Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
DÍA DO INMIGRANTE EN ARXENTINA

"As correntes migratorias non se paran con exércitos"

Iso dixo o o director de Migracións da Arxentina, Ricardo Rodríguez, na data dedicada aos que chegaron ao país. Lembrou que 700 mil estranxeiros regularizaron a súa situación.

Débora Campos - 17:00 05/09/2007

O ritmo de radicación acelerouse a partir do ano 2006 na Arxentina, cun plan oficial orientado a facer máis rápidos os trámites das persoas nacidas en países limítrofes e do Mercosur, segundo asegurou este martes o director de Migracións durante o acto do Día do Inmigrante.

Segundo informou Ricardo Rodríguez, responsable de Migracións, o Programa Patria Grande, que se puxo en marcha a principios de 2006, legalizou así a radicación de 485.578 inmigrantes, dos cales 413.684 ingresaran ao país antes de abril de 2006, e 71.894 fixérono logo desa data.

O programa foi creado para impulsar a regularización da situación migratoria dos estranxeiros nativos dos Estados que integran o Mercosur e os países asociados, co obxecto de facilitar o trámite para accederen a unha residencia legal no país.

Afrontar a realidade

"O problema de non afrontar a realidade derivaba nun prexuízo para o país, como todo o que resulta de acudir a restrinxir sen buscar unha solución superadora, porque esa política expulsiva, fai máis lucrativo o tráfico e venda de persoas e todos os delitos que se alimentan da vulnerabilidade humana", afirmou aos xornalistas, segundo a axencia Telam.

Segundo as cifras oficiais, o 53% do total de inmigrantes regularizados en todo o período provén do Paraguai, 27% de Bolivia, 12% de Perú, 2,7% do Uruguai, 2,1% de Chile, 1,5% do Brasil, 0,9% de Colombia, 0,5% de Ecuador e 0,2% de Venezuela.

Os datos foron revelados durante un encontro realizado no emblemático Hotel dos Inmigrantes, situado no barrio porteño de Retiro, para celebrar o Día do Inmigrante. "As correntes migratorias non se paran con exércitos. O dereito á migración é un dereito humano. Neste sentido, a política migratoria que se desenvolveu a partir de 2003 tiña como base non a seguridade senón os dereitos humanos", explicou Rodríguez.


5/5 (2 votos)


Comentarios (4)

BonKarallan #1 5/Setembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei que dicir. Se veñen alistarse ao noso exército ou ao de Bush, mellor que queden alí e alístense no seu.

emigrado #2 5/Setembro/2007 emigrado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Efectivament, as migracións non se paran con exércitos. Nin poñendo un no Padornelo os galegos deixariamos de emigrar. Marcharíamos en piragua ou moto acuática.

ppSoe #3 6/Setembro/2007 ppSoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei se se poden parar con exércitos, pero no caso da Galiza incluso se poden aumentar. Explícome: o exército do estado español está formado por galegos e andaluces nunha porcentaxe superior á proporción que supoñen as poboacións dentro do conxunto estatal. Así que os galegos alistados vaia se emigran grazas ó exército.

COUTOVEN #4 8/Setembro/2007 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"As correntes migratorias non se paran con exércitos"

La historia confirma que ni los ejércitos, ni los muros, ni cercas eléctricas evitan que un hombre, una familia o un pueblo busquen un futuro mejor para sus hijos.

No sé, pero creo que los Galegos saben algo de eso de tomar una maleta, llenarla de recuerdos, guardar en la retina una imagen de su tierra y de su gente, para luego emprender un viaje con anhelos de esperanza y temores a lo que lejanas tierras le depararan.

Ciertamente esta es una crónica del pasado que esperamos que nunca vuelva a repetirse.

Pero los que critican las barreras ¿lo hacen de forma honesta o por el contrario solo ven las barreras donde les conviene? Y para nada analizan ¿Por qué Pueblos enteros arriesgan su integridad para escapar de sus países?. Yo creo que en Latino América la corrupción y la demagogia de forma conjunta o por separado pueden explicar estas cosas y en otros casos, puede estar complementados de intolerancia y persecución política.

Cuando los galegos viajaron a Hispanoamérica vinieron a países ricos con políticos corruptos. Hoy siguen siendo países ricos pero con políticos más corruptos y hambrientos de poder. No les importa para nada dilapidar toda la bonanza de sus naciones con prácticas populistas o destruir a la disidencia con la única finalidad de ATORNILLARSE EN EL PODER de forma eterna.

Lo triste de esto es que muchos intelectuales, periodistas, medios informativos y políticos en Galiza y España que crecieron bajo la bota de la dictadura al igual que en la democracia actual. No se han preocuparon por ilustrarse en el hecho que los demagogos y corruptos son malos ya sea que roben o usen las armas con la mano derecha o la izquierda. Hoy en día se erigen como defensores de estos neodictadores tropicales y son cajas de resonancia de las agencias informativas financiadas por los mismos que hacen la misma política de desinformación que los medios imperialistas.

Yo quisiera que estos intelectuales, políticos y periodistas que visitan (por horas o días) a nuestros países y disfrutan de opíparas comidas, vuelos en primera clase, hoteles de 5 estrellas y financiamiento para sus proyectos personales tengan la vergüenza suficiente de explicarle al pueblo de Breogan cuando miles de los Galegos empobrecidos y TODA SU PARENTELA retornen a nuestra tierra y se transformen en una pesada la realidad laboral y asistencial.
¿Por qué fueron tan tolerantes, complacientes al defender a los intereses de criminales tal vez peores que los que obligaron a nuestro pueblo a ser emigrante?.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Ricardo Rodríguez, Director Nacional de Migracións falando no Día do Inmigrante. Foto: Juan Roleri/Télam
Ricardo Rodríguez, Director Nacional de Migracións falando no Día do Inmigrante. Foto: Juan Roleri/Télam
Varias colectividades participan da festa. Foto: Juan Roteri / Télam
Varias colectividades participan da festa. Foto: Juan Roteri / Télam