Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRESENTARASE A VINDEIRA SEMANA

Promoven unha plataforma contra a Cidade da Cultura

O colectivo pretende que non se gasten máis cartos no complexo e anuncia unha denuncia xudicial

Redacción - 18:20 23/08/2007
Os impulsores da plataforma cren que o gasto no Gaiás é excesivo

Os impulsores da plataforma cren que o gasto no Gaiás é excesivo

Xan Carlos Ansia, dirixente da CIG-Administración, anuncioulle este xoves a Europa Press que está a piques de constituirse unha plataforma cidadá contra a Cidade da Cultura. Segundo a mesma fonte, na iniciativa participan tamén membros doutros sindicatos e persoas a título individual. O colectivo, que nace con 40 persoas adheridas, darase a coñecer a vindeira semana en Compostela.

A plataforma esixe que non se prosiga “dilapidando diñeiro” en Gaiás e anuncia que presentará unha denuncia na Fiscalía Anticorrupción baseándose no crítico informe do Consello de Contas. Aínda que culpa directamente do sucedido aos anteriores executivos populares, non aforra críticas á redifinición proposta polo actual Goberno.


4,74/5 (19 votos)


Comentarios (17)

Dordo #1 23/Agosto/2007 Dordo

Por fin algunha iniciativa coherente sobre a desfeita de Gaiás. Que digan onde teño que apuntarme, por favor, que alá vou!

BonKarallan #2 23/Agosto/2007 BonKarallan

Que sexa unha plataforma con catapultas a ver se así se remata dunha vez con esa cidade tan "culta".

O_Castrexo #3 23/Agosto/2007 O_Castrexo

A cidade da cultura é boa para o desenvolvemento de Santiago e para o sector turístico. Non imos vivir eternamente da Catedral. É preciso crear recursos turísticos novos e reinventar a imaxe da cidade!

A corrupción e o gasto excesivo é outra cousa! Contra diso a plataforma ten o meu apoio.

lunet #4 23/Agosto/2007 lunet

Asi me gusta O_Castrexo e ó resto da Galiza que nos dean polo cu¡¡¡¡

Gaviotero #5 23/Agosto/2007 Gaviotero

Al final esta plataforma, revestida de protesta contra cualquier cosa, se utilizará como todas para poner a parir al PP, que es de lo que se trata...

¡Hay que ver cuánta gente ociosa hay en Galicia!

O_Castrexo #6 24/Agosto/2007 O_Castrexo

Lunet. Iso tamén é beneficioso para Galicia. Galicia é un destino turístico que ten que ser visitado en conxunto. Cando chegas a Santiago e visitas a catedral... acabou o conto. Tes que saír fóra e visitar Galicia. Os turistas, dende logo, poderían visitar Galicia en conxunto con máis facilidade SE TIVESEMOS TRENS MELLORES!

Hoxe faise o recurso en Santiago e mañá farase noutro sitio.

ulo #7 24/Agosto/2007 ulo

A CIG denunciou, agora ista Plataforma dende o entorno do BNG: a cuestion, hai alguén por aí que segue mirando para outro lado, e é do BNG. Porque istas iniciativas son correctos e veñen ben, pero a fronte no que esta a CIG é parte do goberno da Xunta, é dicer, que tiveron dous anos para facer o que agora exixeselle dende... o BNG. Non o entendo.
Agotanse os limites do bipartido: o BNG non pode seguir nadando entre dous augas. Quintana, Bugallo, Suarez Canal, Blanco, etc., non poden seguir calados: apoian as medidas da CIG e polo tanto compromenténse a levalo a proxima xuntanza do Consello da Xunta, aos seus aliados do PSOE, ou non as apoian, e polo tanto co digan.
Pero o silencio é complice do PSOE e dos responsabéis do desaguisado, o PP.

xviluba #8 24/Agosto/2007 xviluba

lume e leña contra os mauseleos e os que o apoian!!

compostelanio #9 24/Agosto/2007 compostelanio

Pero vamos a ver. O problema da cidade da Cultura era que se estaba construindo sen saber moi ben para que se usaria. O que fixo este goberno foi redimensionar a obra e darlle sentido para tratar de que non quedasen perdidos os cartos gastados.

Por iso agora se alguen quere criticar o novo proxecto que non o faga nos mesmos terminos que o facia co de Fraga, porque non ten nada que ver. As criticas agora cheiran mais a localismos "vazquistas".

Anxo #10 24/Agosto/2007 Anxo

Estou dacordo coa proposta da Plataforma e que é que os edificios se adiquen a dependecias da Xunta, e así xuntar todas as dependencias e deixar de pagar alugueres nalgún dos casos.
Castexo, triste é que Santiago como tí dis so teña que visitar a Catedral, eu penso que ten algo máis, pero se é coma ti dís non debería ser competencia da Xunta senon do Concello a de buscar novas alternativas ao turismo para a Cidade, tal e como fan outras, como A Coruña, buscando turismo de Congresos co Pazo da Opera, Palexco e o Recinto Feiral, turismo de Cruceiros, turismo cultural con unha rede propia de Museos: Aquarium, Domus, Casa das Ciencias, Casa Picasso, Casa María Pita, Casa Casares Quiroga, ..., eso es o que debería facer o Concello de Santiago buscar alternativas.

barrequebarre #11 24/Agosto/2007 barrequebarre

Eu propoño outra plataforma máis necesaria: unha contra o exceso de funcionarios ociosos deixados polo goberno anterior na administracion. Seguro que recurtando personal non era necesario tanto edificio público.

Tareixa-Basanta #12 24/Agosto/2007 Tareixa-Basanta

culturasimausoleonon.blog.com

Podese visitar o blog e anotarse na lista de apoios. Evitar o derroche de 400 millóns de euros ao ano e dedicalos a cousas mais productivas pode merecer a pena esixirlle ao bipartito non continue co proxecto de Fraga. O das redifinicións é unha broma aínda non se sabe a que se vai dedicar o feito e cada 15 días desde o bipartito dise unha cousa diferente.O que coñeza o Monte do Gozo sabe como rematan estas cousas.

ecoe #13 24/Agosto/2007 ecoe

Arriba Ansia e a plataforma contra o despilfarro -a cultura que precisamos para sermos nós non entra nin cabe en ningún Gaiás, está en cada lugar-: que estendan a plataforma ós salarios vitalicios e outras mandangas

Gaviotero #14 26/Agosto/2007 Gaviotero

Los nacionalistas gallegos cada día crean una plataforma nueva...todas con dinero público, eso sí, no vaya a ser que se gasten los cuartos propios.

¿Tanta gente hay ociosa en el entorno del nacionalismo como para dedicarse de profesión a la creación de plataformas antiespañolas y antipeperas?

Y aún así, de poco les sirve, porque la mayoría de los gallegos vota al Partido Popular...

teixugo #15 26/Agosto/2007 teixugo

A ninhada de ratos falou.

Gaviotero #16 26/Agosto/2007 Gaviotero

Y el besugo respondió...

BonKarallan #17 26/Agosto/2007 BonKarallan

"outra vez a NINHADA DE RATOS"

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: