Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Festival Popkomm

As nosas músicas chegan a Berlín

Deluxe, Catpeople, Berrogüetto, Faltriqueira e Lamatumbá chegan ao festival no marco das iniciativas da Consellaría de Cultura pola internacionalización da música galega. Aquí podemos ver un vídeo de Lamatumbá:

Redacción - 13:51 18/09/2007



O grupo folc Lamatumbá é unha das formacións galegas que participan no festival Popkomm de Berlín. A banda presenta a súa música nos escenarios europeos, xusto antes de comezar a gravación do seu próximo traballo, nos estudios Casa de Tolos de Gondomar. No seu MySpace xa se pode escoitar e descargar un adianto do seu vindeiro álbum.

O IGAEM, dependente da Consellaría de Cultura e Deporte, presenta na feira berlinesa sete empresas e outros catro grupos do país. Baixo a marca Galician Tunes e co subtítulo Music in the Oven, La Fábrica de Chocolate, Abada, Berrogüetto Producións, Falcatruada, Kamikaze, Nordesía, Promocións Sen Fronteiras e Zouma terán a súa representación no Popkomm.

É outro dos eventos clave na aposta da Consellaríapor espallar a nosa música na escena internacional. Xa hai uns meses houbo unha representación da música galega no Midem de Cannes, e dentro de un mes tamén participará outra no Womex de Sevilla.

Os grupos Deluxe, Catpeople, Lamatumbá, Faltriqueira e Berrogüetto ofrecerán a súa música por primeira vez nunha representación da consellaría nunha feira no exterior, que se desenvolve do 19 ao 21 de setembro.


4.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: