Mentres, o presidente catalán fixo referencia no seu discurso á 'crise nas infraestruturas' e á necesidade de "mirar con realismo o horizonte político".
A Diada del Onze de setembre, a festa nacional de Cataluña, celébrase este martes no país mediterráneo marcada este ano polo debate sobre os investimentos en infraestruturas tras os problemas deste verán.
"Hai motivos de malestar (...), mais a preocupación e a xenreira xustificadas non nos deben levar ao pesimismo", afirmou José Montilla este luns á tardiña na mensaxe institucional que o presidente da Generalitat fai con ocasión da Diada. Neste senso dixo que as "carencias" neste eido se resolverán grazas ao investimento que fará posíbel o novo estatuto catalán.
Respecto aos que propugnan que a vía estatutaria está esgotada e que cómpre explorar a soberanista, Montilla propuxo "mirar con realismo o horizonte político".
Ofrenda floral
Ás 9.00 horas o presidente xunto co goberno en pleno encabezaron as ofrendas florais que institucións e entidades realizan ante o monumento a Rafael Casanova.
Máis dun centenar de manifestantes, na súa maioría grupos independentistas, apuparon aos dirixentes políticos. Tamén fixeron acto de presenza manifestantes que protestaban polos despedimentos en Seat ou membros do colectivo antitaurino.
Ademais, o PP de Cataluña acudiu de novo á ofrenda floral ao monumento tras tres anos sen estar presente, tras a decisión de Josep Piqué como protesta polo recibimento do que eran obxecto os dirixentes populares por parte dos manifestantes.
Montilla e os conselleiros da Vicepresidencia, Josep Lluís Carod-Rovira, e de Interior, Joan Saura, depositaron a ofrenda floral, e, acto seguido, todos os membros do goberno cantaron o himno nacional Els Segadors.
Repartimento da letra do himno
Tras a apertura de portas do pazo da Generalitat e do Parlament, o acto central da festividade trasládase ás 12.00 horas ao Parque da Ciutadella.
Para conseguir maior participación por parte da cidadanía, o goberno catalán reparte este ano 5.000 programas do acto, coa letra de Els Segadors e do Cant da Senyera, para animar aos asistentes a cantaren.
Poden ampliar a información no xornal catalán Vilaweb.
El futuro de Cataluña como nación es inexistente. Completamente negro.
Y en cuanto se declare inconstitucional el engendro ese de Estatuto que no le interesó ir a votar ni a la mitad de los catalanes, aún será más negro...
gavioteiro, tí sí que eres un "engendro", cun negro futuro...(emigrar pa castilla:) e, por riba nin idea do que dis.. Animaliño...
Como o sigan a debater dentro do marco franquista de €$paña van sobrados dende logo. Ó millor non levan acumulado experencia ben de abondo e queren outra recuncada!
Ese país antes do 2014 convoca o referéndum de autodeterminación e independízase. Tempo ao tempo... O que eu non teño moi claro é que vai pasar con eles logo da independencia.
O odio dos españois aos cataláns, e digo ben: odio, chega ao inhumano e vai ti saber o que pode pasar en Catalunya se conseguen a independencia.
Esto de la independencia ya lo proclamaban para el 2004, ahora para el 2014, luego dirán que para el 2024...
Y así toda la vida...pues nada, que sigan...
Si alguna vez lograran la independencia, que lo dudo, porque necesitan la aprobación de todos los españoles, no creo que tuviéramos nosotros por ellos ni la mitad del odio que los nacionalistas profesan por los que no lo somos. Ojo, incluidos los gallegos, a los que se desprecia desde Cataluña tanto o más que a cualquiera de los españoles.
No contexto actual todo passa pola uniom de CIU e ERC, e que estes pensem antes em Catalunha ca nos seus assentos na Generalitat.
É um pecado que no Parlamento catalao actual esteam separados CIU e ERC, ainda por riba governando Montilla, um andaluz.
O futuro da naçom catala passa pola unidade do nacionalismo, nom polo circo de Esquerra e Montilla.
Gaviotero ten moito tempo e fala de todo sin ter idea de nada. É como un loro que mentres come pipas repite as tres cousas que sabe decir. Qué saberá el de Catalunya e dos cataláns?
Nós, os cataláns, nin odiamos nin despreciamos a ninguén. Pensabamos, inxenuamente, que era posible unha relación de iguales entre Catalunya e España pero xa vimos que non.
O resultado é un corrente soberanista que vai medrando, pouco a pouco, pero sen parar. Nunca como agora falouse tanto da independencia de Catalunya. E non me refiro a políticos ou periodistas, senón a todo tipo de persoas, os cidadáns.