O curso político reabriu cun tenso tirapuxa este xoves, nun inédito Consello onde só se aprobaron as iniciativas dos departamentos do PSdeG.
Volta á clase e primeira pelexa. A tensa tregua do verán político tomou este xoves un significativo punto de inflexión logo da volta dos responsábeis do Goberno á mesa do Consello da Xunta. Na inercia de enfrontamentos recentes fóra dos corredores de San Caetano, socialistas e nacionalistas aproveitaron o inicio de camiño desta segunda metade da lexislatura para tomárense as medidas desde o primeiro día e elevaron o ton dos discursos. Ás portas do Consello da Xunta deste xoves, o desacordo fronte a diversos puntos causou unha nova rifa que rematou deixando fóra os temas das consellarías xestionadas polo BNG e xa que logo coa aprobación exclusiva das iniciativas que viñan nos cartafois dos conselleiros socialistas.
Sumatorio de enfrontamentos
Nesa tensa calma xa se abrira fenda esta mesma semana ao transcender que Vicepresidencia deixaba de enviarlle as súas previsións informativas de xeito directo aos servizos informativos da TVG. Os nacionalistas consideran que a actividade dos departamentos da Xunta xestionados polo BNG, e en particular a do vicepresidente, Anxo Quintana, non recibiu nos últimos tempos un tratamento correcto e a modo de protesta tomaron esa decisión. Con todo, os desacordos ao fío da CRTVG son máis fondos e aféctanlle a outros aspectos do funcionamento do ente e incluso a determinadas estratexias de programación.
Os nacionalistas xa exerceran no seu momento unha protesta parecida cando na Secretaría Xeral de Comunicación deixaron de recibir as súas notas de prensa. Deste xeito, aínda hoxe a web oficial da Xunta segue publicando unicamente as informacións xeradas polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e polos conselleiros socialistas. Un conflito na rede que non parece haber vontade de resolver e que fai que se os internautas queren consultar de xeito directo as informacións enviadas polas consellarías do Bloque aos medios, deben acceder ás respectivas webs de cada unha delas.
Asuntos pendentes do pacto de Goberno
Paradoxalmente, a rifa a conto da TVG chega nunha altura de metade de lexislatura onde PSdeG e BNG non avanzaron aínda no compromiso daquela adquirido para a revisión do modelo de xestión. Así, socialistas e nacionalistas acordaran naquel momento que elaborarían unha lei que garantise a "autonomía e o carácter de servizo público" da CRTVG.
De xeito concreto, a reforma prometida debería estabelecer que o nomeamento do director xeral se fixese por "maioría cualificada do Parlamento". Ademais, PSdeG e BNG comprometíanse a garantir o acceso aos medios de comunicación públicos "dos distintos sectores e organizacións sociais galegos". E porén, enleados en rifas competenciais entre consellarías e estratexias das formacións políticas que condicionan a actividade do propio Goberno, estarían deixando de lado o guieiro pactado até o de agora das que este compromiso coa CRTVG era exemplo.
Pontes complicadas de reconstruír cunhas eleccións por diante
A toma de posicións fronte á próxima cita coas urnas, as eleccións xerais, non axudará a que as fendas abertas se recompoñan. Nos cuarteis xenerais de cada unha das dúas formacións políticas preparan xa as coitelas estratéxicas para unha segunda metade de lexislatura onde contan con que este tipo de enfrontamentos se repita en máis ocasións.
Un ano despois da rifa polas licenzas dixitais
Un dos conflitos máis graves entre os socios do Goberno até o de agora producírase hai pouco máis dun ano no propio Consello da Xunta. Daquela, os representantes do BNG votaran en contra das adxudicacións das televisións dixitais de cobertura local. Os nacionalistas non estaban de acordo cunha concesión que consideraban que privilexiaba a determinados grupos de comunicación de fóra de Galiza e que non tiña en conta as propostas de empresas do país. Así, a resolución aprobouse daquela só cos votos dos socialistas. O enfado nos socios nacionalistas tiña que ver ademais coa presentación do proxecto na reunión do Consello sen que aparecese previamente na orde do día.
vaia par...
Nos acercamos a las elecciones y todos quieren obtener réditos políticos de su estancia en el poder...Aunque en las coaliciones suele ser el pez gordo el que se acaba comiendo al chico, salvo desastres de grandes proporciones, en cuyo caso el pequeño es el que suele hacer de "poli bueno" frente al grande, que es el "poli malo".
Sobre lo de la TVG independiente, como yo nunca me creí esa promesa, viniendo de quien venía, pues no me han defraudado en absoluto.
Ya el reparto inicial de los informativos pa mí (el PSOE) y los programas pa ti (el BNG), olía a escasa independencia por parte de los amancebados empleados de la TVG que, como ya hacían en la época de Fraga, sirven con gran celo al gobierno de turno.
La televisión pública es por defecto del gobierno de turno. No le deis más vueltas. Por más que nos hablen de pluralidad, independencia, etc. al final el que la maneja y el que quiere obtener réditos políticos de ella, es el gobierno correspondiente, sea del color que sea.
Es una pena, pero es así. Por eso mi propuesta, salvo en casos como Galicia donde ejerce un papel de difusión del gallego, etc., creo que lo mejor que se puede hacer con las televisiones públicas es cerrarlas.
Se vos cria uma Ninhada de Ratos no canastro sabedes como se vota fora?
Colhem-se uns molhos de palha centea e... fumo e fogo!!
Sera por isso que o povo galego do sul di... FOGO NOS ESPANHOIS!!!!!!!!!!!!!!
Ninhada de RaaaaaaaTooooooooS!!!!
FOGO NOS ESPANHOIS!!!!!!!!!!!!!!!
Os conflitos entre dous son naturais. Se lle engadimos que carecemos da necesaria cultura democrática de pactos, eu aínda cualificaría de positivos os resultados do bipartito. Non me compracen, pero as limitacións son tan grandes e evidentes que non lle pido máis que sexan capaces de defender o labor feito en común durante estes anos para que sexan os cidadáns os que decidan quen merece más ou menos, pero nun ambiente dunha mínima confianza mutua, se non, o electorado ficará na casa.
Quedan dous anos de lexislatura, eu confío en que a promesa sobre os medios públicos se vai cumprir antes de 2009.
Dios te oiga, tonibler...coño, ¡o al menos que te oiga Touriño! Pero ya lo dudo...
Es cansino Teixugo... pero bueno, cando menos inda te salva que digas canastro como ten que ser.
Estou ata o c., do gavi-otero. Po fAVOR´, NIN AUGA, NIN AIRE, QUE SE VAIA A RAÑALA...
... BENDITO (son ateo) teixugo.
Dices bien, fuco-lois...ni agua ni aire. Aunque te diré que vivo de la carroña. De la vuestra, exactamente.