Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Desde mediados de setembro estará en vigor a Lei de Función Pública

Chega a fin de mes un director xeral?

Desde a Xunta argumentan que os altos cargos galegos están entre os que menos cobran do Estado. Con todo, calquera traballador do país sofre dunha perda adquisitiva maior dentro do seu sector.

Redacción - 15:00 27/08/2007

Este luns aparece publicada no Diario Oficial de Galicia a reforma da Lei de Función Pública de Galicia, que en vinte días desde esta publicación estará oficialmente en vigor. O acordo lexislativo, aprobado polo Goberno o pasado 27 de xullo, modifica a lei vixente desde 1988, estabelecendo novos criterios que, segundo defende o executivo, axudarán á creación dunha administración "máis eficiente, forte e competitiva".

A polémica "Disposición adicional 17ª"
A reforma agora vixente concédelle un sobresoldo anual de 15 mil euros de por vida aos altos cargos despois de que estes deixen a política activa e ao reingresaren nas súas prazas de funcionarios. PPdeG, PSdeG e BNG acordaron, logo dunha emenda proposta polos populares, que poidan gozar dese privilexio os directores xerais ou superiores e directores xerentes de órganos ou entidades públicas e postos na administración incluídos no ámbito da lei de incompatibilidades de altos cargos. Na práctica trátase de que reciban o chamado complemento de destino correspondente ao posto de traballo que desempeñen "ou, se é o caso, ao do seu grao persoal, incrementado na cantidade necesaria, para igualalo ao valor do complemento de destino", segundo fixa a revisión da norma.

A iniciativa foi cualificada de "inxusta, discriminatoria e improcedente", pola Confederación Intersindical Galega, que xa solicitou o derrogamento desa disposición. Avalían que será un custo adicional para os petos dos cidadáns de até 30 millóns de euros cada ano. De momento, e alén das declaracións do presidente en defensa dese extra, a única posición pública ao respecto desde o Goberno é a da actual Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero, quen nun artigo publicado en Vieiros expuxo o seu desacordo coa norma. Malia que ela mesma se vería beneficiada por eses cartos, a nacionalista opina que a medida é contraria "á práctica democrática que a política e a ética me esixe como militante, como galega e como funcionaria pública".

O argumento da Xunta a prol do pagamento
Fronte á polémica polo estabelecemento deste sobresoldo para os altos cargos da administración, acordada no Parlamento polos tres grupos parlamentarios, a Xunta esgrimiu xa a finais do mes pasado a diferencia de soldo dos altos cargos galegos respecto aos do resto do Estado.

Así, o salario medio dos directores xerais da Xunta en 2007 é de 56.889,88 euros. Ese soldo só é menor nos gobernos da Rioxa (53.904 euros) e Baleares (53.655 euros). Desde o Goberno xustifican que os directores xerais cobran en Galiza por baixo da media estatal de 60.290 euros ao ano e achegan unha táboa na cima da cal aparecen os directores xerais de Madrid (88.416 euros) e Cataluña (84.985).

Os altos cargos galegos, apenas cinco puntos por baixo da media
Xa que logo, e segundo as cifras que manexa a propia Xunta, un director xeral chega en Galiza a case o 95% do soldo medio da maioría de directores xerais do contorno estatal. E porén, ese diferencial no poder adquisitivo queda significativamente por baixo no que lle toca á maioría dos traballadores galegos. Así, a media do salario queda en Galiza en arredor do 85% do soldo medio dun traballador no resto do Estado, fenda maior segundo o sector que se considere.


4,69/5 (13 votos)


Comentarios (17)

fuco-lois #1 27/Agosto/2007 fuco-lois

Cobran pouco, meus pobriños!. Que se preocupen do seu poder adquisitivo, que nas ppróximas eleccións votaran eles e os seus familiares. Viva a democraci. (como en tempos do difuntiño: Franco)

breixoak #2 27/Agosto/2007 breixoak

A min paréceme que cobran abondo. Aínda así, se lles parece pouco (que xa lles chega de moito carallo) que aumenten o soldo, pero cobrar 14.000 euros de moca cando saen do cargo paréceme unha barbaridade.

JohnLocke #3 27/Agosto/2007 JohnLocke

Eu também quero 14.000 euros... mas ao mês.

BonKarallan #4 27/Agosto/2007 BonKarallan

¡Porca Miseria!

decompostela33 #5 28/Agosto/2007 decompostela33

Que país temos!!
Calquera estatística que fixéramos colocaríanos a cola do estado pero ollo ... os/as directores/as xerais van a gañar o mesmo que os do contorno estatal.

MariPepadoPouso #6 28/Agosto/2007 MariPepadoPouso

Estades de coña?? Esa si é unha pregunta, e non a de chega a fin de mes un director xeral? Si non chegan é por que morren no camiño. Se non chegarían a este mes, ao seguinte, e polo menos ao seguinte máis. E se non é así que lle pregunten a todos os galegos como fan para sobrevivir!! Esta tamén sería unha boa pregunta para facer.

Maripepa

Xabi1 #7 28/Agosto/2007 Xabi1

A ver, a ver. Analisemos de vagariño a proposta da lei.
Encarna Otero, seica, pode renunciar ao complemento de case 15.000 euros anuais porque é funcionaria, pero Daniel Pino -que traballa na mesma Consellería e non é funcionario- non poderá cobralos. Primeira diferencia.
Encarna Otero terá que facer renuncia por escrito do devandito complemento e será acetada. A cuestión siguiente é saber cántos altos cargos do BNG que teñen a condición de funcionarios renunciarán ao complemento de marras. Admiten-se porras, de apostas, entendamo-nos.
Hai que entender que as renuncias virán tan só da banda nacionata porque os altos cargos do PSOE coa condición de funcionarios non renunciarán ao complemento porque, como sabemos todos, están vendidos e non sinten o País como se ten que sentir e, o que resulta ainda máis importante, non sinten o País onde hai que sentilo.
O que chama a atención é que a banda nacionalista do Governo de Progreso adoite varias posicións non excluintes ante este tema: unha, calar coma un morto matado; dous, aparentar que isto non vai con eles porén vaia a prol do seu peto; tres, pasar de solidarizar-se con Encarna Otero porque, en fin, a profesora de Ensino Medio deixou-lles con cu ao aire, e disculpen a imaxe poética.
E para caer no descrédito, tamén aceitamos sen asomo de pena a argumentación de que "en España cobran máis". Pero, imos ver, non quedaramos en que "nada con España", que Madrid era opresor, que si patatín e que si patatán. Non, hai que sermos coherentes.

Ith #8 28/Agosto/2007 Ith

Estou tan dacordo con Xabi1 que sobra dicir máis.

outrolector #9 28/Agosto/2007 outrolector

Concordo con Xabi1, pero co seu permiso sigo coa análise...

Os DX chegan de sobra a fin de mes, funcionarios ou non; polo visto o complemento pretende que a súa retribución sexa competitiva e homologable á que terían no mundo da iniciativa privada, entendámonos, para que non teñan a tentación de marchar cunha excedencia co seu posto reservado para a volta, como tantos casos houbo.

Pero resulta que lamentablemente para este pais, como é notorio,
e agás excepcións que merecen ese sobresoldo ou o duplo, a
maioria destes altos cargos funcionarios deixan moito que desexar en canto a compromiso co pais e, máis concretamente, en canto a resolución íntima e efectiva de ESFORZARSE e TRABALLAR traballar moito e moi ben, e de facer traballar e esixir ao seu equipo moito e moi bo traballo, maximizando a eficiencia e a economía de medios (ie poñéndolle as pilas ás contratas e asistencias técnicas, etc...). Pero claro, para iso podes ter que ser algo "conflictivo", e iso si que está moi, moi mal visto entre o funcionariado; evos mellor calar e seguir comendo.

E así nos vai; e claro, cando alguén lle dí oes vos gastades moito e facer catro chorradas, eles responden quieto parado que aqueles gastan tres veces máis en facer dúas... podemos chamar a iso o sindrome da "inflación da desidia co bandullo cheo asegurado de por vida".

NON COS MEUS IMPOSTOS. Atentos os nacionalistas: son os primeiros aos que se lles vai a ver o plumeiro se se lles contaxian eses sindromes ou outros semellantes, os síndromes dos falsos.

A2b2 #10 28/Agosto/2007 A2b2

¡Canto cafre! ¡Canto ladrón!

A2b2 #11 28/Agosto/2007 A2b2

¡Por qué non habrimos unha conta bancaria para o sostenimento dos Altos Cagos da Xunta de Galicia? (jijijijji,.,.,.,,)

Xabi1 #12 28/Agosto/2007 Xabi1

Sí, estaba claro que un Director Xeral chega a fin de mes. Se chega Esperanza Aguirre, chega calquer.
Non acerto a comprender qué significa "compromiso co país" cando un desenvolve un alto cargo; calquer persoa pode ter os compromisos que queira pero o seu traballo non se mide por ese tipo de coordenadas senón máis ben por outras. Non quero poñer exemplos, pero hainos.
En esta administración, como en todas, o funcionariado está mal visto, pero como esta era de Progreso, calculaba-se que serían diferentes ás anteriores, ou sexa, que profesionalizarían a administración e deixarían de introducir por vía interposta a colegas (lea-se asesores), especialistas, asistencias técnicas (¡vaia chollo!), administracións paralelas (miremos polo miudo a Consellería de Suárez Canal) e cargos de confianza de libre e libérrima designación (o Presidente Touriño ten algunha que procede da Editorial Galaxia que sería manifestamente eliminable).
Non. este duplo governo non quere unha Función Pública profesional porque, din estes, os funcionarios non son de fiar en certos niveis da administración.
Retornando ao tema de orixe. Vale que se asignen un sobre-salario de por vida para os funcionarios cando volvan ao seu posto de traballo anterior. Vale. Pero, por qué hai que pagar esos 15.000 euros tamén aos altos cargos que estiveron na Xunta DESDE 1981?.
É un montón de pasta, pero que un monte de pasta.
E aí vai de balde, como tantas outras veces, unha prospetiva: cánto tardarán os alcaldes e concelleiros do País das Mil subvencións en amañar unha sinecura coma esta?. E os deputados provinciais e os presidentes de Deputacións, para cándo quedan, para cándo decidirán eles que deben cobrar coma os outros?.
Desde meu ponto de vista, o que fixo esta administración con este asunto é un escándalo máis grande ca do Raphael e deixa en moi mal lugar as promesas de eficacia, igualdade de oportunidades, e demáis que progoaron os políticos do PSOE e do BNG para sacar a Manolo Fraga da Xunta, bendito o día en que marchou.
Se un país como Galiza pode permitir-se, con menos de tres millóns de persoas e unha pirámide de povoación como a que temos, un gasto de este calibre, sumado aos salarios dos alcaldes, concelleiros, deputados en Madrid, en Santiago e en cada Deputación; se podemos pagar tanto e tanto Auditorio (ao de Vilagarcía xa se lle caen as losetas de pizarra do exterior) e ademáis a Cidade da Cultura (entre 38 e 42 millóns de euros ANUAIS en conceto de mantemento e salarios), se podemos pagar tanto dispendio, pois adiante pola liberación nacional de Galiza e polo socialismo socialdemócrata.

Gaviotero #13 28/Agosto/2007 Gaviotero

Interesante tu aportación, Xabi1. Te preguntas por qué hay que pagarles el salario también a los altos cargos de la Junta desde 1981. Yo diría que para obtener el respaldo del Partido Popular a una ley a la que es muy fácil oponerse y situarse junto a la población frente al gobierno.

Pero hay una idea que comentas que es clave. Efectivamente, aprobada esta ley, como todas de este tipo, se propagará automáticamente a todas las administraciones.

Personalmente, y más allá de no compartir el proyecto (¿los dos proyectos, debería decir?) del bigobierno xunteiro, esperaba que con ellos se produjera una regeneración democrática en la Junta de Galicia realmente necesaria tras un gobierno de quince años por parte de Manuel Fraga.

Todo parecía indicar que se produciría. Pero al final nos hemos dado cuenta de que no se trataba de eliminar las malas prácticas del gobierno anterior, pues se trataba simplemente de sustituir a los protagonistas.

Hay un ejemplo muy evidente: las fiestas de los mayores. Tanto criticarlas y no se trataba de eliminarlas; simplemente ha cambiado el cacique. Antes Fraga, hoy Quintana.

Galicia es una región condenada al subdesarrollo y al déficit mientras siga manteniendo una función pública tan desproporcionada en relación a su población. Además, este sector público es cada día menos eficiente.

Y lo peor de todo es que no auguro cambios, gobierne quien gobierne.

Así pues...¡sólo nos queda hacernos funcionarios nosotros también hasta que todo reviente por algún lado!

Eso sí, la "liberación nacional de Galiza" o el "socialismo socialdemócrata" no creo que fueran precisamente a mejorar el problema, sino a engordarlo más con todo tipo de cargos, estructuras y mamarrachadas propias de este tipo de iniciativas "liberadoras". Y encima, no tendríamos a España para pagarnos los caprichitos de la señorita Pepis de los Quintanas de turno...

Vamos, que no. El camino es el liberalismo económico. ¡Viva Esperanza Aguirre!

teixugo #14 28/Agosto/2007 teixugo

Ninhada de Ratos!

gamalho #15 28/Agosto/2007 gamalho

Um Director Geral é nomeado a dedo e não por um concurso de méritos. Além disso, pode ser um péssimo Director Geral, é dizer, pode roubar, fastidiar a outros, nao fazer nada ou fazer menos do que deveria. No entanto, sempre terá o seu aumento vitalício.
Pois bem: até que não se derogue esta reforma da lei da função pública, o PSdG e o Bloco perdem o meu voto de maneira VITALICIA. Este é o único sistema de avaliação que serve em política. Eles o buscarom.

atoladomonte #16 28/Agosto/2007 atoladomonte

o meu voto nunca foi de ninguén. ninguén o gaña e ninguén o perde.

dáme igual que os altos cargos estean por debaixo do resto do estado ou do mundo... o do soldo vitalicio é unha tomadura de pelo. sobre todo porque non reflexa ningún mérito de ningún dos cargos.

e galiza non anda tan brillante como para manter a tanta xente 'porque si'.

a miña confianza nos políticos, sexan da cor que sexan, vai caendo sen remedio.

houbo cambios, pero son tan pequenos e de tan pouca envergadura que se perden nunha moa. por que non se atreverán a coller o touro polos cornos e porse a traballar dunha vez?

BonKarallan #17 28/Agosto/2007 BonKarallan

Chega, chega. Xa me gustaría a min que o meu non chegase e déselle un infarto, de tanto cobrar.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: