Ás seis da mañá derrubouse parte da plataforma superior do viaduto que estaban a construír sobre o río Arenteiro sobre un dos piares.
Manuel Domínguez Lago, o obreiro que faleceu, era o capataz das obras, natural da parroquia de Bouzas, tiña 45 anos e residía en Vigo. Era parte do cadro de persoal de Comsa. Os catro feridos, de nacionalidade portuguesa, traballaban para Valdalla, contrata da UTE FCC-Comsa, responsábel das obras do treito do AVE onde se rexistrou o sinistro. Construían unha ponte sobre o río Arenteiro, na localidade de Pol, no municipio ourensán do Carballiño, dentro do trazado das obras do tren de alta velocidade da liña Santiago de Compostela - Ourense.
Segundo lle indicou a Europa Press o alcalde do Carballiño, Carlos Montes, xa foi aberta unha investigación para determinar as causas do accidente. O rexedor indicou que se trata dunha das pontes máis longas do trazado do AVE, cunha lonxitude prevista de dous quilómetros. Na zona tamén está a facer seguimento das operacións de rescate o anterior alcalde e actual conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, e mais o subdelegado de goberno en Ourense, Camilo Isaac Campo.
Permanece cortada a estrada que comunica Compostela e O Carballiño á altura de Santa Uxía de Lobás. Trasladáronse alí efectivos de Protección Civil e da Policía Local do Carballiño, a Garda Civil, bombeiros e dispositivos médicos do 061.
Últimas noticias (actualización ás 12:40)
Os dous traballadores con feridas graves, malia non correren risco as súas vidas, son Fernando Lucas Duarte Bieites, de 21 anos de idade, e Diamantino Mesquita Pereira, de 42, ingresados no servizo de urxencias do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU).
Os que sufriron feridas leves son Enmanuel Couto Barbosa, de 22 anos de idade, e José Fernando Mandurueina Cardoso, de 21 anos, e permanecen no servizo de urxencias do Centro Médico El Carmen, da cidade de Ourense, á espera de seren ingresados.
Fomento investigará as causas (actualización ás 16:50)
A ministra Magdalena Álvarez asegurou que en Fomento xa se iniciou un proceso de investigación para coñecer os motivos do accidente. Nunha conferencia de prensa en Barbate (Cádiz), afirmou non ter datos sobre o acontecido, pero indicou que xa se está a investigar. Tamén que a Unión Temporal de Empresas integrada por Comsa e FCC ofrecerá toda a información da que dispoña.
Pola súa banda, os sindicatos CCOO, CIG e UXT manteñen unha xuntanza en Ourense e falan de convocar mobilizacións. Denuncian e piden que se inspeccionen as condicións de traballo nas contratas, e poñen como exemplo as quendas de mesmo doce horas destes traballadores como unha das causas da elevada sinistralidade.
unha pinga máis na lagoa de sangue que tingue o noso mercado laboral.
a este non lle han dar medalla algunha e a súa familia perderá para sempre a un dos seus membros sen nengún tipo de recoñecemento.
cando rematará esta sangría? ogallá a investigación poida aclarar as circunstancias do accidente e se hai responsábeis, saian á luz e asuman a súa responsabilidade. accidente laboral, terrorismo empresarial!!!
E curioso que os que non teñen nin idea da situación sempre saian a votarlle a culpa ás empresas...
O problema da subcontratación existe pero neste tipo de accidentes, coma ao de motril, non e un problema, estas obras fanas empresasas especializadas que en xeral non son as adxudicatarias, basicamente porque as grandes constructoras non teñen man de obra. Neste tipo de obras é necesaria a subcontratación para mellorar a seguridade. Outra cousa é as subcontratas non especializadas que exclavizan ós traballadores.
¿Por que son case todos portugueses? Porque son moi bos traballadores, cualificados e isos en españa case non quedan pois a xente prefire traballar no super gañando 600 o mes que na obra gañando mais de 2000 (que e o que gaña un encofrador medio sen facer moitas horas). Será que os españois nos fixemos moi señoritos?
Estes accidentes, os mais espectaculares son os menos evitables...
Mais da metade das mortes laborales en accidentes son neglixencias dos traballadores, tamen hai empresarios camicaces, pero cada vez menos
A miña máis sentida condolencia á familia do falecido. É unha vergoña que aínda pasen cousas así.
Pois, o sistema capitalista español de explotación permite a actividade de calquera ente formal de empresa, anque só serva para retirar do presupostado unha boa marxe, e ir subcontratando a supostas poutras empresas "especializadas".
O único certo son as mortes un día tras do outro sin faltar ningún, dos membros traballadores máis febles dos operarios activos nas obras e nos postos de traballo das fábricas.
Claro que nin os ministerios de traballo, ni as lexislacións do capitalismo, nin os políticos, nin os políticsos, nin os empresarios teñen culpa algunha.
Agora hai moitísima maior incidencia de morte e sinistro qsue nunca, pero é debido a unha baga que se estende pola nosa sociedade: os traballadores, para deixar quedar mal e fastidiar ó capital, literalmente tíranse ó peligro ou métense diante dele. É ben verdade e os datos non falan de outra cousa!
Iso de que a siniestralidade sube e mentira.
Cada vez hai menos porque cada vez as medidas son maiores (hai que analizar a siniestralidade por volumen de construccion) e reducese todolos anos.
Evidentemente os traballadores non se suicidan para amolar ó capital... pero inconscientes e atrevidos hainos en todolos campos, so hai que ver os accidentes na estrada todolos dias.
A construcción é perigosa e a siniestralidade 0 e imposible polo factor humano e porque as cousas fallan.
Podo asegurarche que nos traballos coma este (eu traballei en pontes similares) están os mellores profesionais que hai, xente que sabe o que fai, e que as constructoras (polo menos as grandes) forman á xente e dan todolos medios para a sua seguridade e habitualemnte expulsan ós temerarios das obras (economicamente os accidentes non son rentables). FCC é unha das empresas que mais coida esas cousas.
#5 A sinistralidade mede-se por índice de incidência, quer dizer, a rátio entre população trabalhadora e número de accidentes.
Non estou dacordo co que dí que as emresas fan o que queren e que os traballadores son uns coitadiños que van directos ó matadeiro. As exixencias a nivel de prevención para as empresas son moi fortes e o que ningunha empresa seria desexa é que os seus traballadores teñan accidentes, primeiro polo factor humano e segundo porque iso supón unha sangría económica brutal a nivel de sancións e penalizacións. Falta moita inspección laboral por parte do estado e si parte dos recursos sancionadores se adicaran á inspección outro galo cantaría.
Eu pola miña experiencia vexo que imos mellorando claramente cada ano, aínda que por desgraza, siga habendo accidentes. Os sindicatos sí que se podían poñer as pilas en temas de reivindicación de seguridade laboral, con sair na prensa o día seguinte poñendo a caldo á empresa coidan que xa está o seu traballo feito. Falta o primeiro día que os sindicatos promovan unha paralización de actividade por falta de medidas de seguridade.
Si van investigar que empecen: capitalismo, plusvalía, acumulación de capital, explotación dos traballadores, expoliación dos recursos e da Terra, ...