Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
UN CATÁLOGO DE NENOS PARA PEDERASTAS

Máis bebés nacen coa súa páxina na Internet

O obsequio de moda para os bebés do século XXI é unha conta de correo electrónico, un perfil en Facebook ou MySpace ou un dominio propio en Internet

Redacción - 12:48 04/09/2007

En EE.UU., cada vez máis pais abren contas de mail ou rexistran dominios de Internet co nome dos seus fillos apenas nacen, ante o temor de que as direccións non estean dispoñibles no futuro.

"Un dominio na rede é como un ben inmobiliario do século XXI", dixo Warren Adelman, presidente da firma de rexistros en Internet GoDaddy.com.

Adelman di que GoDaddy.com non leva un reconto de nomes de bebés, pero afirma que apreciaron "un forte aumento de chamadas de pais que queren reservar dominios para os seus fillos" e engade que os modelos de sitios web con motivos infantís cada vez son máis populares.

Ademais, o número de novos sitios en Internet medrou en xeral e, actualmente, a firma "rexistra ou renova a propiedade dun dominio cada 1,3 segundos".

A maioría dos pais utiliza esas páxinas para intercambiar fotos con familiares e, de paso, asegúranse de que o seu retoño terá para sempre un sitio co seu propio nome e unha dirección de correo personalizada (maria@maria.perez.com.).

Adelman agrega que estas páxinas son un "agasallo educativo" para os pequenos, pois lles axudarán a "aprender o manexo de Internet e permitiralles colgar contidos cando sexan maiores". Emporiso, moitos pais temen ver aos seus fillos movéndose polo ciberespazo a temperá idade e temen que a publicación dos seus datos os faga vulnerábeis a pederastas.

Tanto GoDaddy.com como outras firmas insisten en que hai opcións para aumentar a privacidade -como protexer a páxina cun contrasinal- pero algunhas nais seguen tendo reparos.

Facebook, a popular comunidade virtual que empezou aceptando a estudantes universitarios e que hoxe conta con millóns de usuarios, desde Bill Gates ata moitos lactantes.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: