Xavier Ferreira, profesor de Dereito Administrativo na USC, será o seu substituto.
O Consello da Xunta tratou este xoves a destitución do secretario xeral de Relacións Institucionais, Antón Losada. A axencia Efe adiantou a primeiras horas da mañá a noticia. Segundo puido confirmar Vieiros, a decisión de substituir ao número dous de Vicepresidencia xa se comezou a debater antes do verán e tomou corpo o pasado mes de xullo. O vicepresidente Anxo Quintana confirmou o cesamento instantes antes do inicio da reunión do Goberno e sinalou que foi o propio Losada o que presentou a súa dimisión.
A idea inicial era dividir a actual Secretaría Xeral en dúas, unha de Vicepresidencia e outra de Relacións Institucionais. Porén, finalmente Xavier Ferreira, profesor da Universidade de Santiago, asumirá, alomenos de momento, todas as funcións que tiña Losada.
Un perfil moi técnico
Vicepresidencia aposta claramente con esta decisión por un perfil moi técnico. Nacido en Valdoviño (A Coruña) en 1966, Ferreira Fernández exerceu como director do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado na USC. Ten un contrastado currículo. Doutor en dereito pola USC, ampliou os seus estudos na Universidade de Boloña e na Escola de Administración Pública de Cataluña.
Segundo informan dende a propia Xunta, a súa actividade investigadora centrouse no estudo do dereito local, do réxime xuríco dos funcionarios e dos dereitos lingüísticos. Actualmente é director da Escola Universitaria de Relacións Laborais. Tamén é membro, por designación parlamentaria da Xunta Electoral de Galicia e do padroado do Museo do Pobo Galego.
A ver, ho
a) Ferreiro ou Ferreira?
b) substituiría a Losada en Benestar ou en R.Institucionais?
Estou botando contas, creo que Losada botou dous anos. É para saber se ten dereito ao plus de 15.000 euros
Pero que teima teñen os do bloque cos da Universidade. Non poden buscar noutro sitio?
O de las listas del paro, que seguro que no salen tan chulescos ni sinvergüenzas como este pájaro...
joder Gaviotero... estas en todas...ti que tes moito tempo libre????
Não Carlinhos21287,
é uma NINHada de RATos é sempre há alguém de guarda.
Simplesmente.
"A pé desta información foi borrado un comentario:
En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate."