Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMBIOS NO ECUADOR DA LEXISLATURA

Vicepresidencia reforzará o organigrama para afrontar os dous últimos anos de lexislatura

Quintana pretende que no gabinete se conxuguen os perfís políticos e técnicos.

Redacción - 14:21 07/09/2007

A primeiras horas da mañá do xoves a noticia saltaba a todos os medios, o Consello da Xunta ía aprobar a substitución do secretario xeral e de Relacións Institucionais da Vicepresidencia. Xavier Ferreira substituía a Antón Losada como número dous do departamento que dirixe Anxo Quintana. Logo da treboada que ergueu o cambio, agardado dende hai meses por moitos, o vicepresidente traballa para engraxar de novo a maquinaria.

Quintana ten claro que é preciso reformular unha secretaría xeral cargada de demasiadas funcións. Por iso, agora trabállase coa proposta de dividir en dous o cargo: unha Secretaría Xeral de Vicepresidencia, que ocuparía Xavier Ferreira, e unha de Relacións Institucionais. Para esta última búscase un perfil moito máis político, que sirva tamén para a coordinación das diferentes áreas nacionalistas do Goberno.

O que si está confirmado é que Manuel Martínez Barreiro será o novo xefe de gabinete da Vicepresidencia. Á súa xa longa militancia no nacionalismo, hai que sumar unha notábel experiencia xornalística. Barreiro colaborou habitualmente como comentarista político en medios como a Radio Galega, Radio Líder, Tempos Novos e Vieiros.


4,83/5 (6 votos)


Comentarios (16)

Gaviotero #1 7/Setembro/2007 Gaviotero

Falta le va a hacer seguir "engrasando" la maquinaria...¿a quién "engrasarán" esta vez? ¿A los de la TVG o a los de La Voz de Galicia?

Y por si teníamos pocos altos cargos, ahora amenaza el zeñó Vicepresidente con dividir el cargo actual en dos...

De momento, el pájaro de Losada se va con los 15.000 euros porque, muy listo él, ha esperado a dimitr hasta que llevara 2 años en el cargo. Concretamente, le han sobrado 4 días...

¡¡¡NACIONALISTAS CORRUPTOS!!!

teixugo #2 7/Setembro/2007 teixugo

NINHADA DE RATOS!!!

PÁSSARO ES TU E CHAMAS-LHE AOS DEMAIS...

charino #3 7/Setembro/2007 charino

Se o PSOE e o BNG fan a mesma política que o PP en custións tan fundamentais como a Cidade da Cultura, Reganosa, as canteiras do Courel, medio ambiente, as subvencións ós medios... que razóns nos dan para votalos?

sanquera #4 7/Setembro/2007 sanquera

Gaviotero no vendas la piel antes de cazar el oso,dale la oportunidad de renunciar al sobresueldo que propuso el PP

fuco-lois #5 7/Setembro/2007 fuco-lois

Ao gavi-otero, nin auga.

JOSEGALAICO #6 7/Setembro/2007 JOSEGALAICO

Hai que ter peito para chamar corruptos ós nacionalistas e ainda encima sendo do PP.¿que enpadrona presos?,¿quen mete nas listas do PP a xente sen permiso?,¿quen regalou a mina de cuarzo e máis a autoestrada AP 9?,¿quen ideou a faraónica cidade da cultura para hipotecar Galicia por moitos anos?,¿quen deixou fora da rede natura as canteiras do Courel?,¿quen permitiu obrar encima da area das nosas costas?. Podería estar facendo preguntas toda a tarde.

Ith #7 7/Setembro/2007 Ith

toda a tarde, a noite e parte do que queda de ano. Non falemos de corrupción nos medios (urdaci e mailo ceceoo) de corruptos (o meu concello, tras unhas cantas lexislaturas populares deixoun unha pequena débeda de 27 millóns de euros, nun pobo de menos de 50 mil habitandes) falamos de "hilillos de plastilina", armas de destrucción masiva, titadine-goma2 eta-islamistas....
Para que non se saque merda do teu partido, non saques SUPOSTO lixo doutros.

Manel #8 7/Setembro/2007 Manel

Deséxolle toda a sorte ao Sr. Quintana. Paréceme un político moi axeitado para o país neste momento da historia; Practica a realidae e fuxe de intelectualismos e maximalismos xa fora de lugar na sociedade galega. É o momento de limpar esa merda famenta de clientelismos que se está a instalar á beira do poder ( máis concretamente do BNG), Quintana impón o teu pragmatismo e a túa coherencia.

charino #9 7/Setembro/2007 charino

Estou de acordo contigo Manel, é necesario limpar de clientelismos o poder, ata unha vella na xira de Vilalba, coa que estaba beillando Quintana díxolle o ouvido "¡Menuda nazón estades criando, meu Breoganciño!"

Manel #10 7/Setembro/2007 Manel

Jose galaico, tes moita razón no que dis máis cómpre con caer na autocomplacencia e o BNG ( non tanto algúnos dos líderes coma a militancia ) asaltan o poder coma se tivesen que coller a carteira antes de que o dono volva. A min impórtanme moi pouco a corruptelas do pp que xa foron castigadas nas eleccións, por certo .

Vexo que se está a repertir o mesmo de sempre e esta vez dóeme particularmente porque eu cría neles .

O único cambio real é que estes novos veñen moito máis famentos de prevendas. O amor a Galicia é o unico nacionalismo que vale.-

Manel #11 7/Setembro/2007 Manel

fai dous anos vieiros foi en gran parte o medio que artellou o cambio histórico. Galegos, ou geleguiños humildes, insignificantes , de todo signo tiveron en vieiros un punto de encontro...é certo, abundaban as bestas, pero tamén abundaba a participación e a liberdade. Agora, recuro de novo a vieiros alarmado polo devenir dos meus e atopo un cadáver onde goberna e opina un tal gaviotero. Vieiros contribuiu a un cambio épico na nosa sociedade. que tempos !. Parece que pasou unha eternidade. Foi un doce momento para os galegos que loitamos por botar a Fraga e pechar unha etapa oscura na nosa historia. Eu só pido humildemente tanto os redactores de vieiros coma os participantes recuperen o espírito crítico. Teño pánico de que volvan e volverán. Estamos mortos e sedados e eles están encantados

Gaviotero #12 8/Setembro/2007 Gaviotero

Quintana es un aburguesado de la política, de la política ESPAÑOLA, para ser exactos...Él fue quien puso a Antón Losada como su alter ego, su número dos...y ÉL es por tanto el responsable último de todos sus desmanes.

No os empeñéis en limpiar el nombre de un tipejo que únicamente está de Vicepresidente, a pesar de ser el menos votado de los tres líderes políticos gallegos, porque le sirve al socialismo de alfombrilla para mantenerse aupado en el poder.

¡¡¡QUINTANA DIMISIÓN!!! ¡¡¡NACIONALISMO CORRUPCIÓN!!!

teixugo #13 8/Setembro/2007 teixugo

- Pis
- Caca
- Culo

Argumentações do de hoje,

NINHADA DE RATOS!!!!!!!!!!!!

Gaviotero #14 9/Setembro/2007 Gaviotero

En todo caso, qué forma más sutil la de Vieiros de tratar la crisis del bipartito y los insultos de Antoñito Losada...

¡No, hombre, no! Esto habría que haberlo titulado:

"MANIPULACIÓN, COACCIONES E INSULTOS EN TELEGAITA DESDE LA VICEPRESIDENCIA DE ANXO QUINTANA"

teixugo #15 9/Setembro/2007 teixugo

NINHADA DE RATOS QUE COMESTES À SOPA BOBA DA GENTE HONRADA E ENGANADA DO PAÍS.

AGORA: OPOSIÇÃO!!!!!

teixugo #16 10/Setembro/2007 teixugo

Inglês macarrônico empregado aqui, e não só, pelo Gaviotero:

http://www.lavozdegalicia.es/g...

"Is guud yes Ispeing"

Pelo que possas dizer: Ta gueule!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: