Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Investigación pseudohistórica

Merlín, nin de Camelot nin de Galiza: escocés de Glasgow

Unha obra publicada esta semana asegura que o lendario mago viviu no século VII na cidade escocesa coa súa muller, Gwendolin, e non en Mondoñedo como 'afirmaba' Cunqueiro.

Redacción - 12:09 28/08/2007
Cuberta da obra 'Merlín e familia', editada por Galaxia

Cuberta da obra 'Merlín e familia', editada por Galaxia

Finding Merlin: The Truth Behind The Legend (Descubrindo a Merlín: a verdade detrás da lenda), obra do avogado e historiador afeccionado Adam Ardrey defende a orixe escocesa, concretamente de Glasgow, do mítico mago Merlín.

O libro, publicado esta semana, é froito de seis anos de investigación. Nel se asegura que Merlín era un político e intelectual da vila e non un mago. Segundo Ardrey, este naceu en Hamilton (a 20 quilómetros de Glasgow) no ano 540, residiu en Partick (barrio de Glasgow) na actual Ardery Street xunto coa súa muller, Gwendolin, dende o ano 600 ao 618, ano no que foi asasinado cando viaxaba cara a Dunipace (ao sur de Stirling), onde está enterrado.

Adam Ardrey afirma que este descubrimento foi unha coincidencia, que se produciu namentres investigaba a orixe do seu apelido na Biblioteca Nacional de Escocia: "Atopei que o meu nome, Ardrey, tiña conexión coa primeira referencia de Merlín, a Batalla de Arddreyd". "Posteriormente, descubrín que nos derradeiros vinte anos da súa vida vivira nun lugar que aínda hoxe lle chaman Ardery Street", engade.

"Nos filmes, Merlín sae retratado como un rei de Inglaterra, algo totalmente incerto, xa que logrou a súa fama por combater os ingleses", afirma Ardrey, quen coida que a historia real foi censurada polos escritores cristiáns.


Ligazóns

3,67/5 (3 votos)


Comentarios (9)

Gaviotero #1 28/Agosto/2007 Gaviotero

No habría que confundir literatura fantástica y mitológica con la realidad. Porque si no, al final, nos acabaremos creyendo que la Nación de Breogán era una realidad...y no un elemento mitológico.

teixugo #2 28/Agosto/2007 teixugo

Ninhada de Ratos, de mitologia também entendedes? dubido...

Não há nada que te faça reflexionar de todo o que lês...?

Resetearse!!!!

atoladomonte #3 28/Agosto/2007 atoladomonte

Pois aquí estou completamente dacordo con gaviotero.

eugalego #4 28/Agosto/2007 eugalego

Gaviotero, cháma-te Cisneros.

Gaviotero #5 28/Agosto/2007 Gaviotero

¿Cisneros? Pues hombre, es un apellido muy bonito, la verdad. Pero como comprenderás casi prefiero quedarme con el que tengo...

teixugo #6 28/Agosto/2007 teixugo

Há de todos os nomes e cores: NINHADA DE RATOS!!

atoladomonte #7 29/Agosto/2007 atoladomonte

só procurando un pouco aparece a historia de merlín. se é que é moi fácil falar por falar...

http://gl.wikipedia.org/wiki/M...

tacher #8 29/Agosto/2007 tacher

#7 e?

guillerme #9 30/Agosto/2007 guillerme

Para a redacción: que eu saiba Glasgow non é a capital de Escocia, xa que a capital é Edimburgo de toda a vida.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: