"Sumem-nos al mapa per un estat propi" conseguiu, dende o seu comezo, en abril, unhas 12 mil adhesións. Hai un mapa feito coas persoas que asinaron.
Con cada sinatura, foise colocando unha bandeira catalá, unha senyera, co que chegan a se visualizar no mapa cada unha das 12 mil persoas que votaron pola independencia dos Països Catalans.
A campaña comezara no blogue de Alexis Vizcaino, despois de que un outro blogueiro, Xavier Mir, lanzase a campaña "Jo també vull un estat propi". Ao final, todo desembocou nunha rede de blogues soberanistas que terminaron por crear o mapa de sinaturas.
Agora presentan, na Universitat Catalana d'Estiu, os resultados desta campaña, que se puxo marcha o 25 de abril, coincidindo coa conmemoración dos 300 anos da Batalla de Almansa.
Passo adiante pola independência.
Viva València e FÓRA o imperialismo catalán!
Home nom, nom é imperialismo, som os Països Catalans. Os de Valéncia tamem som catalans.
Os valencianos serán o que a eles lles dea a gana. Non o que digan os cataláns. Son un reino histórico da Península Ibérica con ideosincrasia de seu, historia de seu e lingua de seu.
Se os valencianos son tan españolistas é porque non lles deixan desenvolver o seu propio nacionalismo e procuran "refuxio" en España para a preservación da súa identidade.
Debería ser Cataluña a rexión sur de Occitania primeiro.
Os valencianos serán o que eles queiran e non o que lle digan os cataláns.
Pois nom, os valencianos som catalans, xa que a língua que falam é essa, e a sua tradiçom e cultura tamém.
Son los catalanes los que hablan valenciano, aunque es normal que a los catalanes les cueste reconocer esto. Que bastante tienen ya con haber sido un mero condado de la Corona de Aragón.