O Foro Social 'Temos dereito a saber' considera que a localidade non é o lugar axeitado para a planta de xestión de residuos.
O Foro Social Temos dereito a saber convocou unha manifestación para este sábado, que partirá ás 18.30 horas dende o Instituto de Ribadavia e percorrerá as principais rúas da vila até a Praza Maior, onde os representantes procederán á lectura dun manifesto.
O voceiro do Foro Social, Xosé Casas, destacou o apoio que recibiron "da grande maioría" das organizacións ecoloxistas do país, mesmo da de Couto do Frade de Ribadavia, que "aínda que quere marcar as súas diferenzas, confirmou o seu apoio á manifestación".
Dende o colectivo aseguraron que até a data o número de sinaturas recollidas en contra da instalación do Parque Ambiental supera as 3.700. Casas insistiu en que a localidade de Carballeda de Avia non é o lugar axeitado para a instalación dun parque ao que chegarán, segundo as súas palabras "todos os residuos de Galiza"
Ademais, culpou á Xunta de "falta de información" sobre o proxecto "que seguimos demandando". Por iso, Xosé Casas asegurou que é unha "boa noticia" que se vaia constituír unha plataforma a favor da súa instalación. "Xa que din que darán información, de paso saberemos nós dos pormenores do proxecto", ironizou.
Ós xestores de Vieiros: exiximos unha posición obxectiva do xornal nos temas de desenrolo industrial e abandoar dunha vez a doadísima posición de NON a todo e demandar a un tempo o desenrolo do país: SOPAS E SORBER NON PODE SER. Sí ó Porto Exterior de Lagosteira, Sí a Caneliñas, Sí a REGANOSA, Sí á Incineradora de Carballeda, Sí ó AVE, e Sí a todo o que represente desenrolo industrial dentro das leis en vixencia para este noso país.
Para o caso esixamos que cho planten enriba da tua casa, colindante cos teus terreos...
Moi ben, que me expropien os meus terreos a un prezo xusto de mercado e os chanten nel. Non serei eu quen free o desenrolo do meu país. Non todos somos funcionarios, non todos nos conformamos con oitocentos merdentos euros ó mes, a moitos gústanos traballar no sector industrial, pero por culpa de ecoloxistas baratos, perdetempos e propietarios egoístas temos que andar a traballar por Canarias, Madrid, Euskadi, Cataluña, Portugal e mil sitios máis. Menos mal que os do NON cada vez pintades menos....
SÍ a AUTOVÍAS, AVE, NATS, PORTOS, NOVOS POLÍGONOS, PLATAFORMAS LOXÍSTICAS, FÁBRICAS, todo respetando as normativas ambientais (xa moi severas, aínda que non creo que tí saibas iso.....Para a túa información, hai empresas no país que teñen que pagar instalacións NON PRODUCTIVAS destinadas á melloras ambientais por valores de centos de millóns de €, multas brutais e mesmo penas de cárcere por verquidos puntuais asumidas polos xestores desas empresas, etc...). Cando se dá o paso de asumi-lo investimento están todas estas cuestións moi ben atadas, demasiado como para que os veciños pinten algo nisto.
sí á morte en vida
sí á vida na morte...
sí ao desenrolo da destrucción...
cando non haxa máis peixes...
construiremos piscifactorías
cando non haxa máis árbores no bosque...
haberá máis eucaliptos en invernadoiros...
etc etc
e vós daredes conta de que o diñeiro sí se come...
as tarxetas de crédito serán coma obleas!
Caaaaaaaaanta tenrura........!!!!
I´m sorry, eu vivo no mundo real, para falar dos mundos de Yupi pulsar a tecla ESC.
o.k.
ti vives no mundor real e estarás satisfeito non??
eu tamén vivo no mundo real e non estou nada satisfeito...
se queres escríbocho en inglés...
encántame a xente que emprega eses termos: "vivo no mundo real" "ti non estás na realidade" "baixa desa nube"
non me fagas rir: sigue sigue no teu "precioso" mundo real alleo ao propia destrucción real do teu mundo real: só "superman"
Pois sí, estou seguro de que "no meu destructivo mundo real" vivo infinitamente mellor que un aldeán das montañas peruanas ou cun nativo dun asentamento rural de Gambia por moito aire limpo que respiren. E podes estar tranquilo, como xa comentei as normativas medioambientais son moi estrictas e non permiten que isto sexa unha continuación do "desarrollismo salvaxe" dos primeiros setenta.
E sí,si podo escoller prefiro que respostes en inglés, por capricho nada máis.......
É verdade que parece que a todo se di que non por definición, non coñezo o proxecto, pero non se poden perder todas as oportunidades de desenvolvemento económico. Sendo estrictos coa protección ambiental, claro. Eu estaba en contra da piscifactoría de Pescanova, pero porque Touriñán é un dos poucos sitios salvaxes que quedan, así que é certo que haberá que estar dispostos a buscar outros lugares. Cada caso é distinto, eu estou a favor dun recheo controlado no porto de Vigo, pero non dunha segunda ponte, por exemplo. Hai que ser abertos, e analizar as propostas, e a unhas dicir que non e a outras que si. non ter unha posición maximalista
Moi dacordo contigo, Xos. Iso é actuar responsablemente.
Por certo, intúo que debes ser da zona de Vigo: ¿que opinión che merece a marcha atrás ó proxecto de Foster coa antiga fábrica de Mascó?. Coido que me faltan datos para facer unha análise completa pero dende lonxe semella unha mágoa que non se poidera levar adiante.
Gracias por adiantado.
O certo é que agora vivo fóra de Vigo, pero a rede permite que estar ao día das cousas. Do de Foster non che podo dicir moito, porque non o coñezo moi ben, sempre e cando se conserve a fábrica de Massó, que é un edificio de arquitectura industrial clásico, pois creo que si que se pode facer algo alí. O que teño claro é que hai que regular o dos portos deportivos,´porque agora hai unha anarquía bastante grande. En Vigo hai un que é unha clara agresión, o de Teis ao lado de Vulcano, pero estou a favor dun nas instalacións da Etea, pois xa hai un espigón alí, e non habería que facer moito máis. O problema do de Foster é que mete un espigón moi grande na ría, así que a idea non me gusta, quizáis noutro lugar, ou que fora máis pequeno. É certo que hai un campo a explorar nos portos deportivos, pero habería que planificalo moi ben.
Por certo, as piscifactorías, tan denostadas ultimamente, e repito que en Cabo Touriñán non as quero, son imprescindibles. Poden ser unha fonte de recursos e traballo e mesmo innovación científica moi importantes para Galicia. Que depuren ben os residuos, iso si, pero precisámolas. Do parque ambiental este, o certo é que non teño idea, así que mellor non digo nada
(Non)Sinto interrumpir nesta reunión de "desenvolvedores entusiastas" de peiraos deportivos e piscifactorías pero este asunto pode agochar algo máis grave aínda que as agresións mediambientais... pode agochar manipulación e censura ó pior estilo dos tampos do "Prestige":
http://www.lavozdegalicia.com/...
O sostible NON se sosten. A sociedade civil ten dereito a decidir sobre o seu modelo de desenrolo económico ao marxe dos interes das multinacionais, sobre todo cando a saude e o medioambiente poden verse seriamente comprometidos. Sen tantos enredos e mentiras.