Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Fotografía erótica no Salnés

Colectivos cambadeses íspense para un calendario benéfico

O diñeiro recadado destinarase á entidade de apoio a nenos con discapacidade Esperanza Salnés.

Redacción - 17:26 10/09/2007
Perto e Rubi, impulsores da idea / Foto: Unha Grande Chea

Perto e Rubi, impulsores da idea / Foto: Unha Grande Chea

A asociación cultural e deportiva Unha Grande Chea, de Cambados, informa de que se está a argallar un calendario con espidos artísticos no que participarán distintos colectivos da vila. O diñeiro recadado destinarase á ONG Esperanza Salnés, especializada na atención aos nenos con discapacidade.

No blog de Unha Grande Chea, os dous impulsores da idea explican como xurdiu: un día, ao ver a precaria situación económica pola que estaba a pasar Esperanza Salnés, ocorréuselles facer un calendario erótico. E a iniciativa saíu adiante grazas ao típico desafío masculino.

No calendario está previsto que participen clubs deportivos e grupos de amigos da vila e da comarca. Aínda que nun principio a idea xurdiu entre homes, tamén haberá algún mes con fotos femininas. As fotos serán de tipo artístico e o encargado de tiralas e de deseñar a iluminación será Eduardo Apariz, autor de Cambadosenfotos.net.


3,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: