Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Canle dixital

Os escoceses debaten na internet os contidos dunha nova televisión en gaélico

Está previsto que comece a emitir en marzo de 2008. O proxecto está impulsado polo Scotland and Seirbheis nam Meadhanan Gàidhlig e BBC Scotland.

Redacción - 11:15 31/08/2007
A nova canle dixital emitirá a partir de marzo

A nova canle dixital emitirá a partir de marzo

A primeira canle dixital en gaélico, nace grazas a colaboración entre a BBC Scotland e o Scotland and Seirbheis nam Meadhanan Gàidhlig (GMS). Os dous socios decidiron abrir ao público un debate na internet sobre que contidos deberían ser tratados nesta.

Dende o GMS agardan que na conversación online, iniciada este xoves na súa web, tamén se involucren produtores, guionistas, directores e deseñadores. Segundo un dos responsábeis da compañía, Donald Campbell, "é vital que contactemos directamente con toda aquela xente da comunidade gaélica e da industria creativa en Escocia que poida contribuír a este novo servizo".

"Todos eles teñen un papel clave neste ilusionante progreso para a lingua e cultura gaélicas e agardo que se produza un interesante debate nas vindeiras semanas", sinalou.

Está previsto que a canle comece a emitir no mes de marzo de 2008, aínda que ao principio terá unha programación reducida que se irá ampliando co tempo.


4,67/5 (12 votos)


Comentarios (2)

Albert #1 31/Agosto/2007 Albert

Pregúntome se non teriamos que facer o mesmo para a segunda canle da televisión pública galega.

eugalego #2 4/Setembro/2007 eugalego

Albert, concordo totalmente.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: