Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ás portas do proceso xudicial

A Fiscalía atopa indicios de delito na xestión do goberno Fraga co Gaiás

O traslado do caso ao xuíz podería implicar a renuncia de PSdeG e BNG á comisión de investigación no Parlamento.

Redacción - 09:30 31/08/2007

A fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite a denuncia das presuntas irregularidades na xestión do proxecto da Cidade da Cultura na etapa do executivo de Manuel Fraga en que a Consellaría de Cultura estaba liderada por Xesús Pérez Varela. A continuación, trasladoulle ao xulgado de instrución de garda a denuncia.

O fiscal toma esta decisión fronte á posíbel relevancia penal das irregularidades denunciadas. A continuidade da investigación dependerá agora da decisión do xuíz. Así, segundo a avaliación da fiscalía, a análise realizada ao respecto do proxecto do Gaiás polo Consello de Contas sería aval para proseguir a investigación xudicial dos presuntos delitos. Desde a CIG, que presentou no seu momento a denuncia, opinan que o ex conselleiro Pérez Varela sería o principal encausado neste proceso. Ao respecto, opinan que os grupos parlamentarios non deberan seguir adiante coa comisión de investigación para evitar que esta solape a actuación do xuíz.

"Durante o mandato do PP pouca xente ergueu a voz", quéixase Touriño
Insistindo en que o actual Goberno traballa para transformar "o monumento faraónico do anterior presidente" nun proxecto que "sexa útil e que sirva ao país", o presidente da Xunta laiouse este xoves do silencio que na súa opinión se produciu ao respecto do Gaiás na etapa de Manuel Fraga á fronte do executivo. "Houbo moi pouca xente en Galiza que erguera a voz para impedir que se puidera chegar até onde se chegou", afirmou en referencia ás irregularidades detectadas polo Consello de Contas. Ao fío, dixo confiar en que a comisión de investigación que o Parlamento podería botar adiante axude a "poñer luz e taquígrafos" sobre o asunto.

Con todo, a propia comunicación da fiscalía este xoves sobre a polémica podería condicionar a decisión final de socialistas e nacionalistas sobre a comisión de investigación. PSdeG e BNG, que xa negociaban as características desta comisión, cavilarían agora en adiala se o proceso xudicial segue adiante.


5/5 (7 votos)


Comentarios (9)

Pedrel #1 31/Agosto/2007 Pedrel

Houbo voces suficientes e autorizadas. A prensa tapou todo. ¡Basta xa de corrupción! Galiza necesita que os xuíces destapen todo o que cheire a negocio ou corrupción. Necesitamos eso na nosa Terra. Adiante, Sr. Xuiz, cumprindo coa xustiza e sen medos!

DanielErreCe #2 31/Agosto/2007 DanielErreCe

Boas noticias. A ver se agora o bipartito toma nota e frea os investimentos do mausoleo e reorienta con tino esas construcións. Facelas servir como sedes de organismos públicos podería ser unha idea a ter en conta.

O presidente Touriño debería de falar menos e facer máis ao respecto. Se di que poucos ergueron a voz para criticar o mausoleo de Fraga, que comece por facer autocrítica. Por outra banda, e nesa liña, que chame a contas ao Consello da Cultura para que dean explicacións de onde estaba este organismo cando o goberno de Fraga planeou o proxecto. Porque o Consello da Cultura, con competencias ben claras no asesoramento ao goberno de quenda en materia cultural, non se pronunciou, e tiña obriga legal e moral de o facer. Deste xeito quizás se decate que esta institución precisa unha reforma (ou disolución) urxente.

Ao respecto do traballo dos xuíces, persoalmente non teño moita confianza (porque dubido moito da súa independencia política real), pero coido que non hai outro camiño, e ademais se abre unha porta que no noso país sempre estivo pechada, o que non deixa de ser unha boa nova... Manteñámonos á espreita.

Anxo #3 31/Agosto/2007 Anxo

Debémos confiar na xustiza, vai sendo hora de que troquen algunhas cousas neste país, e que se admitise a trámite a denuncia xa é un paso cara adiante.

Xabi1 #4 31/Agosto/2007 Xabi1

Remato de consultar parte do informe do Consello de Contas. Mirei quén formaba a ponencia asesora para a Hemeroteca e Biblioteca da Cidade da Cultura e isto é o que hai:
Temos un Reitor da Universidade de Santiago e dous catédráticos xublilados, un de Latín e outro de Paleografía, materias moito interesantes pero que fican un chisco lonxe das necesidades dunha sociedade imersa nas "novas tecnoloxías". Tamén, como non podía ser menos, está outro xublilado da USc, neste caso emérito, que é don Xesús Alanso Montero -que vendeu a súa biblioteca á biblioteca da Cidade da Cultura por algo así como máis de 200 millóns de pesetas.
Tamén temos unha bibliotecaria xubilada e unha bibliotecara en activo, o Decano da Facultade de Xornalismo, un catedrático da USc que tamén pertence ao Museo do Pobo Galego, o xefe entón do Servizo do Libro e Bibliotecas da Xunta, o director do Museo de Pontevedra e o arquiveiro da Catedral de Santiago.
Xa ven, todo un ramillete de listos e listas.
Claro que as forzas vivas e moribundas de Galiza non piaron ren sobre o disparate da Cidade da Cultura!!. ¡Se estaban imersos nel!.
Pregunta: ¿cobraban por emitir opinións?. Porque sei de outros dous catedráticos da USC que sí cobraron de Pérez Varela 300.000 pesetas en cheque por charlar dúas horas sobre a Cidade da Cultura...
Vaia desfase e vaia tomadura de pelo.

Xabi1 #5 31/Agosto/2007 Xabi1

Correción: o pater Alonso Montero vendeu a súa bibliteca por algo máis de 20 millóns de pesetas.

DanielErreCe #6 31/Agosto/2007 DanielErreCe

Precisamente, Xabi1, precisamente. Aínda que si houbo quen se rebelou contra o establishment fraguista e o Consello da Cultura, por exemplo Yoyo (Pedro del Llano) e Manuel Rivas, que eu coñeza. E todos sabemos o peso que perderon por enfrontarense. O triste do mundo cultural institucionalizado é que teñen máis peso político do que deberían, empezando pola "galaxia" que xira ao redor do Consello da Cultura. Insisto unha vez máis: O Consello da Cultura xamais emitiu un informe valorando o proxecto da cidade da cultura no seu conxunto. Só se pronunciaron sobre a Hemeroteca, a Biblioteca e o Arquivo Nacional, e para dar pulo a estas entidades dentro do proxecto. Nin unha crítica partiu do Consello... Para min son tan responsábeis como Fraga e Pérez Varela, máxime cando son a máxima autoridade cultural recoñecida no estatuto.

Xabi1 #7 31/Agosto/2007 Xabi1

Non lembro exatamente cómo era o informe emitido polo "Cortello da Caultura Galega" sobre o Gaiás, mais se pode consultar na Internet.
E sí, tes toda a razón: Pedro de Llano foi unha das primeirísimas persoas que falou contra o proxecto e especialmente sobre a o que ía custar. Hoxe, nun medio escrito, Ramón Villares fala de algo así como de redifinir contidos. A estas alturas. E Manolo Rivas... foi membro do Consello da Cultura Galega... e asignou-se o comisariado dunha exposición... organizado polo Consello... estando él na comandancia do mesmo.

Gaviotero #8 31/Agosto/2007 Gaviotero

Estos fiscales de pacotilla no encuentran indicios de los vínculos entre ETA y ANV, que son más que evidentes, con informes de la Policía y de la Guardia Civil incluidos, pero cuando de perseguir al PP se trata, anda que no se espabilan...

Afortunadamente, como suele ocurrirles, se quedarán con las posaderas al aire...y esto quedará en nada. Como ellos...

teixugo #9 31/Agosto/2007 teixugo

NINHADA DE RATOS!!!!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: