Unha clienta británica da marca devolveu o artigo porque tiña esvásticas verdes nun lateral. Os bolsos foran deseñados e fabricados na India.
Unha imaxe do bolso en cuestión / Imaxe: BBC
A empresa, pertencente ao Grupo Inditex, retirou do mercado unha colección de bolsos despois de que unha clienta, Rachel Hatton, do Reino Unido devolvese un dos artigos porque tiña esvásticas no seu deseño. Segundo Hatton, devolveu inmediatamente o bolso á tenda porque "quedou totalmente alucinada de que tivese unha esvástica debuxada".
Segundo dixeron os directivos de Zara, a colección foi fabricada por un provedor da India, e afirman que no deseño orixinal, aprobado pola empresa, non aparecía o símbolo. Aínda que non se sabe con certeza se hai máis bolsos coa cruz. A serie, formada por diferentes modelos inspirados en símbolos hindús, foi retirada por completo do mercado.
Dende Zara din comprender a indignación da súa clienta, mais salientan que a esvástica non só ten un significado político. Aínda que en Europa se asocia ao nazismo, xa existía hai milleiros de anos no hinduísmo ou no budismo, e tamén era coñecida polos gregos como a cruz gamada, ao ter catro brazos enganchados, como a letra gamma do seu alfabeto.
Olá, nas etiquetas da nova indicais "inditez" onde deveria figurar "inditex". Saúde.
De feito, quen teña estado nun templo budista terá visto cruces gamadas a eito. No oriente é un simbolo de paz, nada que ver co nazismo...
Este símbolo procede da tradición celta e xa era empregado no Imperio Prusiano, así que non fagan agora demagoxia posto que este símbolo non é só dos nazis.
Zara...tustra. "Así faloú Zaratustra" de Nietzsche.
Nada que ver con Zara e nada que ver co nazismo.
Están tolos estes ingleses. Hai que ter máis cultura. Tampouco a cruz é un símbolo exclusivo dos católicos.
http://es.wikipedia.org/wiki/C...
O que queirades, todos sabemos que é un símbolo moi antigo, e que non representa só o nazismo. Mais eu nin de coña poño un bolso cunha esvástica, sexa símbolo hindú, grego ou o que sexa, pero é que aquí hai moitos anos que ten outro significado que vai máis alá. É así.