Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
DEBATE

O Congreso veta a oficialidade das seleccións nacionais

PP e PSOE crearon unha alianza contra a reforma da Lei do Deporte e os deputados cataláns, galegos e vascos sacaron as súas camisolas.

Redacción - 11:55 19/09/2007
Outra imaxe á saída do Congreso / Foto: CiU

Outra imaxe á saída do Congreso / Foto: CiU

PSOE e PP uniron os seus votos para opoñerse ás seleccións nacionais
Os dous partidos uniron os seus votos para rexeitar dúas novas iniciativas a prol do recoñecemento internacional das seleccións deportivas, a súa presenza en competicións oficiais e a derrogación das sancións previstas para os deportistas que rexeiten acudir á chamada da selección española.

O resto dos deputados estaban a favor da oficialidade das seleccións nacionais, agás Coalición Canaria, do grupo mixto, que mantivo o seu rexeite a ámbalas dúas iniciativas.

Duelo de camisolas

Ninguén sabe aínda se o tiñan pactado, pero case todo o mundo levou a terza feira ao Congreso a camisola da súa selección de fútbol. O primeiro en sacala foi o deputado do PNV, Aitor Esteban, ao tempo que dicía: "Franco non conseguiu impoñernos o sentimento español en corenta anos e ninguén o vai conseguir". Despois foron os de CiU, Joseph Maldonado e Joan Puig, os que amosaron as camisolas da selección catalá, dicindo que o rexeite a estas propostas "reabre feridas e afástanos máis de España".

Francisco Rodríguez, do BNG; Carme García de IU-ICV; e José Antonio Labordeta, da Chunta Aragonesista, apoiaron a iniciativa catalá, mais non fixeron xuízos de valor. Só se limitaron a falar do dereito que os cataláns, vascos e galegos teñen a "emocionarse vendo as súas seleccións", ao igual que "os españois".

O PP tamén levaba a súa propia camisola
Os galegos Francisco Rodríguez e Olalla Fernández, que tamén levaban a súa camisola, exhibírona ao tempo que o facían os cataláns e os vascos, e foron atallados polo deputado do PP, Francisco González que, sorprendendo a todos, sacou a súa propia camisola da selección española de fútbol, ao tempo que aseguraba que era a camisola "de todos".

Cando o deputado de CiU, Maldonado, lle amosaba a camisola catalá, González asegurou que esa tamén a sentía como súa.

Ao final o PSOE pechou as intervencións, calando calquera protesta e amparándose na "legalidade" e na "doutrina constitucional" para vetar a oficialidade das seleccións deportivas vascas, catalás e galegas.


5/5 (3 votos)


Comentarios (10)

guillerme #1 19/Setembro/2007 guillerme

Viva Galiza ceive! Visca Catalunya! Gora Euskal Herria Askatasuna! A actitude dos españois non me estraña, ao fin e ao cabo o único que fan é intentar impoñerse sobre o resto das nacións da península, é dicir, o mesmo de sempre dende hai moitos séculos. O que me dá verdadeiro noxo son os deputados galegos, vascos e cataláns que forman parte do PP e PSOE e votaron en contra das súas propias seleccións nacionais. Vergoña lle debería dar; son persoas sen honor, aínda que supoño que iso non lles importa (venderían a súa alma ao diaño por 3€).

Que non se preocupen da súa patria que saberá como reaccionar sen esa calaña que segundo eles estando no congreso español representan a Galiza, Catalunya e Euskal Herria respectivamente. Algún día verán a estas seleccións xogando un mundial e lembraranse que foron eles os cobardes que impediron que xogara durante moitos anos.

O_Castrexo #2 19/Setembro/2007 O_Castrexo

Non entendo a postura de colalición canaria! Poderían estar calados! Eses son nacionalistas ou qué cona son?

Non é preciso ter liga independente para ter seleccións que compitan en xogos internacionais ou como é? A liga escocesa e a inglesa son distintas...

A selección de "todos" din os outros... merda de selección que non vale para nada.

Reabre feridas si, reabre, e continuará abrindo ata que nos afastemos definitivamente de España a través dunha República soberana!

Vaffanculo #3 19/Setembro/2007 Vaffanculo

Logo que esperabades dos diputados unionistas da Galiza?.O que nunca poderan proibir nin vetar é o ridiculo que fai a selecion española de futbol en calquera competicion na que participa.Esas risas non teñen prezo!.

O_Castrexo #4 19/Setembro/2007 O_Castrexo

Por certo, hai que comparar o deseño da camisola catalá coa merda da camisola galega... que parece inspirada nos cartóns do leite. Que pouco gusto!

Este Nadal aposto por vinganza. Xoguemos un:

Galicia vs Catalunya
Galicia vs Euskadi
Galicia vs Xibraltar

Calquera fariaos garrear un bo anaco...

dumiense #5 19/Setembro/2007 dumiense

O_Castrexo o realmente xenial sería xogar un torneo triangular GALIZA-EUSKADI-CATALUNYA, así amosaríamos a Galiza no nivel que merece, xunto coas outras nacións históricas do Estado.

Mensaxe para: CONSELLEIRA ANXELA BUGALLO. O BNG ten a oportunidade de agasallar aos seus votantes cun marabilloso día, ADIANTE BNG!!!

deLis #6 19/Setembro/2007 deLis

bom, fora do desenho da camisola galega, da que tampouco gosto, por certo, au apoiaria essa ideia de jogar um torneio triangular, ou mesmo maior, convidando outras selecçons que também tenham vetada a sua participaçom em competiçons internacionais. E atençom, que se trata de competiçons internacionais, nom interestatais!

O_Castrexo #7 19/Setembro/2007 O_Castrexo

Concordo con deLis en que un torneo triangular quedaría moi interestatal e debe ser internacionalista.

Pero poderiase facer con máis territorios autónomos europeos nacionalistas que conten con seleccións de fútbol propias.

Galiza, Euskadi e Catalunya

Os nacionalismos británicos: Gales, Escocia e Xibraltar (estes últimos son dos nosos e foderialles ben aos españois e andan a pedir tamén o permiso para competiren internacionalmente)

Os territorios autónomos de Dinamarca: Illas Feroe e Groenlandia tamén contan con seleccións deportivas propias que mesmo compiten xa internacionalmente.

Hay por onde tirar e non o fariamos interestatal senón solidario internacionalista.

Maeloc-do-Rouco #8 20/Setembro/2007 Maeloc-do-Rouco

NOVO DESENHO PRA A CAMISSOLA DA SELECCOM GALEGA JA!!!

Gaviotero #9 21/Setembro/2007 Gaviotero

Gracias al BNG por mantener en el Gobierno a los mismos que luego les deniegan las selecciones "nacionales"...¡jajaja!

teixugo #10 21/Setembro/2007 teixugo

Triangular Já!!!

#27 hai 4 horas e 37 minutos teixugo

Competições internacionais Logo DESPOIS!!!


O_PO_SI_ÇãO!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: