Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aumento das enfermidades de transmisión sexual

"O 50% dos mozos non usan preservativo e o 25% úsano mal", quéixase o PPdeG

Os populares afirman que Sanidade non fai esforzo abondo en educación sexual. Tamén critican "a falta dun programa de prevención da drogodependencia".

Redacción - 09:30 28/08/2007

"Estamos ante unha clara falta de información e de concienciación", aseguraba este luns o voceiro parlamentario do PPdeG en asuntos sanitarios, Miguel Santalices, apuntando a estatística sobre usos do preservativo. O deputado popular sinalou que o "repunte" que estarían rexistrando as enfermidades de transmisión sexual é resultado de que "a mocidade non está concienciada sobre este risco". Apuntou Santalices que a sífilis e a gonococia, "enfermidades que estaban dormidas", aumentaron case un punto con respecto a 2005, "e máis do 5% das mulleres están infectadas polo virus do papiloma humano, responsábel do 90% dos cánceres de útero".

Queixas pola política de prevención contra as drogas
Santalices tamén se ocupou dos últimos datos sobre consumo de drogas en Galiza. Na súa opinión que preto de 80 mil galegos consuman cocaína e arredor de 230 mil fumen marihuana ou haxix "debería facer reacción á Consellaría para que abandone o seu ostracismo nesta materia e poña en marcha medidas específicas". Segundo o deputado do PPdeG, Sanidade mantén "unha actitude completamente pasiva" fronte a este problema.

Ás críticas respondía poucas horas despois a Consellaría de Sanidade, desde onde salientaban que o Goberno adica un de cada catro euros do orzamento para a atención a drogodependentes a políticas de prevención, mentres que o anterior executivo "só gastaba un de cada seis euros" nese eido. Ao fío, tamén asegura a Consellaría que os programas preventivos chegan agora "ao 85% dos cidadáns", mentres que durante o último goberno do PP "só acadaban o 70% da poboación".


2,33/5 (3 votos)


Comentarios (18)

Tino #1 28/Agosto/2007 Tino

Pois isto é o resultado das políticas levadas a cabo durante 25 anos polo PP.
Lembro q nun instituto de Ribeira nos anos 90 quixeron dar unhas clases de sexualidade, e foi o Conselleiro de turno en persoa desautorizar o director do centro, e non digo nada do escándalo q se armou...
E agora o PP turra dos pelos do peito? Realmente teñen pelos no peito? Realmente é q teñen moral algunha? Realmente este é un partido ou unha merenda de PPetardos?
PPatéticos!

guillerme #2 28/Agosto/2007 guillerme

Sinceramente, non me creo os datos de que o 50% dos novos non emprega preservativos, porque son novo e sei o que se move neste ambiente.

En cambio creo que as cifras de consumo de marihuana son un pouco escasas porque realmente creo que abrangue a aproximadamente o 60% da poboación xove (entre consumo esporádico e habitual). Este si que é un verdadeiro problema de saúde porque está moi xeralizado o seu consumo, ademais tamén hai que ter en conta o consumo doutras drogas que teñen un consumo moi superior ao existente hai 10 anos.

No consumo de drogas si que deberían a comezar a levar a cabo medidas de verdade e non só propagandísticas.

Mafalda #3 28/Agosto/2007 Mafalda

Manda carallo!!! A boas horas se "preocupa" o PP da educación sexual da mocidade. Cousas veredes.

angarati #4 28/Agosto/2007 angarati

A boa hora....

Sara_Mago #5 28/Agosto/2007 Sara_Mago

Os que o usam mal som os do PP que passam o dia inteiro a mirar todos os episodios NO-DO em DVD. Eis a educaçom sexual que recebem, cuitadinhos...

Sara_Mago #6 28/Agosto/2007 Sara_Mago

Deveriam os derivados do cannabis ou a coca estar incluidos num "programa de prevencion de la drogodependencia", visto que estas substancias nom provocam dependencia (falando em termos fisiologicos)? Pola contra, a nicotina sim provoca dependencia.

xacataca #7 28/Agosto/2007 xacataca

E de onde carallo sacas ti, Sara_Mago, que o cannabis e a coca non provocan dependencia?

E aínda que fose certo o que dis, ti mesma respondes a túa pregunta, xa que deixas entrever que si que producen dependencia psicolóxica.

A DROGA SI QUE É O OPIO DO POBO, E MÁIS CONCRETAMENTE, DA NOSA MOCIDADE!!!

PD. Xa esta ben de desculpar (entre amigos, na TV, nas películas, nos círculos de 'culturetas')o consumo das drogas consideradas "menos perigosas".

PUTA DROGA.

Pablinho #8 28/Agosto/2007 Pablinho

PUTA DROGA??? E quedaste tan tranquil@? Eis razóns de peso...

E quen es ti xacataca para meterte na liberdade individual de cada un para facer o que queira có séu corpo, ou é que tamén queres que TODO o que inxerimos sexa controlado polo noso benamado Estado paternal??

Por darche algúns datos científicos (contrástaos onde queiras), non hai documentada NINGUNHA morte asociada ao consumo de cannabis na historia da humanidade, e as mortes asociadas a TÓDALAS drogas ilegais son moitísimas menos que as asociadas ao alcol e o tabaco, duas drogas legais.

O que hai e moita hipocresía, cinismo e desinformación.

Legalización xa!!!

P.D: O cánabo non produce por si mesmo adicción de ningún tipo, o que ocorre que a maioría dos que consumimos o mesturamos con tabaco, e ese é o que engancha.

Pablinho #9 28/Agosto/2007 Pablinho

Por certo, se aumentou o consumo foi pola merda de políticas preventivas levadas a cabo polo PP durante todos estes anos, nas cales se comparaba o haxix coa heroína, e os moz@s non son parvos.

Por certo guillerme, poñer que o 60% dos mozos consume derivados do cannabis é unha falacia demagóxica, xa que metes no mesmo saco aos que consumen habitualmente (non chegan ao 10%) e os que o probaron algunha vez, sen embargo, si que case o 80% dos mozos consume alcol tódolos fines de semana, e cada vez hai máis festas e ocasións nas cales se enaltece o consumo irracional de bebidas alcólicas.

Marabilloso!!!

OBSERVADOR #10 28/Agosto/2007 OBSERVADOR

Ai queixam-se?

Pois não deveriam dizer nada, pois o preservativo está proibido pela Igreja Católica...

xacataca #11 28/Agosto/2007 xacataca

Si señor. Pois claro que quero que o meu Estado (galego, a poder ser) coide do que consumimos. Para defensores da "libertad individual y el derecho a elegir" xa nos chega con Radicales Libres, Gaviotero e o PPdeFeijoo.

E tanto a cocaína como a marihuana ou o haxix son moi nocivos para saúde.

Pablinho, nótase o do "inho", porque debes ser novo de carallo e non tes -con perdón- nin puta idea do que é a droga (=o puto demo con pel de año).

En Galiza hai dous problemas capitais aos que non se lles dá ningunha ou pouca importancia, e que están a acabar coa nosa mocidade e a quebrar moitas familias: os accidentes de tráfico e as drogas.

Pablinho #12 28/Agosto/2007 Pablinho

Demagoxia pura e dura é a que utilizas xacataca, ademáis de semellar que estás alienado totalmente para dicir que queres que un Estado (no de Estado Galego é o único có que concordo) se ocupe das liberdades individuais para decidir o que cada un de nós consume; de feito, no Estado Español, non é delito consumir drogas, xa que o Estado non é quen de tutelar o que cada un fai co seu corpo, xa sexa consumir drogas ou calquera cousa, ate ahí podíamos chegar.

Dis que tanto a cocaína como os derivados do cannabis son moi nocivos para a saude sen dicir nada máis, facendo a mesma política de prevención que o goberno do PP, e xa estás mesturando duas substancias que non son, nin por asomo, comparables, eis ahí a tua ignorancia sobre o tema de drogas. Se tan nocivo é o cannabis acheganos algún estudo no que se demostren as tuas afirmacións.

O de "inho" é porque na miña casa, aínda que xa estou moi preto dos 30, me seguen a chamar Pabliño e me encanta.

O de que non teño nin puta idea da droga (expresión perdoada) case morro da risa, pois dos meus case 30 anos, levo case 10 estudando, traballando, escribindo e investigando sobre o tema das drogas ou sexa que, sen falsas modestias, controlo a ostia e sei de sobra o que hai.

Pero bueno, non te amoles nin te anoxes conmigo, a tua maneira de pensar é, desgraciadamente, a que moita xente ten neste tema, a cal non é outra cousa que o resultado dunha deficiente educación en materia de drogas, educación que, ata hai ben pouco non era outra cousa que meter o medo no corpo con mensaxes fatais que se poden resumir en "Non fumes un porro que acabas morto de sobredose de heroína" e iso, querido amigo, xa non o cré ninguén, ainda que está claro que callou ben profundo en moita xente.

xacataca #13 28/Agosto/2007 xacataca

Coido que estás errado, Pablinho. E se analizas ben as miñas verbas verás que do único do que non peco é de facer demagoxia.

Xa que non teño máis probas da túa erudición na materia ca a túa palabra: "dos meus case 30 anos, levo case 10 estudando, traballando, escribindo e investigando sobre o tema das drogas ou sexa que, sen falsas modestias, controlo a ostia e sei de sobra o que hai", non argumentarei máis contigo.

Porén, direiche para rematar -pola miña parte- que a erudición non implica sapiencia. A sabiduría danna os anos e as experiencias. Non teño estudos que che presentar, mais a realidade está aí: "Non fumes un porro que acabas morto de sobredose de heroína" si que é unha mensaxe demagóxica que non saíu do meu teclado.

No entanto, coñezo moi pouca xente -por non dicir ninguén- que só fumase porros. E aínda eses andan a pagar hoxendía as consecuencias letais que produce o seu consumo na consciencia do ser humano.

Por non falar da falta de, paradoxalmente, consciencia sobre a multitude de problemas existentes na sociedade -concretamente, na mocidade- á que chegan pola súa continua inmersión no mundo irreal.

Retomo, xa que logo, a miña primeira mensaxe, e deixo xa fóra as doenzas físicas e psiquícas que, ao meu ver, producen as drogas, e que ti, cos teus dez anos de experiencia, negas: A DROGA SI QUE É O OPIO DO POBO, E MÁIS CONCRETAMENTE, DA NOSA MOCIDADE!!!

PD. Son socialista e creo nunha organización da sociedade baseada, eventualmente, no Estado. E creo que o consumo de substancias nocivas para a saúde debería estar penado pola lei. (Folga dicir o que opino dos que comercian con estas mesmas substancias).

Saúde.

BonKarallan #14 28/Agosto/2007 BonKarallan

Veña, veña, imos levarnos ben, que senón vai ver unha ondonada de ostias (outra vez Manquiña en Airbag)

Drogas, as xustas, pero con preservativo.

Pablinho #15 28/Agosto/2007 Pablinho

Pois o certo, BonKarallan é que o que dis, malia ter retranca, é ben certo, drogas, as xustas, pero con preservativo (no cal o preservativo é a informacion sobre un USO das drogas e non un ABUSO).

As probas da miña erudición son, simplesmente, os centos de artículos científicos que existen (consulta Medline, páxina de medicina onde aparecen tódolos artigos médicos escritos en todo o mundo) nos cuais se dí que o cannabis non produce ningún tipo de dependencia, nin física, nin psíquica, todo o contrario que, por exemplo, o alcol, cuxo síndrome de abstinencia pode matar (caso único nas drogas xunto coas benzodiacepinas) e todo o mundo consume e mesmo se alporiza cando se lle recomenda non consumir antes de conducir.

En ningún momento neguei que a maioría das drogas POIDAN producir doenzas é máis, concordo totalmente contigo, ao igual que conducir un coche ou traballar na obra (que producen máis mortos ao ano que as drogas); mais é moitísima máis a xente que usa as drogas e disfruta con elas que a que ten problemas con elas; busca estatísticas de xente que está en tratamento por dependencia a substancias e comparaa coa xente que as consume, podes mirar na páxina do SERGAS.

E o de que coñeces a xente que só consumira cannabis e que hoxendía estean a pagar as consecuencias de ese consumo, en fin...

Non é por faltar ao respecto pero penso que esa idea de socialista-comunista que asocia consumo de drogas a alienación do suxeto carece de argumentación no día de hoxe, igual a finais dos 70 era certo, pero non son as drogas as que a día de hoxe fan que a mocidade estea inmerso no "mundo irreal".

E bueno, me gustaría que me dixeras cales son as substancias nocivas para a saude que deberían ter penado o seu consumo: alcol, tabaco, alimentos transxénicos, CO2 dos coches... en fin, moita liberdade para Galiza pero pouca para os galegos que queiran facer o que lles pete do seu corpo para dentro.

BonKarallan #16 28/Agosto/2007 BonKarallan

Tes razón é ao revés: É o mundo irreal o que fai que a mocidade estea inmersa nas drogas.

Ou aínda peor. É o mundo "real"

Pedrel #17 28/Agosto/2007 Pedrel

bla,bla, bla, bla, bla. Hai enfermidades e tamén enfermos.

COUTOVEN #18 29/Agosto/2007 COUTOVEN

Este es un ejemplo de politiquería barata. Como es posible que se utilice el problema de un supuesto mal uso de los preservativos como elemento de crítica política.

Señores, todos los medios de control concepción y de prevención de I.T.S (Infecciones de Transmisión Sexual) forman partes de los planes de información en salud y son continuos en el tiempo. Por lo tanto, cualquier empeoramiento en los índices relacionados no se puede buscar en los gobiernos inmediatos, gran parte de la responsabilidad recae en el propio PPdeG ya que los partidos de la coalición gobernante en la actualidad en Galiza tienen muy poco tiempo en el gobierno para que medidas de corte educativo y de información surtan sus efectos.

Es muy probable que los que en la actualidad no usan o utilizan inadecuadamente el dispositivo antes señalado lo estuviesen haciendo desde hace varios años.

Lo que se tendría que preguntar el Señor Santelices para poder darle algo de credibilidad a sus argumentos. Es ¿Cuántas personas que antes utilizaban preservativo hoy no lo utilizan? o ¿qué porcentaje de los nuevos usuarios lo utiliza mal o no lo usa en lo absoluto?

Por otra parte, No será que los controles sanitarios han mejorado y ahora se detectan más casos de I.T.S.

Con respecto a las drogas (en su forma más amplia) señalo lo siguiente a varios comentarios al respecto. Señores no hay drogas inocentes, si no generan dependencia física, crean dependencia psicológica o mixta. Las drogas derivadas de la cannabinoides (marihuana o hachís) suelen ser la puerta de entrada para otro tipo de sustancias y ese es una parte del problema. Entiéndase que un porcentaje de las personas tiene mayor tendencia de transformar un consumo esporádico en una verdadera adicción y cuando por alguna razón se pasa a los opiáceos la dependencia se potencia. Es por estas razones que todo ciudadano tiene que tener la información con respecto a estas sustancias y sus implicaciones.

Por otra parte, el adicto es un enfermo y tiene que ser respetado. El estado y su entorno tienen que poner todos los esfuerzos para ayudarlos ya que son producto de la sociedad y esta tiene que brindarles respuesta.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: