Unha representante da CNT en Santiago quedou na rúa tras montar a sección sindical deste sindicato na cadea de comida rápida.
Denunciáronse agresións nunha das protestas / CNT
O xuízo polo despedimento dunha traballadora de Pizza Móvil en Santiago comezou este xoves. A operaria foi despedida tras constituír unha sección da Confederación Nacional dos Traballadores (CNT) de Galiza na cadea de comida rápida.
A CNT acusa á compañía de tomar represalias contra esta traballadora e outro compañeiro do mesmo sindicato, a quen suspendeu de emprego e soldo. Con estes castigos, Pizza Móvil quere impedir que os asalariados se organicen para mellorar as súas precarias condicións laborais, di a organización.
Unha representante da UXT apoia á empresa
No xuízo deste xoves declarou outra asalariada e representante da UXT no mesmo centro de traballo. Segundo a CNT, a representante da UXT, Vanessa Pereiro, púxose de parte da empresa, criticou a súa compañeira e as mobilizacións do sindicato anarquista contra Pizza Móvil.
A Confederación Nacional dos Traballadores (CNT) reclama a readmisión da despedida, para o que organizou numerosos actos de protesta ante os restaurantes de Santiago, Vigo e Bertamiráns, entre outras localidades, durante este verán.
Acusan de lesións a tres sindicalistas
A raíz dunha desas protestas, Vanessa Pereiro presentou unha denuncia no xulgado contra tres cenetistas acusándoos de agredila.
chamarlle sindicalista á tipa esta de ugt, xa é de coña. seguramente saíu elexida representante sindical grazas ós apoios do patrón, coma fan en multitude de sitios. os sindicatos españois manteñen os seus privilexios a conta de venderse descaradamente ós patróns, que chegan incluso a facerlles as listas nas eleicións sindicais. fóra sindicalismo español da galiza!!! viva o sindicalismo comprometido, viva a loita obreira!!!!
Misterio. A noticia di: "unha representante de UXT apoia á empresa" e non nos di quen é.
Logo di que unha tal Vanessa Pereiro presentou unha denuncia contra tres cenetistas.
Será a mesma?
Pois si. É a mesma. Vanessa Pereiro é a representante de UXT que apoia á empresa e que denunciou aos cenetistas. Non sei a que vén tanto misterio.
Só fáltanos por saber se a empresa de Pizza Móvil pertence á UXT.
Por certo Afonsoriscos, sóame a túa cara.