Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
A RELIXIÓN NA DITADURA ARXENTINA

"A Igrexa non matou, pero tampouco salvou"

Un crego declarou no xuízo contra o ex capelán Von Wernich. Dixo que "a xerarquía eclesiástica foi cómplice e non cumpriu coa súa misión".

Débora Campos - 09:15 12/09/2007

O sacerdote arxentino Rubén Capitanio asegurou esta semana, ao declarar no xuízo ao ex capelán Christian Von Wernich, que "co seu silencio, a xerarquía da Igrexa foi cómplice e non cumpriu coa súa misión pastoral de denunciar a situación de ilegalidade que se vivía" durante a represión exercida pola ditadura nese país austral. Por iso, ademais, pediu perdón.

Para Capitanio nesa época "a Igrexa non matou, pero non salvou" ás vítimas de delitos de lesa humanidade e considerou que "por non salvar é responsable desas vidas".

Ao final da súa declaración agradeceu ao Tribunal porque considerou que este xuízo "é un servizo á Igrexa porque nos axuda a buscar a verdade" e pediu perdón "aos familiares de todas as vítimas por non ser a Igrexa que debemos ser".

Incomprensible e incoherente

Ademais, díxolle aos xuíces que a actitude e prédica que desenvolveu Von Wernich nos centros clandestinos de detención visitando detidos e xustificando a tortura fora "incomprensible e incoherente" porque desvirtuara a misión primordial dun capelán.

Para explicar dende o punto de vista adoutrinador a condena que merecen os feitos imputados a Von Wernich, remitiuse "ao ensino elemental do catecismo da Igrexa católica que prohibe totalmente a tortura en ningún caso e baixo ningunha xustificación".

"Eu non se cales son as xustificacións de Von Wernich para facer o que fixo, pero hai un principio moral da Igrexa que di que o fin non xustifica os medios, entón nunca para lograr un fin se xustifica un medio malo, indigno ou ignorante", salientou, segundo a axencia pública de noticias Telam.

Durante a penúltima audiencia no xuízo que se realiza no Tribunal Oral Federal 1, Capitanio afirmou que "a Igrexa, escandalosa e pecaminosamente, foi próxima á ditadura porque non cumpriu co deber de servizo á vida".

Conduta dolorosa


"Tivo a Igrexa durante a ditadura unha conduta dolorosa e ata que non recoñezamos este comportamento seremos unha Igrexa infiel", sentenciou o sacerdote durante a súa declaración ao Tribunal.

"A Igrexa foi unha nai que non buscou aos seus fillos e chegou a prohibir en moitos casos a reunión de familiares de desaparecidos nos templos", recordou o sacerdote, que se desempeña como párroco na localidade de Centenario, da provincia de Neuquén, ao sur do país.

Antes de marchar da sala de audiencias, Capitanio agradeceu "porque se cadra algún vai pensar que este xuízo é un ataque á Igrexa e eu quero dicir que é un servizo á Igrexa".

"Quixera pedirlles ás vítimas, e nos familiares a todas as vítimas, perdón como Igrexa; tamén ás nais, a todos os meus irmáns e a todo o noso pobo que nos perdoen por non ser aínda a Igrexa que debemos ser, preto dos crucificados e non dos crucificadores", expresou.

Capitanio contoulle ao tribunal que en 1970 foi compañeiro de seminario na cidade de La Plata de Von Wernich pero que non tivo relación con el. E que en 1976, xa ordenado sacerdote, tivo que abandonar esta cidade porque era perseguido polos represores e refuxiouse na provincia de Neuquén, grazas á axuda do bispo Jaime de Nevares.


5/5 (3 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 12/Setembro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Igrexa Institucional, chefe, bispos, monxas e sacerdotes, nin as xerarquías farán un acto público en sentido contrario, de tamaño similar ó que fixeron durante as Dictaduras do Cono Sur: eran, sables e cruces, fan parte ineludible da Operación Cóndor.

Moitísimo pior foi e ainda é a Igrexa €$pañola, que se mantén aínda hoxe calada coma peto, tendo moitísimos exempros de curas asasinos (Padre Nieto en Vigo e Lazareto, cura de unha parroquia de Cerdedo (que non me ben á memoria e tanto dá), etc., por falar do máis achegado no entorno. E fillos e xentes amigas dos asasinados viven e lembran a barbarie, mentres a igrexa institucional cala.

O sacerdote arxentino Capitanio é valente e fala humanamente do dolor que sinte ó ver a Igrexa así enchoupada na barbarie, e como el son varios, incluídos bispos (Hesayne), que denuncian as actuacións contra natura (e contra a relixión católica) dos capeláns castrenses, e o propio papel da Igrexa institucional na altura.

BonKarallan #2 12/Setembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ecoe gústame iso de €$panha. Soa a pais rico.

A igrexa (os de enriba, a base descontenta e excomulgada, non) matou coa Santa Inquisición e é cómplice de moitos asasinos de masas co seu silencio. Tanto na época nazi, como agora nos xenocidios de Iraq, Afganistán, Belgrado, etc.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



As Nais da Praza de Maio e outros familiares das vítimas seguen todas as audiencias do xuizo contra o ex capelán Christian Von Wernich
As Nais da Praza de Maio e outros familiares das vítimas seguen todas as audiencias do xuizo contra o ex capelán Christian Von Wernich
O crego Rubén Capitanio foi compañeiro de seminario de Von Wernich, e despois perseguido polos represores.
O crego Rubén Capitanio foi compañeiro de seminario de Von Wernich, e despois perseguido polos represores.