30% neste caso. Mentres, Alvedro acumula só 9 mil pasaxeiros en voos fóra do Estado español. Arredor da mesma cifra, 9.400 pasaxeiros, son usuarios de voos internacionais en Peinador.


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: