Xesús Redondo Abuín, dirixente histórico de CCOO e membro da Plataforma Cultura Si, Mausoleo Non, expón a súa visión do proxecto no Gaiás.
Eu non a diviso, e vivo en Fontiñas. Nin que fose virtual. Non se ve por máis que se mire cara alí. Todos falan dela, pero ninguén nola ensina. E, pois que a pagamos, esiximos vela, úrxenos saber como é e para que serve ou non serve. Temos dereito a saber o que está feito e o que se pensa ou non pensa facer, porque non hai maneira de ver nin o que é nin o que se pensa ou non vai ser. Eu, que non son cego, miro para o Gaiás e só vexo como a silueta dun camelo de tres chepas e como un dedo que semella facernos ós que corremos cos gastos un aceno obsceno. O feito e o non feito no Monte Gaiás é a proba obvia de que o que os chamou polos camiños da función política ós uns e ós outros, ós de antes e ós de agora, non foi a filantropía senón a cobiza. Menos mal que aí está a Plataforma Cidadán que tanto os irrita. Eu tamén estou aí. Por civismo. Nada persoal persigo.
E ninguén fale aquí de piquetas. Falemos de aclarar conceptos, de recuperar o malversado e de non investir nin outro euro público a libre albedrío dos cargos políticos que pasan ó cobro facturas de 300 euros por comida. Xa lle chega ben de libre albedrío ¡Quen me dera a min saber cánto dan de si catrocentos millóns de euros administrados rectamente! E de nada valeron, ou de moi pouco, porque o certo é que antes o Gaiás era un monte e agora nin monte é ¡Para iso se moveron nel un millón de toneladas de terra! O de ‘burro grande ande ou non ande’ é a gran burrada do gran canalla de Estado que o mandou facer emulando a Gengis Kan en aires de grandeza.
Pero non é o único responsable o goberno anterior. Tamén o é o de agora. O de agora ten moito que explicar e que corrixir. E nós moito que esixir. Somos os únicos que aportamos liquidez a esa billa. O bigoberno este ten dous asuntos non pequenos -Cidade da Cultura e planta de gas de Mugardos- que non pode eludir aducindo que se topou con eles aí: o que o home monta, pode desmontalo e volvelo a montar en sitio de menos risco para a cidadanía civil e o que foi mal concibido, debe tratar de reconducilo. Din que lles houbese gustado oír no seu día as voces agora críticas ¡Serán cínicos! PSOE e BNG eran medio Parlamento de Galicia e no seu día nin sequera lograron sensibilizar ás bases dos seus propios partidos.
Di o medio presidente que lle preocupan as irregularidades descubertas polo Consello de Contas. O mesmo di o outro medio. E eu tamén o digo. Pero eu ademais digo que con preocuparme as irregularidades moito, máis me preocupan aínda as regularidades da obra en si: constitúe un total e completo esquilme á cidadanía de Europa, de España e de Galicia. Porque os cartos que seguen fluíndo por esa billa non saen da circulación do capital, como afirman a Condesa de Fenosa e a Duquesa de Alba, senón que son forza de traballo afanada ós asalariados de Galicia e de todos os confíns. Marx dixo hai máis de século e medio que a plusvalía é forza de traballo que se apropia pola cara o capitalismo. E quedou todo dito. Engels chamoulle o Alejandro Magno do pensamento e mellor non podía definilo.
Pois ó actual Alcalde de Santiago nin sequera lle preocupan as irregularidades que din lle preocupan ós dous medio presidentes do bigoberno de Galicia ou Galiza, desde que abandonou os dogmas do libro roxo do Gran Timonel o libro de cabeceira do agora Alcalde de Compostela é a súa propia carteira. Falou así hoxe mesmo: “Ningún comerciante que queira vender un produto se dedica a poñer anuncios que digan ‘este produto é un desastre’ ¡Como están oíndo! ¿Úlo talante progresista deste home? ¿Úlo cambio prometido? ¡Para cuspir, señoras e señores contribuíntes, para cuspir!
Nem umha vírgula se pode sacar nem engadir ao teu artigo, Abuím
Se ve que entre los que no tienen nada que hacer en esta vida, y la gente de C-C-O-O está en los primeros puestos, el deporte nacional (regional, en este caso) es dar ideas para la Ciudad de la Cultura...
Para gasto obsceno, el presupuesto que se nos va cada año para mantener a una banda de vividores, sindicalistas que se dedican día sí y día también a escupir a los que les mantienen.
Postos a cuspir, eu vou cuspir no chan, como un rauliño que acaba de fallar un gol cantado. E vou cuspir aí para que se alguén me ten que chamar á orde sexa un alguacil do concello, o árbitro do partido ou algo semellante.
Ao señor Abuín ten toda a razón e non vou agora a lembrar a súa filación política nin sindical, que para iso xa temos aos verticalistas e aos centristas, aos galiñeiros e aos pepeiros deslustrados e incorruptos, a monárquicos e caudillistas, aos que soben e tamén baixan, pero que no fondo do corazón están desexando ter un postiño no Gaiás.
O da cidade cultura é unha porcallada e o de Reganosa unha cacicada, "y no tengo nada más que decir". Sorte que aínda hai quen ten as gónadas postas e lle chama ás cousas polo seu nome. Grazas Suso, ánimo, tedes máis apoio do que vós pensades sobre este tema.
Aúpa "Mausoleo NON" e fóra ghaliñaceos da contorna, que cheiran a can que feden (fascismo NON)!
Cánta cultura a nível local rural e urbano se pode facer con eses presupostos metidos só en "continentes"?
Fan falta moitísimos espacios para arquivos, e o xa construído, que non se sabe cánto é, xa abonda para Arquivo Xeral!!
A población non quere que se enterren cartos na nada: ten moitas necesidades por cubrir e ben básicas!
u-lo redondo abuín hai 2 anos e tal? esta presenza instantánea deslixitima ao autor do artigo que non ao seu contido. os que andaban con medo con garbancito (pérez varela para non familiarizados) e tremendo con manuel, pouca lexitimidade tenhen agora fronte aos "amigos incoherentes".
Pois a min as irregularidades preocúpanme moito porque parece que se refiren ou ó que é uso común en tódalas administracións públicas ou a saltarse a burocracia para facelas cousas mellor.
O que si me preocupa e que cada vez que se vai facer unha obra pública aparece un político querendo gastar 1 pedindo construccións por valor de 2 e chega un técnico que se pon a bailar có político e dí que claro que si que vai a costar 0,75 mentres que se plantexa facer 3. E así é como se gañan os concursos. E despois estamos os gilipollas de turno a falar do tema a touro pasado ¡Ole!
Os caladiños de CCOO falan agora. Que dixeron mentres estaba o PP no goberno?... nada. Falan cando os 400 millóns non hai deus que os recupera, fagase ou non...
y ya vereis ya!!! cunado nuestro amadisimo jaroy llegue a presidente de españa iros preparando!!! llenaremos la ciudade de la cultura con verdadera cultura de calidad: norma duval, francisco, manolo escobar!!! os vaio cagar pueblerinos!!!!!!
Aquí hai alguien que se está pasando, e intenta hacerse pasar por mi
Huá, huá: A Gallinero médranlle os ananos! Viva Jaroy!
Moi ben polo da ooteca, por favor non faltes que xa nos estamos fartos de lixo
Genial, me encanta que me dediquéis tanta atención. Al final a este blog subvencionado en vez de Vieiros vamos a tener que llamarle "O Curruncho do Gaviotero".
Merda de mausoleo q non serve para nada,inda x riba mal feito!!cantos cartos jastados inutilmente...Deberias abrir un blog e deixar de soltar pinachadas x estes lares PESAO Q ERES UN PESADO!!!! xq mira q fas o ridiculo...eres a vergonza dos teus:peperos,fascistas e dmáis lixo q xa é dicir...