Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
dentro do sumario contra o movimento pro amnistía vasco

Garzón ordena a detención de Olano, líder de Askatasuna

Juan Mari Olano está xa detido en Donosti e vai comparecer a terza feira en Madrid, a pedimento do xuíz.

Redacción - 19:38 10/09/2007

A orde de Garzón chegaba na mañá da segunda feira, despois de que a Fiscalía da Audiencia española lle remitise ao xuíz unha nota na que aseguraban que Olano viña de participar en "diversos actos ilegais impulsados pola organización Askatasuna e encabezados por el", ao volver realizar "os mesmos feitos polos que no seu día se formulou unha acusación contra el mesmo", sendo, ao ver dos fiscais, unha "reiteración da comisión dun delito de integración en banda armada".

Olano foi detido o domingo pola Ertzantza, mais na segunda feira era reclamado por Garzón, polo que será trasladado a Madrid para que lle tomen declaración.

Juan Mari Olano é líder de Askatasuna que, segundo a Fiscalía, é unha organización que "fai parte integrante da rede etarra" e que "ten suspendidas todas as súas actividades por orde xudicial". Olano está pendente aínda de ser xulgado pola súa "posíbel integración na rede de Xestoras pro Amnistía-Askatasuna", e cando foi preso, durante unha carga policial, estaba a participar nunha manifestación en Donosti, convocada polos movementos pro-amnistía dos presos de ETA.


3/5 (2 votos)

Comentarios (8)

BonKarallan #1 10/Setembro/2007 BonKarallan

Este Garzón ten teima persecutoria e detén a todo o mundo: Desde Xesucristo, pasando por Pinochet e agora a Olano, que supoño que non será por gañar a volta ciclista a España.

Gaviotero #2 10/Setembro/2007 Gaviotero

Otro que va a dormir a la sombrita...¡jejeje! Uno menos...

guillerme #3 11/Setembro/2007 guillerme

Por cada un que collen dous máis son recrutados; se España cre que deste xeito vai lograr o fin da violecia vai listo. O único camiño é o recoñecemento e polo tanto a aceptación da existencia doutras nacións na península ademais da española (que por eles nin recoñecen de bo grao a Portugal).

ecoe #4 11/Setembro/2007 ecoe

500 anos despois ainda lles costa. Tampouco o norte africano, nin América: ou de mala gana ou cegamente negandoo. E nunca permitindo a ceibe expresión das xentes (de eses territorios, nin de ningúns)

Gaviotero #5 11/Setembro/2007 Gaviotero

Pues nada, nada, que recluten...¡jajaja! porque cada uno que reclutan cada vez es más joven y más tonto.

ETA no tiene ningún objetivo político. Y si lo tiene, que renuncie a la violencia y se presente con un proyecto político. Su problema es que saben que su proyecto político es rechazado en el País Vasco de forma aplastante.

Te vas a quedar con las ganas de que España renuncie a la lucha contra ETA, una mafia vulgar y corriente, por todos los medios posibles.

Sólo te deseo que nunca te pille a ti una de sus bombas. Porque por si no lo sabes, todos somos objetivo de ETA.

teixugo #6 11/Setembro/2007 teixugo

NINHADA DE RATOS!!!!!!!!!!

guillerme #7 11/Setembro/2007 guillerme

Grazas polos teus desexos fascista español; eu en cambio prefiro que non morras porque quero que presencies todas as derrotas que España vai sufrir nos próximos anos, entre elas a independencia de Euskadi, Galiza e Catalunya.

Deséxolle o peor ao teu país e espero a pronta vitoria de todos os vosos inimigos.

Por certo, ETA xa se presentou ás eleccións coas siglas de Batasuna e non foi nin moito menos rexeitado o seu proxecto xa que lograron ter uns grandes resultados (13 ou 14%).

Espero que deixes de facer malos desexos porque só as persoas sen honor piden a morte dunha persoa á cal nin sequera coñeces, fascista.

BonKarallan #8 11/Setembro/2007 BonKarallan

En relación ao que di Guillerme en #3, lémbrome que cando me ensinaron Historia de España, alá polos anos sesenta, había un amolo, máis no libro que no profesor, de que se perdese Portugal logo de Felipe II e unha esperanza de que algún día recobraríase, xunto con Gibraltar.

Saramago ofrécella en bandexa, pero ese non se representa nin a si mesmo. Será un descendente dos que traizoaron a Viriato

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: