Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Blogomillo

O Xabarín, ese axente secreto do 'separatismo'

A rede busca dobres mensaxes nos vídeos musicais do espazo infantil da televisión pública do país.

Redacción - 13:25 04/09/2007

A comunidade blogueira do país tivo que saír na defensa do Xabarín. Todo comezou nunha bitácora onde se criticaron os vídeos musicais do programa infantil da Galega, acusándoos de adoutrinar a mocidade e convertela nunha sorte de pequeno exército a prol da loita armada pola independencia da nación galega. A entrada acadou difusión a través do portal español de novas Menéame, onde algúns comentarios chegaron a extremos absolutamente esperpénticos.

A reacción retranqueira non se fixo agardar. O'Xirarei fixo no seu blog unha recompilación de posíbeis reinterpretacións paranoicas dos vídeos máis famosos do Xabarín Club. O blogueiro recoñece que a súa mente quedou apodrecida despois de ter sufrido os perniciosos efectos do programa televisivo“e inseriron a miña persoa nunha deriva nazi-onalista”. Algúns dos significados ocultos dos vídeos son:

  • Satélite Xabarín: mensaxes que, claramente, insisten na necesidade de liberarnos da opresión española e acadar a independencia tecnolóxica. Ademais (aínda que varios anos antes) apoia o proxecto de Emilio Pérez Touriño para crear un satélite propio.
  • Pode ser: un cantante drogado cre observar vacas voando e falando, atribuíndo os efectos do seu vicio aos extraterrestres. E todo isto, en horario infantil.
  • Tá-se bem na rádio: que dicir, por se non abondase con facer pequenos aprendices de Antxón Kintana, ademais búscase que sexan reintegratas e fumen drogas en Xamaica, indignante.
  • Socio, busco un socio: evidente chamamento marxista-leninista. "Un exército de berros... este berro para molar... Xabarín popular". Lavado de miolos mediante o cal se pretende que o conxunto dos nenos se afilien ao partido único e comecen a comer españois.


4,73/5 (11 votos)

Comentarios (8)

Alenco #1 4/Setembro/2007 Alenco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Primeiro sacaron "Sin Chan", (que agora se pode ver en español)
E agora van a polo Xabarín no seu conxunto. Si fuese el Jabalín en castellano, no habría ningun problema, sabes.

O Xabarín fai máis pola normalización do galego, que moitas das normativas lingüísticas. E chega aos nenos, que son os falantes do futuro.

zus #2 4/Setembro/2007 zus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Miña nai!!!! pero e q non teñen q facer???? pero q merda e esta??? era o último q m kedaba por escoitar ,isto xa é moito!!!!...q1 si o noso imno insulta a non sei ken,q si somos todos uns terroristas,q si as galescolas non valen para nada...pero q carallo teñen contra nos!!! q nos deixen en paz coñooooo!!!eu medrei vendo o xabarin club e fun socia e q orgullosa estou!! e canto aprendin vendo ese programa malia q pareza mentira saíndo na televisión..en fin... XABARIN CLUB FOREVER!!! jejejeje

El_pastorrr #3 4/Setembro/2007 El_pastorrr
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esperpéntico.... será que cabalgaremos???.

BonKarallan #4 4/Setembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xabarín foi a galescola que mamaron os meus fillos e foi o seu ídolo durante moitos anos. Grazas a este programa moitos nenos da cidade aprenderon galego sen necesidade de tradutores.

O que están facendo con Xabarín é unha infamia. Hai moita "tele-lixo" por aí adiante...

OXirarei #5 4/Setembro/2007 OXirarei
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai, Vieiros, mellenadeorgulloysatisfacción! Eu, como bo intoxicado polo Xabarín, sinto fachenda ao saír mencionado nun portal de corte claramente separatista e radical, ademais de escrito en vernáculo ;).

Anxo #6 5/Setembro/2007 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto cada vez parecese máis a Polonia, quizais tamén o acusen de gai e que influe na orientación sexual dos nenos, o quizais na zoofilia. Pero mira que hai xente ociosa neste país non me cansarei de repetilo.

rosinha #7 6/Setembro/2007 rosinha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

escacho coa risa!
era o que faltaba, meterse cas cancions do xabarin!
isto é incribel!
onde imos chegar!
ainda van dicir que os nenos van copiar ó xabarín facendo asaltos ás leiras de millo e patacas!

ppSoe #8 6/Setembro/2007 ppSoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou na lavadora, estou na lavadora...

Agora véxoo claro! Estában a expresar o que facían os rapaces diante da tele: lavárense os miolos!!!

A ver se son nacionalista por culpa do Porco Bravo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: