Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENSINO INFANTIL

As galescolas botan a andar no medio de furibundos ataques mediáticos

Diferentes xornais madrileños publicaron polémicos artigos nos que se chega a dicir que os centros van facer unha Galiza "cada vez máis parroquiana e menos cosmopolita".

Redacción - 18:10 03/09/2007
As primeiras galescolas comezaron a funcionar este luns

As primeiras galescolas comezaron a funcionar este luns

A Rede Galega de Escolas Infatís, as galescolas, comezou este luns a súa andaina. A iniciativa, que pretende facilitar a escolarización dos nenos na lingua do país, está a ser obxecto tamén de particulares ataques mediáticos. Durante a fin de semana os xornais madrileños El Mundo e periodistadigital.com publicaron amplas reportaxes contrarias aos novos centros. Algunhas, como as deste último medio, especialmente agresivas ('A Galiza paleta das galescolas', chegaron a titular nun primeiro momento). O artigo, co cabeceiro modificado, aínda pode lerse na rede.

No caso de El Mundo, o texto comeza cunha rebuscada referencia a Rosalía de Castro e aos seus versos de “Pobre Galicia non debes / chamarte nunca española”. Pouco despois asegúrase que “simplemente é un poema escrito por unha bastarda filla de cura hai 150 anos”. Logo da estraña digresión, pasa a comparar as galescolas coas ikastolas vascas “hoxe fomentadoras do nacionalismo excluinte e furibundo”. No mesmo artigo, a deputada popular Manuela López Besteiro asegura que hai “un partido que quere xerar unha guerra lingüística”.

A pesar das críticas, Quintana mantense firme na súa aposta e lembra que cando remate a lexislatura vai haber 120 centros en todo o país, “tamén no medio rural, o que favorecerá o reequilibrio territorial”. Preguntado polos ataques mediáticos, Quintana limitouse a dicir que algúns eran “penosos e insultantes”.


5/5 (22 votos)


Comentarios (36)

breixoak #1 3/Setembro/2007 breixoak
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Galiza paleta é a que lle dá as costas á súa propia realidade. Como di o seu Quijote, "ladran Sancho, luego cabalgamos"

outrolector #2 3/Setembro/2007 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Teño a sorte de ter dous fillos; un deles de menos de un ano, que espero poida ir a unha Galescola. Que todos os ataques mediáticos teñan o rigor e altura intelectual dos redactores do artigo sobre o poema de Eduardo [Arturo] Pondal de hai uns días. Así quedará en claro como lle funciona e o ben amoblada que teñen a cabeza eses atacantes. Galiza, un país en Europa e un país no mundo, coas súas Galescolas.

emigrado #3 3/Setembro/2007 emigrado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os madrileños o que tiñan que facer é mellorar o seu sistema educativo e dar máis aulas de español porque a maioría apalea a gramática máis básica cada vez que abre a boca.

santiagosavinhao #4 3/Setembro/2007 santiagosavinhao
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Espero que o meu fillo (de 5 meses), e futuros fillos poidan ir as galescolas, temos o dereito de educar aos nosos fillos na nosa lingua. PERO PARA ISO TEÑEN QUE MEDRAR EN NÚMERO AS GALESCOLAS, NON SÓ NO RURAL, SE NON TAMÉN NAS CIDADES, XA QUE EN PROPORCIÓN COA POBOACIÓN INDA SON INEXISTENTES. Por outro lado as gardarias púbricas de todo sino son irrisorias, caso sangrante é o de Vigo onde só temos 4 ou 5 (na cidade con máis poboación da Galiza). E O ENSINO É PÚBLICO E GRATUITO ¿ONDE?.

Gaviotero #5 3/Setembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Las galescolas son granjas nacionalistas para niños nacionalistas que se quieren educar en el nacionalismo.

Me parece muy bien que existan, pero que se las paguen los nacionalistas.

Y que cumplan las leyes.

OBSERVADOR #6 3/Setembro/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.agal-gz.org/blogues...

AS GALESCOLAS SÃO DA VOGAL!

COUTOVEN #7 3/Setembro/2007 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El argumento de asociar Galeguidad con retraso e incultura, fue la práctica seguida en el Franquismo para evitar que las personas utilizaran una lengua ancestral, digna y corazón del pueblo Galego.

Las escuelas ubicadas en el territorio geográfico de Galiza tienen que ser tan galegas como la tierra en que están asentadas.

En mi concepto, el desarrollo educativo de de los ciudadanos del futuro tiene que responder a la realidad de su entorno. Y entiéndase, que la Galeguidad siempre ha tenido en la amplitud y la tolerancia características determinantes. Eso permitió que durante muchos años comunidades de origen Galego se establecieran en otros países conservando en un menor o mayor grado el espíritu de cultura, principios y conciencia histórica de ciudadanía.

En lo que si hay que tener cuidado y tiene que ser tomado en consideración para cualquier plan educativo que pueda influir en las jóvenes y moldeables mentes de los niños. Son los intentos de grupos políticos, económicos o religiosos de sembrar semillas de fanatismo e intolerancia en los Galegos del mañana. Por desgracia, en la historia hay demasiados ejemplos de estas prácticas.

Creemos que la pluralidad ideológica que hace vida en nuestra comunidad velara por el equilibrio y no permitirá que se desvié el noble fin de educar a las nuevas generaciones.

Por otra parte, en la Galiza de hoy priva una madurez y dignidad suficiente para que opiniones impertinentes desde Madrid o cualquier otra latitud prejuzguen algo que está naciendo y que merece una oportunidad.

AntonCorsario #8 3/Setembro/2007 AntonCorsario
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

alalaai!!!
(aturuxo de afirmación)

tcp #9 4/Setembro/2007 tcp
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Porqué os meus fillos non poden estudar en galego e castelán o mesmo tempo? ¿Cal é o beneficio de facelo só en galego? ¿Porque temos que exclui-lo castelán das nosas escolas? Acaso non é un idioma tan español coma o galego.
Teño dous fillos de 7 e 4 anos e espero ser capaz de aprenderllelos dous idiomas, así coma o respeto polos demais.
Polo mundo a diante pódemonos entender en castelán, entre outra linguas; pero en galego é muito mais difícil.

o-moinante #10 4/Setembro/2007 o-moinante
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bem polas galego-escolas. E tcp nom che preocupes, os teus filhos nom vam perder o castelám, estou seguro que é a lingua que escuitam dos teus lábios e falam na casa. Segurinho, juro-o polo Cristo da Fisterra

tcp #11 4/Setembro/2007 tcp
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Até fai pouco escoitaban ambolos dous. Agora teño que preocuparme de que o aprendan, porque na escola vanno ter complicado.

furabolos #12 4/Setembro/2007 furabolos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

tcp, non me creo que teñas dous fillos con esas idades e teñas medo de que poidan non aprender castelán.

furabolos #13 4/Setembro/2007 furabolos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E, igual que o moinante, tampouco me creo que lles fales en galego.

spider #14 4/Setembro/2007 spider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai xente por aquí que pide respecto e pasa todo o día insultando (poñer naci por nacionalista é un insulto, pois sabemos a que se quere referir). Por certo que para nacionalista el, o cal pareceme ben, pero tranquilo que eu non me referirei a vostede coma naci. Tampouco entendo cando fala das eivas democráticas do señor Quintana pois que eu saiba, este señor ten todo o dereito de estar onde está (igual que o señor Touriño, Fraga antes, e antes Albor) e non tivo nada que ver con asasinatos, cámaras de gas, persecucións sumarias, etc (Fraga si claro, e foi presidente e tíveno que democraticamente papar con patacas). Un saúdo. Se molestei a alguén ben o sinto. E por certo, espero que poñan moitas galescolas máis que falta fan.

felipin #15 4/Setembro/2007 felipin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para mín, ou para a miña familia, xa chega tarde.
Igual que chegou tarde o ensino de lingua galega nos colexios e institutos.
Igual que chega tarde a obrigación de posibilitalo uso do galego fronte a administración pública (ai que risa! Vaian pedir un formulario en galego no catastro).
¿E será que se pode usa-lo galego no traballo? E ¿falarlle en galego ó teu xefe?
¡E inda por riba teño que aturar a tanto memo con altofalante!
¿É tan difícil entender que en cada lugar teñen que mandar os de alí?

anacleto #16 4/Setembro/2007 anacleto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O autor do artigo-libelo d'o Mundo é Aníbal Malvar, presunto escritor de noveliñas negras,presuntamente galego, presuntamente progre e achegado ao nacionalismo durante un tempo (o dos ascensos electorais do BNG, donde se lle veía arrimado a Beiras nas noites electorais -ou querendo arrimarse, máis ben).Agora adícase a reportaxes mentireiros e , tamén, presuntamente investigatorios sobre os "entornos" dos nacionalismos vasco ou galego.Patético home, xa che poden pagar ben (e nin eso creo).
Por certo, agora a nosa nai Rosalía é a "filla bastarda", os seus versos voltan ser perigosos cen anos despóis (nen o franquismo se atreveu a tanto), o himno oficial é vilipendiado coma se tal cousa...
Estas patéticas fascistadas dan gañas de vomitar (a ser posible,por riba dos seus autores).

valminor #17 4/Setembro/2007 valminor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O nacionalsocialismo galego.
Onte o Sr. Cesar Vidal no seu programa cultural "La linterna" na cadea COPE definuo o himno galego como " es una mezcla de mitos, de insultos a la inteligencia y de disparates nacionalistas, como suele ser habitual....mezcla de estupideces y de racismo no tiene desperdicio. "

Podes ver o artigo completo e o son neste artigo: http://www.valminor.info/conte...

El_pastorrr #18 4/Setembro/2007 El_pastorrr
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As galescolas non era esa iniciativa criticada por algúns por so impartir as clases nun 50% como moito cando a maioría dos pequechos falen nesta lingua???... Moitos vedes demos ca forquilla onde non os hai.

maraghota #19 4/Setembro/2007 maraghota
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Afirmações como "#5 (Gaviotero): Las galescolas son granjas nacionalistas para niños nacionalistas que se quieren educar en el nacionalismo." necessitam, acho eu, ir acompanhadas de algum fundamento, para serem sequer tomadas com um mínimo de consideração. Em que te baseias para dizer isso? Podes dar algum dado objectivo e a sua fonte? Obrigado.

Wagneriano #20 4/Setembro/2007 Wagneriano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aqui tendes também uma ligação para outro furibundo ataque de escumalja jornalística, desta vez vindo de Portugal:


http://dn.sapo.pt/2007/09/03/o...

Wagneriano #21 4/Setembro/2007 Wagneriano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Queria dizer: "Escumalha jornalística".

Mais uma vez, o nauseabundo centralismo de Lisboa deixa-nos desfrutar das suas pérolas ideológicas.

Sacho #22 4/Setembro/2007 Sacho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gavioteiro, nunca haverá mente aqui que sofra o teu engano bem amado compatriota. Somente um uma besta embrutecida pode fazer pretender que as crianças são animais educados numa "granja".
Se ladram é porque têm medo, bem o sabemos.

Druida #23 4/Setembro/2007 Druida
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, sempre estás escribindo esa palabra que parece que non te gusta: "nacionalismo". Pero curioso é que eres o único que como icono coloca a bandeira dunha nación. E por outra banda, chamar "granja" a unha escola é unha ofensa forte a pais/nais e a rapaces/rapazas. Non sei se coñeces con detalle o regulamento das galescolas, ou simplemente segues as boas informacións que teñen en Madrid sobre este tema.

BonKarallan #24 4/Setembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha das críticas que oín nun telexornal, é que non eramos bilingües.

E como carallo queren que sexamos bilingües se non nos deixan ensinar o galego aos nosos fillos.

teixugo #25 4/Setembro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Wagneriano,

Esse tal Ferreira Fernandes é um outro "lumbreras" como o Saramago pois não queria este..., e os ataques ao galego ali onde se atopa com ele. Nobel falhido!

O melhor é ao final quando comeza com o das línguas das divisões e nobres...!!!

BonKarallan #26 4/Setembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ferreira Fernandes que che parece Portugal espanhol?

Pois con Felipe II erades espanhois. Ou iso non o estudaches nas portugalescolas?

henrique #27 4/Setembro/2007 henrique
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Instituto Cervantes é unha axencia de propaganda da lingua e cultura española. Películas de animación como "El Cid" foron saudadas con entusiasmo polo seu achegamento aos cativos. As seleccións españolas disparan patriotismo nos media. Erguer bandeiras de dimensións record está á orde do día. Búscase letra para un himno.Os libros de texto, desde a primaria á secundaria, sobardan en loubanzas ás fazañas "nacionais".
O verdadeiro eixo do debate non é quen é nacionalista, os españolistas sono a rabexar, senón como debemos artellar estratexias de resposta diante da ofensiva. O españolismo está preocupado e doente, bo sinal; incrementar a presenza da simboloxía propia, das mensaxes, gañar espazos nas mentes e nas rúas preocúpalles e oféndeos, logo imos ben.

emigrado #28 4/Setembro/2007 emigrado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sendo todos estes ataques todo o ofensivos que son (e con todo o que temos que aturar os que vivimos en Madrid onde El Mundo e La Cope son coma unha permanente banda sonora repetida na boca dos compañeiros de traballo), a min todo isto paréceme que nos desvía dos temas realmente importantes deste país.
Non debiamos perder a perspectiva porque están a pasar cousas moito máis graves. Viva o V-Day!

http://avisionperiferica.blogs...

Gaias #29 4/Setembro/2007 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non creo eu que sexa exemplar precisamente o ensino publico en zonas coma Madrid. Nos colexios madrileños os nenos teñen que convivir con nenos inmigrantes que falan rumano,arabe,ingles,etc e iso imposibilita un ensino de calidade.

Roquinho #30 4/Setembro/2007 Roquinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Adiante. Con sorte coas galescolas e achegando o galego ó seu idioma irman o portugués, facendo que sexa a segunda lingua extranxeira neste pequeno país tan vilipendiado polo nacionalismo español mais radical e intransixente, poidamos facer que nos poidamos comunicar cun amplo abano da poboación mundial, aumentando o mesmo tempo a nosa propia cultura. Aínda que para elo sexa necesario que tódolos galego/as deixemos atras o complexo que nos impide expresarnos na nosa propia lingua, tan ou mais culta co castelán e cunha ampla literatura que abarca mais seculos. Non esquezamos que coñece-lo galego, ademais dos outros idiomas incluidos nos plans do ensino, non supón mais cun enriquecemento cultural dos nosos habitantes e en ningún caso un retroceso como nos queren facer crer algúns retrogados, aínda que vendo de onde proceden os ataques non hai dubida de que non debemos facer nigún caso xa que non representan a persoas cunha ampla cultura de respeto a diversidade de España senon que defenden ideas dunha España sen diversidade como quixo e non puido consegui-la dictadura que tanto añoran.

eugalego #31 4/Setembro/2007 eugalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Um passo máis de construcçom nacional.

djpetrallo #32 4/Setembro/2007 djpetrallo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

GAI-VOTEIRO A CADEA. FACHA

ppSoe #33 6/Setembro/2007 ppSoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para os españolistas tan preocupados pola educación dos nenos galegos:

1º Mandádeos a outras escolas. Quedan, por agora, moitas, demasiadas, cheas de mestres "seudo legais" que añoran o retrato de Franco e o Cristo co rosario enriba da pizarra que estarán encantados de acoller ós vosos HIJOS nas súas aulas.

2º Os que os levedes a escolas con mestres galegofalantes sacádeos dalí inmediatamente, e educádeos na casa, nas vosas paletas e atrasadas ideas españolistas, fillas do catolicismo e desa nazón tan aberta e moderna que é Castela.

3º Os que desconfiedes dos vosos fillos, os que pensades que son demasiado idiotas, ou polo menos tan idiotas coma son os seus pais, que non teñen miolos dabondo como pra ser galegos, falar en galego, pensar en galego, amar a Galiza e, a pesares de todo isto, poder aprender outras linguas coma o inglés, pois liscade con eles pras escolas de Castela, que seguro que están ó voso nivel.

Gaviotero #34 6/Setembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#14, spider:

Un Vicepresidente que acusa de fascistas a sus rivales políticos, como hizo el Quintana con los dirigentes del Partido Popular, no tiene ninguna dignidad como político y menos aún como representante de los ciudadanos gallegos, a los que representa como Vicepresidente.

Y si además, propone enseñar el himno gallego a niños de hasta 3 años, entonces ya su actitud deja mucho que desear democráticamente, pues los gestos, las palabras, los hechos propuestos, son puramente fascistoides.

Espero, como spider, no haber molestado a nadie.

Y por cierto, espero que las galescolas se conviertan en guarderías normales aptas para todos los gallegos y en las que no se creen nacionalistas. Confío que en un par de años se inicie la conversión, si no antes...

#15, felipin:

¿Que en cada lugar tienen que mandar los del lugar? Ah, pues entonces que en Vigo gobiernen los de Vigo y no los de la Xunta, que al fin y al cabo gobiernan desde Santiago...

¿Es tan difícil de entender que los nacionalistas sois generalmente incoherentes con vuestras propias propuestas?

¿Acaso no te das cuenta de que en España, efectivamente, gobiernan españoles?

#16, anacleto:

Ya les gustaría a Manolito Rivas o a Suso de Toro escribir la mitad de bien que Aníbal Malvar. Y puestos a repartir carnés de gallego, que tanto os gusta, ya les gustaría a ellos ser la mitad de gallegos que Malvar.

Por cierto, ¿no era Rosalía "hija bastarda" como dice Malvar? Igual es que mis datos biográficos son erróneos...

#19, maraghota:

Gustosamente te contesto. Desde el principio, el impulsor de la iniciativa, que no es otro sino Vicepresidencia, ha decidido que en estas galescolas primara el galleguismo con estupideces tales como el aprendizaje del himno gallego o el conocimiento de personajes galleguistas, curiosamente todos ellos vinculados al o apropiados por el nacionalismo gallego.

Las guarderías no son lugares para enseñar himnos ni personajes, porque con 3 años un niño no es capaz de eso. Habría que decirle a Quintana que si quiere crear nacionalistas, ya que tiene tan poquitos, que espere unos años para sus lavados de cerebro.

El problema es que las galescolas no son guarderías, ni siquiera escuelas para aprender, sino para "ideologizar". Y eso, en una democracia, es gravísimo.

#23, Druida:

Te diré, para empezar, que no soy el único que coloca una bandera. Los hay con la bandera independentista, los hay con la de Galicia...Deberías observar mejor.

Por otro lado, hoy en día, España, como Nación, es ni más ni menos que un símbolo de libertad, democracia e integración frente a los nacionalismos excluyentes y totalitarios. Por eso y no por otra cosa está ahí la bandera...

Bueno, vale, y porque os jode un montón...:)

#27, henrique:

Los españolistas estamos de un preocupado con gente como vosotros que no veas...sois un juguete roto, un entretenimiento. En estos momentos, al servicio del nacionalismo.

Lo que sucede simplemente es que nos molestan los totalitarios y excluyentes, de los que el nacionalismo está plagado. Precisamente son los españoles, que hasta ahora estaban agazapados, dejándole ganar terreno al nacionalismo, los que han despertado y han decidido recuperar el terreno perdido. Conscientes, ante todo, de que somos más y mejores. Porque defendemos la democracia y la libertad.

#30, Roquinho:

Ánimo, chaval...que seguro que esa ingente población mundial gallego parlante está ahí fuera esperándote...

Aquí nadie se opone al aprendizaje del gallego, sino a la imposición del gallego unida a la exclusión del castellano.

No estaría de más que vosotros, que tanto se os llena la boca con lo de la diversidad de España, os empezaráis a aplicar el cuento de la diversidad en Galicia.

Aquí el único que añora la dictadura pareces ser tú.

#32, djpetrallo:

Gran argumentación...te diría eso de que tu puñetera madre más, pero es que me das igual, ¿sabes?

De hecho, viniendo de gentuza como tú, el presunto insulto que me dedicas se convierte en piropo. No ofende quien quiere, sino quien puede.

#33, ppSoe:

Identificar amar a Galicia con tener tus mismas ideas es propio del totalitarismo más rancio. Tú sí que debes tener un buen retrato de Franco en el salón de casa...

teixugo #35 6/Setembro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NINHADA DE RATOS!!!!!!!!


ppSoe
djpetrallo
Roquinho
henrique
Druida
maraghota
anacleto
felipin
spider
...


Simplesmente: NINHADA DE RATOS!!!!

anacleto #36 13/Setembro/2007 anacleto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ti si que es un bon bastardo Gaviotero, independentemente da "lexitimidade" do teu nacemento.
Segundo a túa teoría, ao Rei Juan Carlos habería que chamalo "el parricida Juan Carlos", xa que é feito sabido (ainda que pouco divulgado)que se cargou ao seu irmán maior cunha pistola, en lamentable accidente xuvenil.
E que o Malvar é máis galego que outros que citas, parece o argumento infantil de "y yo más".Pois sí home, é de duvidar a galeguidade de quen (ao dictado do seu amo mediático) se adica a desprezar os símbolos máis simples e aceptados por todos (até por Fraga, si lle preguntáramos)da identidade galega, léase Rosalía, o idioma, o himno, e a estrar merda e falsedades sobre as galescolas, o ensino en galego (que de paupérrimo pasa a ser "un perigo para o castelán").Veña, home, veña, si o que escribes non o cres nen ti.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: