Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Equipos obsoletos na maioría

Apenas un de cada cinco Concellos gozan de banda larga e só a metade teñen web oficial

O frouxo avance da alta velocidade na internet galega inclúe as dependencias oficiais da maioría de concellos.

Redacción - 09:30 19/08/2007

"A falta ou obsolescencia de equipos é un freo á implantación de cambios na e-administración municipal". A afirmación fana desde a propia Consellaría de Presidencia, ao fío dos datos do informe A administración electrónica nos concellos galegos 2007, estudo realizado polo Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia.

Desta avaliación destaca un dato significativo sobre o grao de conexión nos municipios. Se ben o 100% dos concellos contan con conexión á rede, só un 20% dispón de acceso a través de banda larga. Ademais, só o 56% dos concellos ten web oficial. Destas, un 37% permite algún tipo de interacción ou descarga de formularios. Apenas o 3% teñen a opción para o usuario de cubrir os formularios directamente en internet. A mesma análise considera que os contidos son habitualmente moi básicos "eminentemente de interese turística e escasamente de prestación de servizos aos cidadáns".

Fronte a esta situación, Presidencia anuncia o deseño dun plan con cinco eixos de actuación: un programa de difusión, seguimento e avaliación; un de mellora de infraestruturas; outro de mellora de aplicacións; un programa de introdución e xestión de cambio nos concellos e un máis de soporte aos municipios.


5/5 (1 votos)


Comentarios (3)

Gaviotero #1 19/Agosto/2007 Gaviotero

Y en la mayoría de los casos, las webs se ofrecen exclusivamente en gallego (la de la Junta de Galicia es un buen ejemplo de ello) incumpliendo así las buenas prácticas de la Administración propuestas para este tipo de webs por parte del Ministerio de Administraciones Públicas.

Pero todo sea por la construcción naci...

santiagosavinhao #2 19/Agosto/2007 santiagosavinhao

Gaviotero de merda,non podes durmir, está arachar o teu estado, sempre che queda o suicidio. ánimo, así descansarás cos teus (xosé e paco)

guillerme #3 20/Agosto/2007 guillerme

Cada un ten as cousas no seu idioma, así que os españois en español e os galegos en galego e se alguén non entende que se f...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: