Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Do grupo 'Sacha na Horta'

"Biocultivos" é o ghit do verán 2007

"Vivo na terra do sol, aínda que chova aquí vai calor", cantan Sacha na Horta. Un grupo descoñecido até o momento que acada o premio á canción galega do verán.

Redacción - 12:50 18/08/2007
A cadela Maca, na horta das compoñentes do grupo

A cadela Maca, na horta das compoñentes do grupo

Unha formación debutante converteuse na gañadora da segunda edición de A Polo Ghit, o concurso convocado por Vieiros e a Radio Galega para procurar a canción do verán. Sacha na Horta, un grupo de mulleres que viven na compostelá rúa das Hortas e que non tiña experiencia anterior no mundo da canción, foi merecedora do premio.

Esa foi a decisión do xurado, formado por Luís Queimada, Vincent Jalo, María Yáñez e Xavier Campos. Agora, o grupo gañador gravará un videoclip profesional na Televisión de Galicia e voará a Cuba para participar na Feira do Libro da Habana en febreiro do 2008, coa delegación da Consellaría de Cultura. O tema premiado, Biocultivos, fala da vida e da visión do mundo destas mulleres. Parabéns!


A clasificación final:

Biocultivos, de Sacha na Horta
O Son do Son, de Mordecans
Pinguinha, de Amacuca
Verbenero, d'Os Forfiestas
Bikos from Madeira, de Snatch
Ti eres de aquí ou vicheches á festa, de Magín Blanco
Mira como canta, de Pandeiromus
Guachin in the sky, de Chupadeskay
8 que 80, de Kógito
10ª Tranquilo viejo, de Jabón Blue


4,67/5 (15 votos)


Comentarios (12)

Gaviotero #1 18/Agosto/2007 Gaviotero

También es mala leche mandarlos a Cuba, ¿no? Cualquiera le hace una canción crítica al coma-andante. Aunque con un poco de suerte para febrero del 2008 el dictador ya está en el infierno...:)

breixoak #2 19/Agosto/2007 breixoak

A min gustàbame máis a do for fiesta, mais esta non está nada mal

galaico #3 19/Agosto/2007 galaico

Que vergoña allea me da todo isto, lástima de xente!!!
Por un carameliño.....

Sara_Mago #4 19/Agosto/2007 Sara_Mago

Parabens pola victoria, raparigas! E um tema muito bom e tendes a victoria bem merecida. Pasade-o bem em Cuba. Bom, em Cuba, terra maravilhosa de grandisimos contrastes, é dificil nom passa-lo bem.

Se nunca estivestes em Cuba, tende em conta apenas umha cousa. A gente que se achega ao turista, normalmente fai-no apenas polo interesse. O qual, em principio, nom tem nada de mau, mas tende em conta que som apenas umha minoria. Se queredes conhecer Cuba passade dos interesseiros e achegade-vos vos a gente. Paga a pena.

Viva Fidel Castro! Viva Cuba!

http://www.cubainformacion.tv/

Sara_Mago #5 19/Agosto/2007 Sara_Mago

Para Gaviotero, no museu de arte contemporanea da Havana (um nos mais interessantes dos que conheço), existe umha quantidade muito significativa de arte anti-revolucionaria e anti-castrista. De facto ha obras de cubanos que moram em Miami e que parece que o unico que fazem som obras contra Fidel Castro e contra a revoluçom cubana.

OXirarei #6 19/Agosto/2007 OXirarei

A miña favorita tamén era, sen dúbida, Verbenero, dos Forfiestas... pero que lle imos facer...

arkanxo #7 20/Agosto/2007 arkanxo

a minha favorita era a da auga das macetas! Pero esta tamen me gusta, polo menos a letra dia algo! noraboa!

anacleto #8 20/Agosto/2007 anacleto

Este concurso ten un nivel moi malo musicalmente, comparando coa publicidade que se lle fai en meios públicos (Radio Xurxo).O premio é unha merda para que ninguén se tome o tempo e o traballo necesario para facer bons temas.
E despóis non gañan as máis populares, senon as que máis conectan co xurado que decide.Despóis non teñen trascendencia algunha, non as canta ninguén, non se pinchan en locais, non as incorpora ningún grupo ou orquesta ao seu repertorio...

Artritris #9 20/Agosto/2007 Artritris

Por partes: eu creo que o concurso está sacando á luz moitísimos grupos que antes non coñeciamos. Logo a cada quen gustaranlle uns ou outros.
Respecto dos gañadores, coincido con #8 na desconexión entre a elección do xurado e o sentir popular, máis tendo en conta que o concepto "canción do verán" xa ten unha máis que clara connotación popular. Imaxínome o "Son do Son" ou o "Verbenero" cantadas por unha orquestra no patrón, non á gañadora.

Lito #10 20/Agosto/2007 Lito

Para min a de verbenero, xenial! se oídes un móbil soando con ela, poida que sexa eu!

Artritris #11 20/Agosto/2007 Artritris

#10 o teu móbil? a ver se vai ser o meu! :P

galaico #12 20/Agosto/2007 galaico

RADIO XURXO!!! Moi bó!!! E e certo, este persoaxe é peor que os que estaban antes, un "enrollado" de novo cuño, que será o próximo que invente?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: