Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate sobre a Cidade da Cultura

Quen debe investigar o Gaiás: o Parlamento ou o Fiscal?

Fraga, Pérez Varela e Feijoo poderían ter que dar explicacións sobre o Gaiás. O PSdeG propón unha comisión parlamentaria. Desde o BNG preferirían que fose a Xustiza a protagonista da investigación. O propio líder do PPdeG desafiara os rivais a levar o asunto á Fiscalía.

Redacción - 09:30 28/08/2007

Á luz da "gran fraude" que na súa opinión permite avaliar o informe do Consello de Contas, o voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, recuperaba este luns a proposta avanzada na fin de semana polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e anunciaba que os socialistas preparan a petición dunha comisión de investigación sobre a Cidade da Cultura. Rego asegurou que á luz da actualidade agarda que todos os grupos coincidan en apoiar esta petición.

Na súa bitácora, o deputado socialista Xosé Manuel Lage confirmaba que nas próximas horas se presentará a proposta, esperando que así poida saberse "algo máis do que pasou coa cidade da Cultura e así tamén o PP de Núñez Feijóo poderá saber aquilo que di descoñecer". Lage tamén se refire ao redeseño do proxecto e a elaboración dun plan de usos, cualificando a decisión do executivo como unha aposta por "racionalizar este invento e sacarlle partido despois da súa faraónica concepción".

Que o investigue o Parlamento ou o Fiscal? Con todo, a propia existencia dese novo plan de usos e contidos para o proxecto, detallado xa nas diversas comparecencias parlamentarias da conselleira de Cultura e a propia publicación do informe do Consello de Contas avaliando a xestión anterior, fan abrollar outras recomendacións sobre o proceso a seguir. Foi nese sentido no que o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, afirmou este luns que os cidadáns xa definiron responsabilidades políticas "cos seus votos" e opinou que "o Parlamento agora ten que adicarse a outras cousas".

Aymerich recordou que na altura da metade de lexislatura, o Parlamento ten en axenda importantes obxectivos e reformas lexislativas e chamou a non paralizar a súa actividade con asuntos sobre os que podería actuar a propia Xustiza. Así e todo, concedeu que o grupo parlamentario socialista estudará a proposta de creación desta comisión en canto sexa recibida. Ao respecto, a propia conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, mostrouse este luns de acordo coa súa creación, o mesmo que o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, quen afirmou que os nacionalistas apoiarán todo o que contribúa á "transparencia e claridade" no que lle toca á xestión dos fondos públicos.


4,86/5 (7 votos)


Comentarios (13)

Tino #1 28/Agosto/2007 Tino

Está claro q a Xustiza non é xusta, mais pior seria q se crease a Comisión parlamentar na q ao final non serve para nada e todos saen gañando.

Anxo #2 28/Agosto/2007 Anxo

Eu prefiro que sexa a xustiza, a Comisión so servirá para que se anden a tirar os trastos á testa, para logo cando sexa o informe final uns votarán a favor e outros en contra, outros querran outro informe final ou que se engada tal cousa, haberá novas liortas, e todo quedará en nada máis que liortas, como pasa en todas. Polo menos a Xustiza debémoslle dar un voto de confianza no seu independentismo.

angarati #3 28/Agosto/2007 angarati

Ata onde pode chegar a Comisión xa chegou o Consello de Contas. Agora o que necesitamos é que fale o xuiz!

outrolector #4 28/Agosto/2007 outrolector

O fiscal !

xoca #5 28/Agosto/2007 xoca

A min gostariame que fose a xustiza, mais levo moitos anos dubidando e comprobanda a sua falla de imparcilaidade asi que... Tarde piache!

OBSERVADOR #6 28/Agosto/2007 OBSERVADOR

Um fiscal IMPARCIAL E COMPETENTE.

E depois o Palradoiro deverá fazer-se eco dos resultados.

Assim seria fazer as cousas como é devido, mas...

haiqueroelo #7 28/Agosto/2007 haiqueroelo

O que queda claro é que hai que investigalo.

severino #8 28/Agosto/2007 severino

O loxico e que sexa a xustiza, pois as comisions de investigación parlamentarias teñen o seu veredicto antes de constituirse... Son unha farsa ó servizo da maioría gobernante en cada momento. Eso fano tanto os uns coma os outros....
Outro problema, para min mais preocupante é a politización da xustiza, como podemos ver nas sentenzas do tribunal supremo ou do constitucional, na que a metade progresista vota toda o mesmo e a metade conservadora tamen!!! E iso xustiza??

Noutra orde de cousas a Xunta esta instaurando o concurso oposicion para o acceso ás prazas de funcionario (tralo sangrante proceso de educación no que entraron interinos cun 5 e quedaron fora outros cun 9) nas novas oposcions ós corpos xerais da xunta contará un 40% os puntos dos interinos... E iso igualdade, merito e capacidade??? Parece que os uns metian ós seus amigos e os outros seguen o mesmo camiño.....

BonKarallan #9 28/Agosto/2007 BonKarallan

Investigar que?

Seica, fixeron algo mal?

xansenmedo #10 28/Agosto/2007 xansenmedo

O único con algo de criterio foi o Touriño que implicou a Zapatero no proxecto para que o financiase.

pikolote #11 28/Agosto/2007 pikolote

¿Son incompatibles? Creo que non. Os votantes merecemos que Fraga e Pérez Varela dean a cara diante dos cidadáns. Ogallá que a comisión sirva para iso. E se á vez o xuiz se pon ó traballo, moito mellor.

Xabi1 #12 29/Agosto/2007 Xabi1

O informe do Consello de Contas, que entón dirixía un afiliado ao PP, don Luciano Fariña, para que conste a súa filiación política e tamén a súa honradez, debería, unha vez se atope nas mans do Fiscal (que creo que é outro Luciano, este apelidado Varela, ex PCE), ser motivo para abrir unha investigación.
Tamén o Parlemento está para esas cousas, porén Aymerich, aluno aventaxado do membro do Opus Dei e ex Reito da Universidade da Coruña, o señor abade Meilán Gil, diga que non, cecáis pensando nas que lle poden caer ao governo de Progreso cando deixe a administración...
Xa resulta máis estrano que un alcalde, o señor Sánchez Bugallo, rexedor de Compostela, que formou hai meses unha comisión de expertos (sic) para analisar o asunto da Cidade da Cultura da que formaba parte Xose Manuel Beiras, non desexe que se saiba se Galiza e Compostela poden ou non soster o mega-hiper-super-complexo cultural do Gaiás. Él sabe que non, pero tanto lle ten mentres cobre o Imposto de Bens Imobles, qué grande estadista é este Bugallo.
Doutra banda, a plataforma Cultura Si, Mausoleo non, que ten por voceiro máis sinalado a un liberado ou cecáis ex-liberado sindical da CIG, actualmente expedientado no seu sindicato, podería chamar-se "Plataforma Tarde Piaches" porque tras todos os anos de governo Fraga e dous de Progreso, vir agora con que hai que meter no Gaiás as oficinas da Xunta, resulta case como unha tomadura de pelo. O voceiro da plataforma Cultura Si, Mausoleo Non, non sabe que un edificio destinado a ser hospital, por exemplo, non serve, unha vez construído, como Centro Cultural ou como oficinas.
Vexamos o tema desde outro punto de vista:
Desde que Manolo Fraga toleou máis do habitual cando decidíu crear da nada a Cidade da Cultura, Caixa Galicia dixo amén. O caixa amiga era propietaria dos terreos (Gayoso agora porta no peito unha desas medallas de Galiza ou de Castelao, é que xa me confundo) onde se ía erguer o mamotreto... e tamén dos terreos que rodean os edicifios da Cidade da Cultura: ollo ao piollo: cando a administración faga todas as acometidas para a Cidade da Cultura, verán como Caixa Galicia levanta tremenda urbanización, con centro comercial incluído e campo de golf en plano inclinado se for preciso, e, ala, a gañar pasta a prol de Galiza.
O proxecto da Cidade da Cultura ficou nas mans do Xefe Rexional do Movemento, camarada Pérez Varela, un tipo con vista para os negocios realizados ao aveiro da Administración Pública, pero carente da intelixencia que amosan os cánidos. En mans de Pérez Varela, calquer cousa era posible, e así foi. Un exemplo: a política de adquisición de fondos, de bibliotecas de nomeados escritores galegos, como Basilio Losada ou Xesús Alonso Montero (sí, tamén a de Xesús Alonso Montero, moito PC e moita leria, pero aí estaba vendendo á Cidade da Cultura libros como "Doce badaladas", do camarada Suso de Toro), fou un fracaso e, ademáis, carísimo de Deus o Noso Señor. ¡Até compraron para a Cidade da Cultura dous arpóns noruegueses para cazar baleas, e falo en serio!.
Doutra banda, a Cidade da Cultura carece de fondos de revistas xa que as mellores e máis completas colecións atopan-se noutros centros galegos aos que non se lles pasou pola cabeza entregalos para o Gaiás. Entón, qué é a Hemeroteca da Cidade da Cultura?. Pois un pouco de papel e moito fondo dixital, consultable desde calquer punto do mundo mundial. Entón, para qué un edificio se bastaba cunha habitación chea de ordenadores e uns técnicos ao lora para que non caia o servidor?.
Todo o disparate da Cidade da Cultura xerado por Manolo Fraga foi asumido polo actual governo de Progreso, que lle deu unhas pinceladas, vestiuno con cores progresistas e envolveuno en papel que lle trouxo Antón Reixa, comentarista en español do xornal "El País". Mais o disparete-che o mesmo, os custos son inasumibeis e, como antes, seguimos en saber qué raio das Ánimas imos facer con semellante marrón: que si hai que abrilo a América do Sur, que se faremos unha reunión de Ministros Mendicantes de Cultura, que si un museo do xoguete... En fin.
Propoño unha solución axeitada que permitiría un uso múltiple e trasversal do complexo do Gaiás: unha grande prostíbulo, masculino e feminino, con conexión direta a Lavacolla, ben por auto-estrada, ben por metro lixeiro, acompañado dun Casino que te cagas.
Ben sei que non é políticamente correto, pero a cabeciña non me da pra máis

jujolor #13 29/Agosto/2007 jujolor

a xustiza

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: