O partido catalán Ciutadans-Partit de la Ciutadania (C's) exhorta aos particulares "a que esixan aos seus consistorios que icen a enseña española xunto coa autonómica".
Casa do Concello de Lugo
Ciutadans-Partit de la Ciutadania (C's) anunciou esta semana que a partir do vindeiro luns porá en marcha unha campaña para que os cidadáns esixan aos seus concellos, mediante peticións por escrito, o cumprimento da lei de símbolos par que "utilicen tanto a bandeira autonómica como a española no exterior e interior do consistorio".
A campaña, segundo informaron nun comunicado, iniciarase en Cataluña, en Euskadi e tamén en Galiza. C's ofrece datos sobre a primeira destas tres nacións, a catalá, onde segundo a formación política máis de cen concellos non cumpren a lei. Porén non dan ningunha información sobre a situación dos consistorios galegos.
"Esta é unha mobilización cidadá. Calquera persoa poderá levar a instancia ao seu concello. Cantas máis reciba un consistorio mellor. Os cidadáns poden facerse oír, tomar a iniciativa, e os partidos políticos teñen a obrigación de escoitalos e apoialos", asegura Albert Rivera, presidente de Citadans.
Denuncias do PP por un programa da TV3
Por outra banda, o PP catalán pedirá explicacións ao director da Corporació Catalá de Radio i Televisió, Joan Majó, polo capítulo dedicado a España do programa de TV3 Afers Exteriors, que considera "simplista, parcial e partidista".
O deputado do parlamento de Cataluña Santi Rodríguez asegurou que no capítulo emitido o pasado martes, o presentador do espazo, Miquel Calzada, "trata a España como un país alleo a Cataluña", "reduce a imaxe de España a Madrid" e expresa reflexións propias "do imaxinario nacionalista".
Rodríguez criticou que Calzada se defina como "un visitante estranxeiro" en Madrid, que faga apelacións ao independentismo ou que defina España "como un imperio do cal nós formaramos parte".
é incríbel ata onde chega o odio antinacionalista desta xente, na galiza a bandeira de hespaña ondea xá en tódolos consistorios. non se pode decir o mesmo da galega. este suposto partidillo de xente "apolítica"? o único programa que ten é o ataque continuo ós nacionalismos, polo demais son unha camarilla que andan á gresca para ter o control dunha organización que defraudou a moita xente.
Vaia,vaia o PP de Rajoy criticando o ensino do himno galego os nenos galegos na escola.O PPdeG o ensino de parte das asignaturas en galego.Pq din hai temas mais importantes.
Pero sen embargo, eles e estes Ciutadans non teñen problema en estar pendentes de que a bandeira española ondee nos maior numero de lugares posibeis.Vamos que primeiro a bandeira española, e despois outros temas coma o paro, as infraestructuras, a inseguridade laboral, os accidentes de trafico,etc.
Ahi esta a hipocresia dos españois, os simbolos galegos sobran e é unha perda de tempo coñecelos, pero os simbolos españois si hai que ocuparse de que sexan coñecidos por todolos galegos, poñerlle letra o himno español, bandeiras polas ruas da coruña, bandeira xigantesca na praza de Colon en Madrid,etc.
O necesario é facer campaña en contra da bandeira española nos concellos galegos, é unha vergonza que nos consisitorios gobernados polo BNG aínda siga a bandeira española ondeando.
Sobre todo sodes os da Coruña os que tedes que comezar a mobilizarvos para que remate a vergonza que supón para a nosa patria o feito de que a bandeira española esté ondeando no paseo marítimo.
Como pode ser que o PSOE precise da axuda do BNG na Coruña e este non pida que se elimine esa bandeira invasora? Eu sinceramente non o entendo.
Espero que os concellos galegos non presten atención a ese grupo de fascistas cataláns e si comecen a prestar atención ao que os cidadáns galegos queren porque a maioría prefiren ver a bandeira galega que a española (aínda que Paco Vázquez non o crea).
Moi boa iniciativa de mobiliación cidadá, si sr. É o q todos os ciutdadáns estabamos a esperar para sair desta morriña, unha mobilizacións como ten q ser.
E o resto das causas perdidas cando pensan promove-las? Pleno uso polas institucións do galego, o cumprimento das emisións en galego das radios e tvs q emiten en Galiza, o uso correcto e legal da toponimia, o uso da bandeira galega en todas as institucións de Galiza, o dereito a ser atendidos nas institucións e na xustiza en galego...
Moito van ten q escribir estes exemplos de ciutdadáns
Jooooder como esta o patio que carallo lles interesa a estes o que pase aquí.
Por fin se lle ve o xeito a estes tipiños,payasos....
Esta xentiña (os de Ciutadans) moito falan en contra do nacionaleismo abafante en cataluña e bla bla bla... e o que son é uns nacionalistas españois, so que non se atreven a dicilo (romperíalles o discurso) :(
Pero que ignorantes, a que carallo teñen que vir a decir o que temos que facer aquí, en todos os organismos públicos ondean as bandeiras galega, española e europea. Pobre xente que so se preocupa dun farrapo que ondea. E digo isto para todos aqui na Coruña danos igualiño que poñan a ventear no paseo a bandeira que lles pete, temos outros problemas máis importantes como cidadans e coma pais.
Que sopren, que sopren forte a ver se ondea.
Já postos, que vigiem o bom uso da nossa bandeira nacional, que numha pocentage grande de concelhos está pendurada ao reves. Os británicos, polo mesmo em organismos da Uniom Europea, montarom umha boa.
... ¿como non queira que ondee nos retretes dos concellos galegos?, ... polo que o que é nos balcóns, ... están en todos ou case todos....
E por qué ten que ser só en Galicia, o País Basco e Cataluña? Por qué non van mirar se a bandeira manchega está do dereito ou do revés no concello de Toledo!
... e estes fanse chamar o partido dos cidadáns? Impórtalles aos cidadáns que ondeen ou deixen de ondear as bandeiras? do dereito ou do revés? Qué lles importa aos cidadáns como ondeen as bandeiras!
Moita defensa dos cidadáns pero o único argumento que teñen en Cataluña é protestar en contra da política lingüística da Generalitat. Aquí veñen ondear a bandeira.
Mira ti qué defensores dos cidadáns...
Guillerme es partidario de que la ley no se cumpla por parte de los nacionalistas cuando a él no le gusta o no le conviene...
Guillerme, súmate a la democracia o después luego no te quejes...
La mayoría de los gallegos lo que queremos es que se cumpla ley y que ondee la bandera española en sitio preferente, acompañada de la bandera gallega, la europea y la bandera del concello correspondiente.
Sólo aquellos que no creen en la ley y la democracia instarán a incumplir la ley.
Otra cosa es que se quiera cambiar la ley...eso es completamente legítimo mientras se haga por las vías democráticas.
Lo contrario, no merece ningún respeto.
PD: mil, cuando hablas de la bandera nacional, algo me dice que no te refieres a la española, ¿verdad? :)
PD2: O_Castrexo, se preocupan de Galicia, el País Vasco y Cataluña porque es en estos sitios, y especialmente en los dos últimos, donde sistemáticamente se incumple la ley. Y para preocuparse de las enseñas autonómicas, los trapos que los llamáis vosotros cuando habláis de la española, ya estáis vosotros...
Ódio antinacionalista? Mas que pode haver que seja mais NACIONALISTA que colocar uma bandeira na fachada da Casa do Concelho?????
O que acontece é que estes CiudadANOS já tiraram a carauta. Alegro-me, assim sabemos quem são de verdade.
Gaviotero, democracia non é o que ti queiras, é o que é; evidentemente a lei está para cumprila, pero non cando a lei foi posta polo país invasor (aquí é onde discrepamos).
Ademais, se tanto queres cumprir a lei teño que dicirche que os topónimos de Galicia son competencia exclusiva da Xunta de Galicia, polo que se queres respetar a lei vas ter que empregar A Coruña, xa que Losada (nin Paco Vázquez antes) non teñen competencia para decidir o nome do concello e medindo coa mesma vara (que poucas veces o fas) se eles teñen xardíns onde se incumpre a lei, tamén pode haber concellos onde non ondee a bandeira española.
bandeira hespañola en sitio preferente? o himno tamén e claro tódolos demais simbolos de estado hespañol. xa se sabe, os simbolos nacionais galegos só son uns pequenos caprichos que se lle deixaron de esmola a certas rexións do imperio para calarlle-la boca o finar o xeneralísimo e grande de hespaña. o de cumprir a lei é de coña, cando son eles os que non a cumpren co decreto do galego, a lei de toponímia...
Se é que são imbecis e escuros... e não nos entendem, não.
Pero o que lle importaba a xente non era o paro, o prezo da vivenda e demais???, están a crear estas polémicas pra que desviemos a atención, en vez de traballar polo que si realmente lles interesa ós cidadáns.. ;)
Gaviotero veseche o plumeiro,traicionoute o subconsciente
Guillerme "es" partidario de que la ley no se cumpla por parte de los nacionalistas cuando a él no le gusta o no le conviene...
Ou é que empezas a falar galego sen te decatar?
Pues yo creo que hay que hablarles en su idioma (si es posible), a los CIUDADANOS estos. En el idioma NACIONAL de EspaÑa, La Nación.
(à gaivota há tempo que se lhe vê a pluma, mas deixai-o tar...)
"Se é que são imbecis e escuros... e não nos entendem, não."
Hahaha!! Rin un bo cacho con esta frase do Observador plantada no medio e medio de todos os comentarios.
Por que Castrexo?? Que e o q tem de brincadeira?? Ou e retranca que nom dou colhido...Nom sei onde onde esta o misterio...Sinto-o
A estes Ciutadans xa os coñezo eu.Son uns arrivistas, que só se preocupan de cousas menores e que dan moita cancha para sair nos medios.....que si as bandeiras, que si os topónimos,que si os himnos etc....Que se preocupen da súa ciutat e o seu territorio, si son ciutadans, que non veñan de ciudadanos, esta pandilla de pandilleiros non nos interesa.Se se foran deitar carallo, estaban mellor.Que a vaian rañar por MADRID adiante.
As nosas costumes e peculiaridades nacionais, xa nos encargaremos nos de defendelas.A CIDADANÍA GALEGA é autosuficiente para conquerir algún día os nosos desexos, ao noso xeito e non ao dos foráneos con aviesas intencións xa coñecidas por nos.Galiza é dos Galegos.
Claro que discrepamos, guillerme. Vale que tú consideres España un país invasor. Pero sé consciente de que es una opinión personal frente a la legalidad. Y que ni siquiera tu opinión es mayoritaria.
También a mí me podrían parecer injustos los impuestos que pago, pero sólo tengo dos opciones: o bien pagarlos, aun a disgusto y quejándome todo lo que quiera, o bien no pagarlos, que también es una opción, pero asumiendo que pueda caer sobre mí el peso de la Ley.
Respecto a los topónimos, que no son ni mucho menos competencia exclusiva de la Xunta, pues las denominaciones oficiales tienen que ser aprobadas por el Parlamento español, te recuerdo que obligan EXCLUSIVAMENTE al uso OFICIAL de los mismos.
Así pues, si yo tuviera que hacer un discurso o un escrito, aunque este fuera en castellano y por tanto incorrecto, pues en el castellano la máxima autoridad no es ningún petrimete político sino la Real Academia Española, en este caso como digo utilizaría la denominación oficial de "A Coruña". Y yo, querido guillerme, sólo respondo de mis actos. De los demás, de vuestros socios políticos, de hecho, si es que te consideras simpatizante del nacionalismo gallego del BNG, que respondan ellos.
Y puestos a exigir responsabilidades, que el Vice de la Xunta, ese al que Maeloc-do-Rouco tan poco le gusta que califique de mamarracho, que use en la publicidad oficial de la Xunta que le pagamos todos la denominación de "Galicia", por ser este el único topónimo oficial, en vez de usar el de "Galiza".
Norberto, aprende español. Mi frase está escrita en un castellano perfecto. Más que tu gallego, por cierto...
Te ayudaré un poquito, venga:
Yo soy...
Tú eres...
Él (guillerme) es...
¿Sigues ya tú solito?
Respecto a la gente de Ciudadanos, tienen total libertad para exigir el cumplimiento de la Ley en cualquier parte de España. Y ya que estamos, os anuncio que van a tener implantación en Galicia próximamente...
Pinchorfa, la ciudadanía gallega lo que quiere es la bandera española ondeando en lugar preferente de sus ayuntamientos. Que digo yo que siendo los gallegos que nos consideramos españoles una gran mayoría, tendrá más sentido que hable yo y no tú, que no representas ni al 20% de la población, en nombre de la ciudadanía gallega, ¿no?
Galiza é a forma na nossa Língua, a palavra "Galicia" é uma forma castelhana. Ter de andar a esclarecer algo tam evidente fala da necessidade de te alfabetizares um mínimo na Língua de Galiza, Gaivota.