Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Adiado o diálogo mentres medra a fenda

O debate da área metropolitana afonda o conflito interno do PSdeG vigués

Case unha semana despois da petición dunha reunión urxente da executiva local, os socialistas vigueses aprazan os contactos ao respecto.

Redacción - 09:30 29/08/2007

Necesariamente o problema saltará a primeiro plano durante o próximo mes de setembro xa que o grupo que desafiou a posición do alcalde, Abel Caballero, sobre o modelo de área metropolitana, non agarda que a dirección vaia aprazar moito a próxima reunión da executiva local. Así, agardan que na primeira quincena de setembro se produza esta xuntanza.

Con todo, os descontentos pediran unha convocatoria urxente que, polo que parece, finalmente non vai celebrarse. De feito, malia a recepción hai unha semana da misiva, o secretario da agrupación viguesa, Manel Gallego, aínda non iniciou os contactos co grupo de doce membros da executiva que asinaban o escrito. En declaracións a Europa Press, un dos asinantes, Emilio Casanova, teimou na importancia do debate e pediu que o alcalde, Abel Caballero, revele se existe ou non un documento que reflicta a proposta anunciada por el mesmo para un área metropolitana de 28 concellos. Insiste Casanova en que a única coñecida e consensuada até o de agora polo conxunto do PSdeG vigués é a que se refire a 14 municipios. "Se existe o documento, que o entreguen para o seu estudo", indica. "Queremos un debate, ao mellor coincidimos con el, pero agora non sabemos o que formula", engadiu.

Executiva revolta
Hai poucos días, o presidente da executiva socialista local, Manel Gallego, recibía a carta remitida por un grupo de militantes e integrantes do propio órgano de goberno da agrupación local dos socialistas vigueses.

O desafío, avalado coa sinatura de doce membros desta executiva, instaba á dirección a resolver o conflito a través dunha xuntanza previa e unha asemblea posterior que conseguise o aval da militancia. Ao respecto, recórdanlle a Caballero que, ao contrario do manifestado publicamente, o único documento de traballo que conta co consenso interno do PSdeG vigués estabelece un proxecto de área metropolitana que cingue a 14 municipios o seu ámbito de influencia inicial. De feito, mesmo chegaron a cualificar de "falacia" que o modelo anunciado por Caballero "estivese no programa electoral" das pasadas eleccións municipais, tal e como o rexedor asegura.

Debate sobre o "peso político" da área metropolitana
Os descontentos aseguran que non se trata estritamente dunha rifa sobre o número de concellos, senón de centrar as prioridades do debate, subliñando con claridade cal debe ser o financiamento, estrutura orgánica, competencias e servizos a prestar aos cidadáns.

Casanova critica que o proxecto de Vigo 28 se argumente desde a necesidade de terreos e na Plataforma Loxística de Salvaterra As Neves, sendo a ordenación urbanística "materia de competencia municipal". Na súa opinión, o debate debera propoñerse desde os servizos en ámbitos como a atención sanitaria, o transporte, as redes de saneamento e abastecemento, e a dotación á área do "suficiente peso político".


5/5 (3 votos)


Comentarios (10)

Gaviotero #1 29/Agosto/2007 Gaviotero

Soy profundamente antinacionalista, pero prefiero con creces al nacionalismo vigués (aunque también cuente con un tipo impuesto por el aparato; de hecho, el tercero de todos a los que se les propuso...) que al socialismo vigués, que es una auténtica jaula de grillos y que está completamente despersonalizado desde que Carlos Príncipe dejara el liderazgo.

Actualmente, el socialismo vigués es un chanchullo dirigido por paracaidistas impuestos por Santiago y Ferraz que no creen ni en sus propios afiliados ni en sus simpatizantes. Vienen, intentan conseguir el poder con una cierta desgana y procuran administrarlo el mayor tiempo posible.

Pero en vez de ser una alternativa de gobierno al PP, son una mera alternativa de coalición cuya única aspiración es obtener más concejales que el BNG para, en un gobierno de coalición, ostentar la Alcaldía.

Y encima, el actual ¿líder? es un tipo con una credibilidad escasa, cuyas promesas electorales ya son papel mojado al poco de haber llegado a la Alcaldía.

Fue nefasto como Ministro y ya lo está siendo como Alcalde de Vigo. Vigo se merece algo más: que gobierne el proyecto que obtuvo más votos. La Alcaldía para el proyecto más votado.

xacataca #2 29/Agosto/2007 xacataca

A alcaldía xa está en mans do proxecto máis votado. O proxecto progresista.

Isto é moi doado de entender e chámase democracia, algo que as gaivotas por falla de uso descoñecen.

O pobo elixe uns representantes e estes deciden quen debe ser o alcalde. As regras de xogo son iguais para todos.

O que pasa é que escoce na dereita que Vigo sexa socialista-nacionalista MAIORITARIAMENTE. Ao igual que en todas as cidades de Galiza:

Esquerda galeguista = 7; dereita españolista = 0

Gaviotero #4 29/Agosto/2007 Gaviotero

No, xacataca, no...a las elecciones no se presentó ningún proyecto progresista. Se presentó un proyecto popular, otro socialista y otro nacionalista.

El más votado, con gran diferencia y aumentando notablemente sus apoyos en relación a hace cuatro años, fue el proyecto popular.

El segundo más votado, con más de 10 puntos porcentuales de voto de diferencia fue el socialista.

Y por último, el descalabrado proyecto nacionalista, que perdió muchos apoyos respecto a hace cuatro años, quedó en tercer lugar.

Los proyectos socialista y nacionalista eran (y siguen siendo) antagónicos. Y puesto que no acudieron en coalición a las elecciones no fueron votados conjuntamente como un proyecto "progresista" por los ciudadanos de Vigo.

No nos intentéis hacer comulgar ahora con ruedas de molino.

Anda que no te hace falta a ti aprender un poco de democracia.

Por cierto, si Vigo es mayoritariamente de izquierdas ya me explicarás por qué el PP gobernó durante la pasada legislatura y por qué probablemente lo vaya a volver a hacer durante la presente.

Ya verás cuánto le dura el galleguismo a estos del PSOE en Galicia...¡jajaja!

atoladomonte #5 29/Agosto/2007 atoladomonte

gaviotero. intentas facer pasar por democracia o que non é. os pactos post-electorais son tan democráticos como todo o demáis. os electores votaron e os seus elexidos fan a política que cren conveniente.

o pp foi o partido máis votado, si, pero non o maioritario. se gobernase o pp non representaría á maioria dos cidadáns. o goberno bipartito moi seguramente tampouco se contamos aos que non foron votar, pero é máis maioritario que o pp. iso é democracia. intentar facer pasar por democracia que debería gobernar o pp porque é o máis votado é outra cousa.

é cuestión dos votantes elexir a quen votan na seguinte lexislatura se están ou non contentos co goberno da cidade.

douche a razón no dos proxectos antagónicos do psoe e bng (aínda que creo que non tanto) e no do galeguismo do psoe en galiza.

a incompetencia dos políticos de vigo non ten nada que ver coa corrente de pensamento da xente de vigo, que a saber cal é. e é moi posible que non se poida atribuir nin a dereitas nin a esquerdas nin nada de nada. a xente vota en cada momento o que cre mellor, e punto.

creo que desta vez non gobernará o pp, porque o psoe e o bng queren aferrarse ao poder. como fixo o pp, por outra banda. e como fan todos os politicuchos que se fan pasar polos nosos representantes.

non sei que pasa en vigo que parece que ninguén o quere gobernar como é debido, e tan só buscan sentarse no sillón.

corina porro parece que si quere gobernar, pero dende o meu punto de vista, non sabe. e isto non quere dicir que caballero saiba, nin muito menos.

o meu descontento con todos os partidos de vigo fixo que non votara nas últimas eleccións... e veremos que pasa nas seguintes.

a tan repetida idea de que debería gobernar o máis votado é incumplida polo propio partido que a defende, o pp. porque ao final, a democracia está aí para ser cumplida, e se se teñen os concellais e os acordos suficientes para gobernar faise. o pp sabe mentir moi ben e terxiversar no seu propio interese, pero nin eles cren as súas palabras.

El_pastorrr #6 30/Agosto/2007 El_pastorrr

O PSOE vigués segue a ser a casa de putas de toda a vida...

Gaviotero #7 30/Agosto/2007 Gaviotero

Veamos, atoladomonte. Claro que los pactos poselectorales son democráticos. Pero que no me vendan la moto de que los ciudadanos votaron un pacto poselectoral porque los proyectos que se presentaban a las elecciones eran distintos.

Así pues, una cosa es la voluntad ciudadana y otra el conchabeo posterior entre los partidos.

La incompetencia de los políticos en Vigo no creo que debiera incluir, en una ciudad tradicionalmente obrera y con la Xunta y el Gobierno Central de signo político opuesto, a los políticos del PP, que vieron refrendada su gestión con un aumento de 11 puntos porcentuales y 3 concejales.

Vamos, creo que aunque uno no comparta su proyecto, hay que reconocer quién obtuvo el mayor respaldo a su proyecto. Y ese fue el Partido Popular. No reconocerlo tampoco sería muy democrático.

El_pastorrr...espero que no te moleste, pero estoy totalmente de acuerdo contigo. Desafortunadamente, este problema viene de hace años. Pero no creo que poniendo a paracaidistas desde el aparato (ya sea en Santiago o en Madrid) se arregle el problema.

teixugo #8 30/Agosto/2007 teixugo

NINHADA DE RaaaaaaaaaTOS!!!!!!!!!

atoladomonte #9 30/Agosto/2007 atoladomonte

non comparto o teu punto de vista.

non viron refrendado nada, non se trataba dun referendum da súa labor no goberno. foi unha votación para elexir aos gobernantes. e o pp non acadou a representación suficiente para gobernar. porque aínda que convenceron a máis xente que os foi votar non foi o suficiente para que poidan gobernar. o respaldo non foi maioritario, como queres facer ver, a non ser que a maioría da que ti falas sexa menos do 50%. a maioría democrática está establecida no 50% + 1. esa maioría non a conseguíu o pp.

si a conseguiron os partidos que se puxeron dacordo para gobernar. non levaban o mesmo programa pero poden chegar a acordos para gobernar en conxunto. polo menos, iso é o que din os representantes de cada partido que conseguiron os votos suficientes para poder facelo. podes estar dacordo ou non, pero así é a democracia.

a min tampouco me venden a moto de que os electores votaron pacto. o que cada un voto foi que o representara a persoa do partido a quen votou.

e si penso que no pp son uns incompetentes cando non son capaces de chegar a acordos con outros partidos políticos para gobernar. ou só o pp ten razón?

dende o meu punto de vista, todos os políticos deberían pensar que non están aí para ter poder, se non para gobernar conforme a xente elexiu co seu voto. gobernar non é non escoitar á oposición. estar na oposición non é oporse a todo o que decida o goberno.

pero así nos vai.

carlosroca #10 3/Setembro/2007 carlosroca

O BNG deixara listo o chollo no periodo 1999-03 e entre o PP e o PSOE non fan máis que afogalo. O de sempre, PP - PSOE fan politica con minúsculas e miserábel.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: