Varias consellarías obvian o Rexistro de Convenios, creado por Vicepresidencia para informar do reparto dos cartos públicos
Caride informou de tres convenios en todo o ano
Unha das acusacións que pesaba sobre a administración Fraga era o clientelismo no destino do diñeiro público, a miúdo adxudicado en millonarios convenios -algúns deles con asociacións e medios afíns. Co triunfo do bipartito, a Vicepresidencia lexislou a publicación en internet de todos os convenios. A Xunta pretendía así que os galegos tivesen datos actualizados sobre “a actividade da administración para opinar sobre a oportunidade e legalidade das actuacións do seu Goberno”.
Con todo -máis dun ano despois do lanzamento en internet do Rexistro de Convenios- varías consellerías non están cumprindo esta promesa. Así, por exemplo, os departamentos de Economía, Política Territorial e Medio Ambiente non remitiron ningún convenio nos últimos tres meses, malia que a Lei da propia Xunta lles dá 15 días para facelo.
Industria 88, Traballo 2
Abonda consultar a táboa mensual que conta cantos documentos remitiu cada consellería para comprobar que en San Caetano existen dúas velocidades de transparencia administrativa. Por un lado, están as consellerías nacionalistas e algúns departamentos socialistas que si nutren fluidamente o Rexistro. Por exemplo, a Presidencia de Touriño remitiu máis de oitenta e cinco acordos dende xuño e Industria oitenta e oito.
Por outro lado, varias consellerías do PSdG informan dos convenios cun moito vagar. Ademais das xa citadas, Educación e Traballo só publicaron dous acordos dende xuño.
Denuncia de Antón Losada
Ante esta evidente desigualdade, dende a Vicepresidencia limítanse a sinalar que “regularmente lle remitimos recordatorios sobre o cumprimento do Decreto a todos os departamentos por vía interna”.
O ex-número dous da Vicepresidencia, Antón Losada, recoñeceu publicamente a existencia deste problema nunha entrevista con El País. Este fin de semana Losada admitiu que o Rexistro está incompleto e que “son fundamentalmente as consellerías do PSOE as que non envían información”.
Non sei que esperades do PSOE, que é o mesmo que o PP, só se diferencia en matices e nos nomes dos compoñentes
Y el BNG es lo mismo o incluso peor que el PSOE.
Lo de los nacionalistas es pura propaganda pues a la hora de la verdad andan soltando los cuartos disfrazados de convenios con entidades culturales creadas al efecto y amiguetes empresarios.
Y sobre transparencia, no hay más que ver lo transparente que resultó la conversación del número 2 de Vicepresidencia a la hora de presionar a los medios de comunicación.
Losada no tiene ninguna dignidad para denunciar ya nada. Es un auténtico cacique que ha tenido que dimitir tras todos los escándalos que ha protagonizado fruto de su espíritu escasamente democrático.
Cándo nos decataremos de que as leises son para que as cumpramos NÓS, xamáis eles, nin as polícias, nin os exércitos...só nós!
Hai moitos anos en qaue a lexislación está para ser cumprida´polas xentes de a pé: penso que é outro galano máis do franquismo herdado, xunto cos bourbons, prohibicións, escatime de dereitos, etc.
Pois eu polo que vin a web de política territorial e una das que mellor teñen o tema dos convenios. Xa que tiene todos los convenios desde enero de 2001, y según ponen ahí cumplen con la lei :-?
http://www.cptopt.xunta.es/por...