En declaracións á BBC, Francisco Chimoio di que Europa quere rematar coa poboación africana para colonizar o continente.
O arcebispo católico de Maputo (Mozambique) acusou os condóns fabricados en Europa de estaren infectados deliberadamente co virus da sida para exterminar a poboación africana. Francisco Chimoio tamén dixo nunha entrevista concedida á BBC que algúns medicamentos antirretrovirais están manipulados do mesmo xeito.
O relixioso mozambicano aplica de xeito radical a doutrina da igrexa católica de se opoñer ao uso do preservativo e recomendar como único xeito de previr a sida a fidelidade matrimonial e a abstinencia sexual. Os activistas antisida amosaron o seu anoxo polas declaracións do arcebispo, que tacharon de “parvadas”.
Nas súas declaracións, Chimoio di que “dous países europeos” son os que fabrican os condóns infectados, aínda que non quixo concretar cales eran. “Queren rematar cos africanos. Ese é o programa. Queren colonizalo até agora. Se non temos coidado desapareceremos nun século”. O 17,5% da poboación mozambicana é católica.
Visualizar o mapa ampliado
Que fillo de puta o tipo ese!
Por certo, Mozambique non un país lusófono?
"Mozambique non é un país lusófono"? Quixen dicir XDD
A igreja católica tem um altíssimo grau de responsabilidade na morte de milhões de pessoas em todo o mundo, devido à sua política de fanatismo fundamentalista em questões sexuais. Milhões de seres humanos se salvariam com o simples uso habitual de um preservativo, cousa que a doutrina integralista católica nom permite e até irresponsavelmente condena.
E em Moçambique fala-se a nossa língua, si, entre outras.
Disseste "lusófonos" castrexo? Faça-se a luz, o religioso é reintegracionista, não há mais que falar.
Ola piorno, pódoche asegurar que non son sospeitoso de relixioso, pero opino que a verdadeira culpable é a ignorancia. Iso si, a igrexa é unha das maiores cultivadoras da ignorancia (exceptuando as misións que se ocupan de dar unha mínima formación de supervivencia). Eu mesmo oín a algún crego prohibir libros e dicir que a ciencia era mala para a fe.
As declaracións deste bispo recórdanme ás doutro africano, ministro, dicindo que occidente tiña un complot co cambio climático para evitarlles desenvolverse con térmicas (claro, logo foi Sarko coas nucleares a desmentilo).
A situación de África é peor que triste. Está totalmente descabezada. Se hai algún talento, foise a Europa.
Xa se porque non quere utilizar condóns o Má...puto Bispo ese. Porque se chama "Chimoio" e con condón tería que chamarse "Nonmoio".
Ei. Eu non dixen nada a favor do reintegracionismo. Só preguntei se en Mozambique se falaba portugués.
Por certo, o portugués en Mozambique ten o mesmo rol có castelán en Galicia. Non pinta alí nada.
Iso é o que lles deixou o imperialismo home. Unha lingua europea que mata a súa riqueza lingüística e unha relixión corrupta que pouco ten que ver co que se predicaba nas súas orixes e que lles estreita a mente!
Qual o idioma que colocarias entom como oficial (ou idiomas oficiais)(ou da administraçom, do ensino, etcétera)? Qual a tua alternativa lingüística para Moçambique?
Os condóns con sida son os que se fan no Vaticano. ¡Non usedes condóns do Vaticano, poque ademais están pinchados polo Papa! (jejejeje....)
Irremediavelmente, ao que parece, aqui todos os debates acabam indo para o mesmo tema. Sr. Castrexo, parece nom ser capaz de conter-se sem relacioná-lo todo com a sua teima pessoal. Recomendo que volva ler o #2 e comprovará que nom fai sentido a sua resposta do primeiro parágrafo do #8.
Eu gostaria que aqui, neste espaço de comentários, que devera vir para exprimir debates sobre as novas que se observem, os comentarias se cingissem ao tema. Porque fora de Sozinho, vocês a falar de língua enquanto o tema é a ignorância como lei nos impérios do catolicismo. Subrealista.
Quanto ao tema, eu diria que também nom fico surpresso. É bem certo que África é fruto da avarenta olhada do mundo rico e que por isso fica, como já se disse, descabeçada absolutamente. Mas a indignaçom de quem, como nós, rejeita esse comportamento é insuficiente. O mal já está feito, fixo-se durante o colonialismo, do que na Galiza também temos mostras no que se refere às consequências (sempre salvando as diferenças). É absolutamente certo o que diz Sozinho: os talentos fugírom para Europa, mas trás isso provavelmente nom se acoche umha tendência fugidia a priori, mas a constataçom dolorosíssima de marchar ou morrer. Eis o verdadeiro drama: quem está fora nom quer ajudar; quem poderia ajudar, desde dentro, vai para fora.
Eu ultimamente estou dos cristiáns ata o c******
Estou ata o gorro de que marxinen á xente constantemente e de inventen burradas coma esas!
Eu propoño mandar os cristiáns aos sumidoiros como se facía nos vellos tempos! Que vivan alí e que deixen xa as sociedades do mundo en paz! e digo ben, en PAZ!
O cristianismo foi, sem dúvida, a maior calamidade que caiu sobre Europa em muitos aspectos: religiom monoteísta, e como tal exclusivista e intolerante, pretendeu apagar para sempre as nossas raízes pagãs e a nossa forma de ver a vida. E agora é África a que está a sofrer essa miséria. É uma desgraça que um conjunto de superstições, feitiçarias e dislates acientíficos tenham sido aceites polos nossos povos e ainda hoje sejam alicerce para a ignorância e o embrutecimento.