Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Violencia policial

O vídeo duns axentes dando unha malleira escandaliza Portugal

O corpo asegura que investigará a autenticidade das imaxes colgadas en Youtube e que tomará medidas disciplinarias.

Redacción - 18:55 05/09/2007

A Polícia de Segurança Pública portuguesa (PSP) está a investigar un vídeo que se poder ver no YouTube onde cinco homes uniformados agriden un home no Parque das Nações de Lisboa. O vídeo, segundo informa o Portugal Diário amosa, cunha deficiente calidade de imaxe, unha brutal malleira, durante 1 minuto e 41 segundos.



As imaxes xa están a provocar un escándalo no país veciño, se se demostra que a gravación é real e que hai axentes da PSP implicados nun episodio de violencia policial. A voceira do corpo, a subcomisaria Paula Monteiro, declarou á axencia Lusa que, se as investigacións confirman a autoría de membros da PSP, serán sometidos a un proceso disciplinario. Tamén indicou que non se recibira ningunha queixa ao respecto.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: