Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
O goberno de Lula garantiuno

Os non-indios desocuparán a terra indíxena do norte do Brasil

Tras asinar unha carta-compromiso co goberno, os líderes indíxenas volveron recuperar os asentamentos tradicionais para o seu pobo.

Redacción - 10:19 16/09/2007
Outro gráfico de Roraima, onde se amosan as súas principais cidades ríos

Outro gráfico de Roraima, onde se amosan as súas principais cidades ríos

Os líderes da Terra Indíxena Raposa Serra do Sol, do estado de Roraima, asinaron en Brasilia co goberno federal unha carta-compromiso co obxectivo de ordenar o proceso de desocupación da terra polos non-indios.

De acordo co documento asinado, os indios comprométense a evitar enfrontamentos e a manter relacións de respeito mutuo, mentres que o goberno debe asumir, coa participación dos indíxenas, unha acción coordinada e sistemática para protexer os dereitos dos pobos que alí residen.

"Esta carta-compromiso representa un gran respecto e unión dos pobos indíxenas e o fortalecemento das relacións co goberno federal", afirmou Dionito José de Souza, coordinador xeral do Conselho Indigenista de Roraima (CIR).

A terra Raposa Serra do Sol
Esta terra foi recoñecida en 2005 por Lula da Silva. A terra, de 1,74 millóns de hectáreas -o equivalente a dous terzos do territorio de Sergipe-, acolle aproximadamente 18.000 indios. O proceso de reasentamento dos non-indios comezou o ano pasado.

O Instituto Nacional de Colonização e Reforma Agrária (Incra) destinou 31,3 mil hectáreas de terras públicas da União para atender ás persoas que había que realoxar. Moitos deles, grandes facendeiros, amosaron abonda resistencia a saíren das terras.


4.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O estado de Roraima, ao norte do Brasil, coloreado en vermello
O estado de Roraima, ao norte do Brasil, coloreado en vermello
Os indíxenas de Serra Raposa do Sul, a celebrar a homologación das súas terras polo goberno brasileiro
Os indíxenas de Serra Raposa do Sul, a celebrar a homologación das súas terras polo goberno brasileiro