Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Non están de acordo coa ampliación AV-80 de Fomento

O PPdeG quere eliminar a peaxe entre Vigo e O Porriño e construír vías alternativas

Os populares cren que ademais de terminar co peaxe da A-9 entre as dúas vilas, non se debería a construír unha variante, mais si interconexións en varios puntos.

Redacción - 09:30 18/08/2007

Segundo un estudo feito polo PPdeG, o custo da nova autovía e o prexuízo económico que esta xeraría -duns 150 millóns de euros-, é moito maior do que suporía suprimir a peaxe entre Vigo e Porriño: 100 millóns de euros nos vindeiros 40 anos, o que terminaría por axilizar a circulación doutro xeito,.

O PP vai presentar unha iniciativa instando á Xunta a que se sitúe en contra da AV-80 que pretende construír Fomento para unir Vigo e Porriño. O voceiro de Infraestruturas do partido, Gómez Alonso, quixo salientar que a proposta "non vai solucionar os problemas de seguridade e circulación que sofre a A-55 no seu paso por Mos", polo que, segundo di, van ter que se procurar alternativas mellores, que non prexudiquen os concellos de Mos e Porriño.

"A Fomento só se lle ocorren parches chafalleiros"
Os populares estiman que construír novas infraestruturas no municipio de Mos é prexudicial para unha localidade que "ten o 22% do territorio non edificable e que podería ter ata o 28% do chan vinculado a infraestruturas". Eles defenden unha "alternativa baseada en liberar a peaxe da AP-9 entre Puxeiros e Porriño", que, segundo din, foi apoiada no seu momento polos concellos de Mos e Porriño, a Confederación de Empresarios de Pontevedra e contaba co apoio do anterior goberno de Vigo. Ademais da supresión da peaxe, propoñen a construción de varias interconexións entre a A-52, a AP-9, a A-55 e a futura A-57.

O voceiro popular termina querendo lembrar que as intencións de Fomento "son contrarias á mellora do tráfico na zona: nin facilita o acceso a Vigo, nin enlaza coas infraestruturas xa existentes, nin ten saída aos polígonos da zona".


0/5 (0 votos)


Comentarios (5)

Sara_Mago #1 18/Agosto/2007 Sara_Mago

tiverom muitos, muitos anos para fazer todo isso e muito mais.

o_de_remedios #2 18/Agosto/2007 o_de_remedios

Venho de ler o artigo da toponímia...e vejo que estes bandidos de AUDASA tem ainda EL FERROL no seu mapinha franquista...pero cobrar bem que cobram... e não passa nada!

o_de_remedios #3 18/Agosto/2007 o_de_remedios

E vi-no porque não reparei ainda em Caldas de Reyes, ou em La Estrada, ou em El Salnés...Onde está Marisol?

Gaviotero #4 18/Agosto/2007 Gaviotero

También vosotros decís Galiza, que no es un topónimo oficial...así que mientras eso siga así los demás seguiremos llamando a La Coruña, Orense o Sangenjo como nos de la real gana.

El_pastorrr #5 19/Agosto/2007 El_pastorrr

Si ho si, mais nos documentos oficiais non se utiliza un topónimo non oficial (que si válido según a nova reforma da normativa), e vós chamaille como queirades, pero en documentos públicos e demais caralladas, so pode constar o nome oficial, como así o decidíu o pobo soberano español representado nas Cortes.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: